Para o Partido Socialista, integrante do Goberno Municipal de Moaña, a política de promoción de emprego é SEMPRE PRIORITARIA.
A concelleria de Promoción Económica, que ten -entre outras- as competencias de Promoción do Emprego e Promoción Empresarial do Concello, quere informar permanentemente da labor que leva a cabo o departamento de asesoramento a emprendedores e o servizo de asesoramento a empresarios.
SERVIZO DE ASESORAMENTO A EMPRENDEDORES
Este é un servizo que pretende prestar información, asesoramento e axuda a todas aquelas persoas que están pensando en crear a súa propia empresa.

Os principais servizos que se prestan son, desglosados, os seguintes:
-Información sobre as distintas formas xurídicas existentes, e información e axuda nos trámites de constitución da empresa.
-Análise da viabilidade da idea empresarial e realización do plan de empresa.
-Información sobre as axudas existentes á creación de empresas, axuda na tramitación de subvencións, información sobre posibles fontes de financiamento para o proxecto.
-Información sobre axudas á contratación de traballadores.
-Acompañamento técnico nas primeiras etapas de vida da empresa.
SERVIZO DE ASESORAMENTO A EMPRESARIOS
SERVIZO DE ASESORAMENTO A EMPRESARIOS
-Información sobre as subvencións á contratación de traballadores por conta allea e axuda na súa tramitación
-Axuda na búsca de subvencións ou fontes de financiamento para novos proxectos ou investimentos.
Estas tareas levaas a cabo a técnico Maria Torea, na sede do Patronato Beiramar na Carrasqueira - Tiran, con telef 986 314 200, de luns a venres de 9 a 14 horas.
Ata o 31 de outubro de 2008, prestou asesoramento a un total de 25 proxectos, de todo tipo de actividades, predominando o asesoramento para autónomos e pequenas sociedades, con un número total de posibles traballadores de 50 persoas e unha inversión estimada de 600.000 €

Os promotores das iniciativas foron o 55 % homes e o restante 45 % mulleres.
Do total de proxectos asesorados, e según a información que obra no noso poder a data de hoxe, 10 proxectos atópanse en fase de estudo e busca de posibles clientes, 8 están en funcionamento, 5 en trámites de constitución e 2 en fase de maduración.
Teño intencion de facilitar mensualmente esta información, convencido de que a súa difusión animará a máis emprendedores a buscar a información que necesitan para iniciar a súas actividades profesionais no Patronato Beiramar. Así como das axudas e colaboración que poden obter do Concello e doutras administracións.
En breve facilitarei información acerca da asistencia que prestamos os demandantes de emprego nas áreas de orientación laboral e orientación profesional.
De igual maneira, o Presidente do Patronato Beiramar, facilitará periodicamente toda a información de que dispoñemos das actividades de Formación Ocupacional, da Formación e emprego (Obradorios, Escolas e Programas experimentais) e dos programas de emprego e cooperación local que leva a cabo INTENSAMENTE o Patronato o largo de todo o ano.
Non descarto reforzar no futuro este servizo GRATUITO que presta o Concello de Moaña a traves do Patronato si as circunstancias asi o aconsellan.

VICTOR PASTORIZA
Tenente de Alcalde e Concelleiro