14 noviembre 2008

El colmo : el Gobierno no solo compra a China los uniformes para la Guardia Civil sino que ahora adquiere piedras para los aeropuertos

MADRID (MORRAZO-tribuna).- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pregunta ao Goberno por que razón está a utilizar pedra china na obra pública como son as actuacións nos aeroportos cando o sector da pedra do Estado español destaca precisamente pola súa alta calidade.
A parlamentar nacionalista formula ao Goberno unha batería de preguntas para pedirlle explicacións por este feito. “Non debería o Goberno atender aos sectores productivos propios en lugar de se rexir por criterios puramente economicistas? Non considera que unha das medidas para paliar a crise é aumentar a obra pública e contratar, por tanto, a sectores relacionados coa construcción do Estado español?”.
Apoiar aos sectores productivos propios nun contexto de crise
Ademáis, lembra ao Executivo que “precisamente un dos problemas que afectan ao sector do granito son as cada vez máis numerosas importacións de granito de China a prezos imposíbeis para o noso sector”. Por iso pregunta ao Goberno se considera idóneo “empregar granito chino en obra pública cando un dos problemas que afecta ao sector é a competencia desleal do pais asiático. Non debería practicar un compromiso maior cos sectores propios?.
Olaia Fernández Davila mantivo onte á tarde unha xunta co sector graniteiro e da pedra en Porriño ao que lle trasladou as iniciativas realizadas polo BNG respeito á súa situación e reivindicacións.
Neste sentido, a parlamentar nacionalista demanda ao Executivo que revise a política de contratación de obra pública de xeito que se teñan en conta a sectores e empresas que cumpren coa normativa europea de requisitos sociais, laborais e medioambientais como é o caso da pedra natural.
“O congruente e coherente sería que o Executivo atendese a outro tipo de criterios que os puramente economicistas. O esperábel sería que AENA utilice materiais producidos no Estado español, especialmente cando se trata dun sector que destaca. E o lóxico sería que o Goberno nun marco de recesión económica teña especialmente en conta aos sectores productivos propios”, afirma a deputada do BNG.