COMPOSTELA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Impulsar a cultura e a curiosidade científica, concienciar sobre a importancia de investigar sobre o clima e a súa evolución, e aproximar á sociedade ás actividade de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica no eido ambiental. Estes son os obxectivos da Semana da Ciencia “Diverciencia 2008”, que achegará aos escolares e ao público en xeral ao traballo que realizan MeteoGalicia e o Centro de Investigación e Información Ambiental (CINAM), principalmente relacionado co clima e a meteoroloxía.
“Diverciencia 2008”, que se desenvolve entre o 10 e o 22 de novembro, incluirá circuítos de talleres, actividades experimentais, exposicións e visitas ás instalacións de Meteogalicia, en Santiago, e do CINAM, en Lourizán (Pontevedra). Así, preténdese achegar á sociedade as actividades de investigación que se realizan nestes centros, espertar o seu interese e curiosidade sobre a ciencia ambiental e aproximar aos participantes a cuestións científicas de gran actualidade como o clima ou o cambio climático, dándolles ademais a oportunidade de coñecer os métodos de traballo e os instrumentos empregados e de realizar os seus propios experimentos.
As actividades previstas terán lugar a primeira semana – do 10 ao 16 de novembro- nas instalacións de MeteoGalicia, en Santiago de Compostela, e a segunda semana –do 17 ao 22 de novembro- na sede do CINAM, sita en Lourizán (Pontevedra), cunha programación destinada aos centros escolares de luns a venres e para o público en xeral durante as fins de semana. Os máis cativos poderán desenvolver os seus propios experimentos, a fin de impulsar deste xeito a súa curiosidade científica; mentres que os adultos que participen durante as fins de semana poderán achegarse ás exposicións e visitar os centros de MeteoGalicia e o CINAM.
A Semana da Ciencia, na parte dirixida aos centros escolares, desenvolverase dende o luns, día 10, ata o venres día 14, no centro de MeteoGalicia, entre as 10,00 e as 13,00 horas, cun circuíto de actividades pola mañá, experimentos para os nenos de entre 8 e 12 anos, e cunha visita á Estación Meteorolóxica, sita no Campus Sur da Universidade de Santiago, onde poderán comprobar o seu funcionamento. Tamén visitarán a exposición de paneis explicativos e instrumentos antigos de medición meteorolóxica. Do 17 ao 22 de novembro, as mesmas actividades terán lugar en Lourizán, cunha visita, neste caso, ao Centro de Investigación Ambiental.
A actividade dirixida ao público en xeral terá lugar o sábado, 15 de novembro, en MeteoGalicia, e o sábado 23 de novembro en Lourizán, en horario de mañá e tarde, con visitas tamén á estación meteorolóxica e ao centro de investigación, o percorrido pola exposición de paneis explicativos sobre as investigacións realizadas e de instrumentos antigos e para os máis cativos os circuítos de talleres para que realicen os seus experimentos.