PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, fixo entrega hoxe do premio Valle Inclán 2008 no concello de Vilanova, acompañado polo alcalde local, Gonzalo Durán, e o vicepresidente, José Juan Durán. No acto estiveron presentes tamén o vicerreitor de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, Elías Torres, e Xerardo Fernández Albor, membro da Fundación Penzol.
O primeiro premio, valorado en 18.000 euros, recaeu, nesta quinta edición, nas integrantes do Grupo de Investigación Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela, grazas ó seu estudo «Todo Valle-Inclán en Roma». Louzán felicitou coa súa “máis sentida noraboa” ó equipo formado por Margarita Santos, Sandra Domínguez, Rosario Mascato, Catalina Míguez, Carmen Elena Vílchez; Cristina Villarmea; Franca Martínez e Ángeles Gómez Abalo, “pola súa exhaustiva labor de investigación”.
Pola súa parte, José María Paz, recolleu o primeiro accésit, valorado en 4.000 euros, polo seu traballo titulado «La revolución espectacular. El teatro de Valle-Inclán en la escena mundial», mentres que Soledad Pérez-Abadín, gañadora do segundo accésit valorado en 2.000 euros, fixo o propio grazas ó estudo «La Galicia arcádica de Aromas de Leyenda. Huellas de la pastoral clásica en el primer poemario de Valle-Inclán».
Na entrega de premios, o presidente provincial recoñeceu que a deste ano fora “unha das edicións con máis calidade, en conxunto, das celebradas ata a data, algo que hai convertila, sen lugar a dúbidas, nun dos máis importantes premios dos últimos anos”.
Historia do premio
O premio Valle-Inclán foi constituído no ano 2004 co obxecto de difundir e promover a vida e obra do autor de «Luces de Bohemia» e para afondar, a través de estudos rigorosos e de prestixio académico, en distintos aspectos da súa biografía e traballo literario.
O Gañador da primeira edición foi o profesor da Universidade de Miño, Xaquín Núñez Sabarís co traballo «Valle Inclán en el fin de siglo. Estudio crítico de Femeninas». No 2005 o galardón recaeu en Euloxio R. Ruibal polo estudo «Valle Inclán e o teatro galego».
No 2006 gañaron ex-aequo ó profesor da Universidade de Santiago, Anxo Abuín co estudo «La palabra en los ojos o el alfabeto en movimiento: una aproximación a la dramaturgia de Valle Inclán desde la estética del silencio» e a especialista no teatro valleinclaniano, a investigadora francesa Elianne Lavaud-Fage con «Valle Inclán, ¿un sistema literario?». En 2007 o premio declarouse deserto.
Preservar a cultura
“Unha das misións fundamentais da Deputación Provincial”, recordou o presidente, “é a de preservar e transmitir ás xeracións vindeiras un xeito de ser e de sentirse no mundo. É achegar a cultura a todos os rincóns da provincia e a todas as capas da sociedade e proxectala máis aló das nosas fronteiras”.
Louzán exaltou tamén as virtudes de Valle-Inclán, de quen dixo “soubo conxugar coma ninguén tradición e vangarda, amor á terra e sentido universal, galego e castelán, eloxio e crítica. Tratase dun escritor que non quedará só na Historia da Literatura senón na propia Literatura, como vilanovense e como pontevedrés permanecerá na memoria colectiva das xentes como exemplo e modelo, dun xeito de ser galego e español”.