24 octubre 2008

COLABORACIÓN DE 15.000 EUROS Ó CLUB DE BALONCESTO PEIXE FRESCO DE MARÍN

MARIN (MORRAZO-tribuna) .- O deputado delegado, responsable da área de Deportes da Deputación, José Enrique Sotelo, entregoulle hoxe unha subvención de 15.000 euro ó Club Peixe Fresco de Marín que recolleu o seu presidente, Luis Santiago. Esta entidade deportiva está composta por 11 equipos e uns 400 rapaces. Actualmente xoga na categoría EBA. Esta colaboración irá dirixida a financiar a merca de equipacións; os traslados dos xogadores para disputar partidos; etc.