SALVATERRA DO MIÑO (MORRAZO-tribuna).- O sábado 15 de novembro o BNG de Salvaterra organizou na Casa da Cultura un acto no que se contaba cunha exposición de obxetos relacionados có tren, paneis informativos, os inicios, o século XX e o presente do tren e pola tarde unha charla na que interviron Antón Lorenzo, Concelleiro de Salvaterra e Ferroviario e Salustiano Mato, Director Xeral de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria.
O acto deu comezo ás 12 da mañá coa presenza do Deputado no Parlamento Galego, Kiko Paz Antón, membros da Coorporación Municipal de Salvaterra e centos de veciños/as.
Os organizadores do acto séntense moi satisfeitos pola afluencia de público que durante todo o día acudiron a Casa da Cultura a visitar a exposición..
Segundo o Portavoz Municipal e Deputado Provincial, Gabriel Martínez, na comarca do Condado contamos cun servizo de ferrocarril infrautilizado, sendo o tren de cercanías un medio de transporte, ecolóxico, colectivo, económico, seguro, imprescindíbel, de futuro e sostíbel.
Antón Lorenzo, na súa intervención lembrou a importancia que tivo a chegada do tren a Salvaterra fai 130 anos, que serviu para desenvolver a economía do concello. Sendo Salvaterra o centro neurálxico da comarca donde acudían as autoridades do estado español para desprazarse a disfrutar do dencanso nos balnearios de Mondariz.
Salustiano Mato, na súa exposición defendeu a postura do BNG a prol do tren de cercanías como medio de transporte sostíbel. Segundo Mato, “é o momento de apostar novamente polo tren e levar a cabo a construcción da saída sur de Vigo para poder comunicar a plataforma loxística da PLISAM con Vigo e Ourense”.
O Director Xeral, lembrou que o BNG presentou unha iniciativa no parlamento para recuperar as vías xa construidas e infrautilizadas, que conta o país e poder así fomentar o transporte a través do tren de cercanías.