VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Centos de moteiros de clubes incluidos na Federación de Moteiros de Pontevedra, Plataforma de Moteiros pola Seguridade Vial e clubes de Vilagarcía, Sanxenxo, Pontevedra, Boiro e outros, participarán o domingo na primeira Ruta Deputación de Pontevedra que discurrirá dende a Ponte de Catoira ata o Mosteiro de Armenteira e o Monte Castrove.
A comitiva moteira partirá o domingo ás 11,45 horas da Ponte de Catoira e discurrirá pola estrada Carracedo-Catoira ata incorporarse á N-550, seguirá pola estrada Carracedo-Caldas e na vila termal continuará pola estrada provincial Caldas-Vilanoviña perante 8,3 kilómetros. En Vilanoviña seguirá a PO-532 hacia Pontevedra, Vilanoviña-A Goulla, e nesta localidade incorporaráse á estrada A Goulla-Lois e, de aquí, seguirá pola vía Lois-Leiro e Leiro-Ribadumia ata chegar á rotonda de conexión AG-41 onde circulará baixo a autovía para acceder ó desvío hacia Armenteira e a estrada provincial 9507 e seguir pola estrada Barrantes-Armenteira ata chegar a Armenteira e ó Monte Castrove en torno das 12,45 horas, aproximadamente.
A concentración e Ruta Moteira ven motivada polos sucesivos encontros da Deputación con responsables de clubes e entidades motoristas de Pontevedra para definir os puntos de colocación e sistemas de contención para protección de motoristas que ven instalando en vías provinciais a Deputación de Pontevedra.
O organismo provincial invisteu 1 millón de euros (o 7% da cantidade total da súa inversión en estradas) na instalación de biondas e os devanditos sistemas de protección en estradas provinciais. Xa están instalados na estrada Carracedo-Catoira e operarios da Deputación traballan agora en estradas da zona norte, cunha inversión de 215.000 euros; da zona sur (215.000 euros) e da zona centro (170.000 euros).