14 noviembre 2008

ACADADO O ACORDO POLÍTICO DE INVESTIR 230 MILLÓNS DE EUROS NUN PLAN ANTICRISE DESDE A DEPUTACIÓN

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Os portavoces dos grupos políticos da Deputación, PP, PSOE e BNG, estudian os criterios técnicos de inclusión de proxectos e criterios de reparto, una vez acadado o acordo político para investir 230 millóns de euros nun Plan Anticrise na provincia.
Pechadas estas cuestións, os portavoces do PP, José Manuel Figueroa, PSOE, Emilio González, e BNG, Cesáreo Mosquera, acordaron hoxe voltar a reunirse o vindeiro martes para perfilar as cuestión técnicas do devandito acordo.
Entre estas cuestións, figuran os proxectos que deben incluirse no Plan pois o PP considera que deben ser proxectos que xeneren miles de empregos e ser tamén plans relativos a inversións productivas. Outro dos asuntos que os representantes políticos estudiarán este fin de semana son os os criterios de reparto e participación dos concellos pois moitos deles pasan por graves dificultades económicas.
Os tres portavoces voltarán a xuntarse o vindeiro martes co presidente, Rafael Louzán, para concretar estes flecos técnicos do Plan.
José Manuel Figueroa (PP):
"Está pechado o acordo político e tamén as macrocifras para investir 230 millóns de euros. Agora seguimos avanzado pois un acordo desta magnitude non se concreta en 24 horas.
Estamos traballando en cuestións puramente técnicas pois para nós a inversión debe xenerar miles de empregos e ser productiva. Polo tanto, é prioritario estudiar e valorar qué proxectos incluimos así como os criterios de reparto que se debe facer ós concellos pois teñen graves dificultades e deben ser ecuánimes".
Emilio González (PSOE):
«O único que se pode dicir é que quedamos para o martes. Estivemos a barallar algunhas opcións plantexadas polo Partido Popular e quedamos de falalas o vindeiro martes».
«En certo sentido, pode falarse de estancamento, pero é un estancamento normal. Un plan deste tipo non se zanxa en dous días. Démonos ó fin de semana para replantexar todos os temas, e o martes sacalo adiante. Pero imos seguir traballando no tema con ganas».
Cesáreo Mosquera (BNG):
«O sorprendente é que hai acordo no fondo, pero hai unha serie de contrapropostas con respecto ó plantexamento inicial que non é que sexan asumibles ou non asumibles, senón que están moi verdes. Por iso creemos que hai que volver a plantexalas».
«Por un lado había unha proposta de reparto dos fondos entre os concellos e demais, unhas porcentaxes concretas e definidas pola nosa parte, que o PSOE tamén asumiu, e unha contraproposta moi aberta, moi difusa e pouco elaborada por parte do PP. Pero isto non cambia nada. Terá que haber outras reunións, que é lóxico que as haxa».
«As transferencias non son un condicionante. Se poñemos como condicionante que se reorganice e se transfira, antes de levar a cabo este plan, o que estamos dicindo é que na práctica non haberá plan». «Nunca se dixo por parte nosa que fose condición sine qua non, senón que paralelamente se debía presentar algunha planificación de reorganización, incluído transferencias, desta Deputación, pero paralelamente, de cara ó futuro, antepoñelo significaría que non queremos acordo».