CARNOTA (MORRAZO-tribuna).- Técnicos do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), situado na Illa de Arousa e dependente da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, realizaron esta mañá a solta de 1.800 xuvenís de lumbrigante en Lira, no concello coruñés de Carnota. Os exemplares, cunha talla media de 5,5 centímetros e que teñen sete meses de vida, foron liberados no entorno da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro “Os Miñarzos”, concretamente nas proximidades da praia Mar de Lira, ante a atenta mirada dunha vintena de estudantes.
Esta acción, enmarcada no Plan de Repoboación de Especies Mariñas no Litoral Galego, constitúe a terceira solta de xuvenís de lumbrigante realizada en 2008 e permite elevar a preto de 11.000 as unidades desta especie introducidas no litoral da nosa comunidade dende que escomezou esta iniciativa. Ademais, hai que lembrar que en toda a costa galega xa foron soltados 33.000 exemplares de rodaballo, os últimos foron liberados o pasado venres nas praias de Mexilloeira e O Carreiro, do Grove.
Para levar a cabo o cultivo destes lumbrigantes, recóllense no medio natural femias ovadas que se mesturan con outras que son fecundadas nas propias instalacións do Igafa. As larvas naceron, neste caso, entre os meses de marzo e abril deste ano e o seu preengorde realizouse en batea ata que acadaron a talla ideal para a súa solta no mar.
Posteriormente, os exemplares foron marcados cunha etiqueta magnética e codificada dun milímetro de tamaño, que se introduciu no seu interior e que dá un sinal positivo ao seu paso por un detector de metais. Unha vez marcados, os lumbrigantes xa estiveron preparados para poder ser soltados.
Os técnicos do Igafa encargaranse agora de facer un seguimento exhaustivo dos exemplares liberados no medio natural mediante a realización de mostraxes periódicas, aínda que haberá que agardar un par de anos para ter resultados definitivos do proxecto. Non entanto, calcúlase que hai lumbrigantes soltados anteriormente que en breve poderían comezar a quedar retidos nas nasas, polo que técnicos do Igafa están informando ao sector para que presten a súa colaboración en caso de capturar algún destes individuos.
Nas instalacións do Igafa continúan, aínda en fase de crecemento, ao redor de 3.500 exemplares de lumbrigante que xa poderán ser soltados a principios do vindeiro ano 2009.
Visita dos alumnos
A solta realizada hoxe en augas de Lira fíxose en dúas fases, unha por terra, dende as rochas da praia de Mar de Lira, e outra dende embarcación no entorno deste areal onde os técnicos de repoboación mergulláronse para liberar aos lumbrigantes. Un grupo de 20 alumnos do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), que como parte dos seus estudos colaboran no proceso de crecemento destes exemplares, puido seguir a solta dende unha embarcación do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Ademais, os estudantes, que estiveron acompañados en todo momento por dous profesores da escola, aproveitaron a súa estancia para coñecer a Reserva Mariña “Os Miñarzos” Lira.
Accións de repoboación dende 2005
Coa actuación desenvolvida hoxe en Lira, a Consellería de Pesca continúa a aplicación e execución do Plan de Repoboación de Especies Mariñas no Litoral Galego, posto en marcha en outubro de 2005 por este departamento autonómico, e co que se introduciron ata o momento no medio natural un total de 33.000 exemplares de rodaballo, así como preto de 11.000 xuvenís de lumbrigante.
Con esta acción estratéxica, o departamento que dirixe Carmen Gallego quere xestionar e mellorar a situación de certas pesqueiras que sufriron nos últimos anos un descenso importante no seu número de capturas. O vindeiro ano están previstas novas actuacións no marco desta iniciativa co fin de acadar os 43.000 rodaballos e os 16.000 lumbrigantes soltados no medio natural mariño.
O Plan de Repoboación deu comezo cunha primeira solta que se realizou en outubro de 2005 na praia de Lago, en Muxía, onde se liberaron 10.000 alevíns de rodaballo. A esta experiencia, seguiron outras ao longo de 2006, 2007 e 2008. A primeira solta de lumbrigantes foi en marzo do pasado ano, no entorno da Reserva Mariña de Lira, onde se introduciron 3.100 exemplares de xuvenís desta especie.