17 noviembre 2008

MÁIS DE 700 ESCOLARES PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DA SEMANA DA CIENCIA NO CENTRO DE INVESTIGACIÓN E INFORMACIÓN AMBIENTAL DE LOURIZÁN

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Máis de 700 escolares galegos participarán dende mañá luns nas actividades da Semana da Ciencia “Diverciencia 2008” no Centro de Investigación e Información Ambiental (CINAM) de Lourizán, en Pontevedra. Esta iniciativa organizada polas consellerías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Innovación e Industria, ten por obxecto achegar aos máis cativos ao traballo que se realiza en Galicia en torno á investigación, principalmente no relacionado co clima, o cambio climático e a meteoroloxía.
Para elo, a pasada semana iniciouse o programa na sede de MeteoGalicia, en Santiago, onde outros 700 estudantes tiveron oportunidade de visitar as instalacións e coñecer o funcionamento dunha estación meteorolóxica, ademais de participar en talleres ambientais e visitar unha exposición de instrumentos antigos de medición meteorolóxica.
A Semana da Ciencia trasládase dende mañá ao CINAM, onde máis de 700 nenos de centros escolares de Galicia participarán en talleres de investigación nos que realizarán os seus propios experimentos, a fin de impulsar deste xeito a súa curiosidade científica. Así mesmo, coñecerán as instalacións do Centro de Investigación e o parque de Lourizán e visitarán unha exposición con paneis informativos sobre os traballos realizados.
Deste xeito, preténdese achegar aos cativos, as actividades de investigación que se realizan no centro, espertar o seu interese e curiosidade sobre a ciencia ambiental e aproximalos a cuestións científicas de gran actualidade, como o cambio climático e o desenvolvemento sostible.
As visitas dos escolares a Lourizán realizaranse de luns a venres, mentres que na fin de semana o Centro de Investigación e Información Ambiental organiza actividades para o público en xeral (nenos e adultos), con experimentos para os máis cativos e visitas ao centro e á exposición.
A continuación detallamos os horarios das visitas previstas de luns a venres, e na fin de semana:
PROGRAMACIÓN DA SEMANA DA CIENCIA “DIVERCIENCIA 2008” NO CENTRO DE INVESTIGACIÓN E INFORMACIÓN AMBIENTAL DE LOURIZÁN (PONTEVEDRA)
DO LUNS 17 AO VENRES 22 DE NOVEMBRO:
10,00 – 13,00 h. Actividades dirixidas a centros escolares previamente inscritos:
v Circuíto de actividades experimentais (nenos con idades comprendidas entre 8 e 12 anos)
v Visita ao parque e instalacións de Lourizán
v Visita á exposición de paneis explicativos e instrumentos antigos de medición meteorolóxica
SÁBADO 22 DE NOVEMBRO
LOURIZÁN (PONTEVEDRA)
11,00 a 13,00 h. e de 17,00 a 20,00 h. Actividades dirixidas ao público en xeral (adultos e nenos):
v Actividades experimentais para os máis cativos
v Visita á exposición de paneis explicativos e instrumentos antigos de medición meteorolóxica.