A GUARDA (MORRAZO-tribuna).- O pasado día 8 de novembro a Asociación PEDRA FURADA, organizadora das Festas do Monte, na Guarda, celebrou unha asemblea ordinaria na que se tomou a decisión de facer público os seguintes acordos:
-A Comisión encargada de organizar as Festas do Monte da as máis expresivas gracias ós cidadáns guardeses, empresarios, comerciantes, asociacións culturais e deportivas así como ó Concello da Guarda pola colaboración prestada a esta Comisión de Festas durante todos estes anos.
- Esta Comisión considera que, despois dun período de nove anos organizando as
Festas máis importantes do noso Concello, é hora de dar paso a un novo equipo de cidadáns que dé continuidade a labor de tantas outras Comisións que ó longo de case cen anos fixeron posible que as Festas do Monte sexan un referente en toda Galicia e mesmo en moitos puntos de España
Polo tanto anunciase o cese da totalidade dos membros da Comisión de Festas do Monte e a posta a disposición da organización da mesma diante da cidadanía guardesa.
As persoas ou colectivos interesadas/os en facerse cargo da organización das Festas deberán porse en contacto con calquera membro da comisión cesante antes do día 15 de decembro do presente ano data na que, no caso de non aparecer nova Comisión, procederan os cesantes a facer entrega de toda a documentación e fondos ó Concello da Guarda.