MONTEVIDEO (MORRAZO-tribuna).- O secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio Fernández Mato, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, asinaron hoxe en Montevideo un convenio de colaboración ao abeiro do cal os empresarios galegos poderán utilizar as sedes das delegacións da Xunta no exterior co fin de promover a súa actividade empresarial. Segundo sinalou Fernández Mato no decurso do acto, esta iniciativa pretende “fortalecer a presenza internacional das nosas empresas”.
A sinatura do convenio tivo lugar na sede da nova delegación da Xunta en Montevideo. Unha vez entre en vigor esta colaboración, os empresarios que o desexen poderán utilizar os locais das delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai para celebrar reunión de traballo, asembleas, encontros, actos e entrevistas no marco das súas misións empresariais a estes países do cono sur.
Paralelamente, a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores colaborará coa CEG para que os seus asociados poidan dispor de información oportuna sobre oportunidades e expectativas de investimento e negocio nestes países.
Así mesmo, ao abeiro deste convenio, as delegacións da Xunta no exterior encargaranse de facilitar as xestións e os contactos fiscais aos empresarios galegos interesados coa administración de cada país e coas organizacións empresariais de Arxentina e Uruguai.