PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- O BNG de Ponteareas presentou unha moción, para debatir no pleno sobre o 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Para o BNG, o 25 de novembro ten que ser unha data de compromiso dos gobernos co conxunto de organizacións sociais e da cidadanía en xeral para a sensibilización e a actuación respecto do grave problema que constitúe a violencia machista.
Segundo Berta Chivite, concelleira do BNG, o papel dos Concellos é fundamental, pois desde eles pódese garantir a atención, o acceso aos recursos e a prevención directamente. Así, os municipios deben de se constituír en modelo para todas as veciñas e veciños, cunha actuación eficaz e a posta en marcha de políticas de intervención reais á hora de mentalizar na prevención da violencia de xénero.
Dende o BNG defendemos que, o compromiso dos concellos é fundamental á vista das cifras de denuncias realizadas e cifras de casos concretos de violencia que en moitas ocasións acaban coa vida das mulleres a mans das súas parellas ou ex-parellas, que a data de hoxe no estado español ascende a 64.
O BNG solicita na moción a mellora na efectividade das accións contra a violencia de xénero a través da creación de protocolos locais e/ou comarcais que incorporen os recursos sanitarios, sociais, educativos e de seguridade, e que teñan como finalidade axilizar o acceso á atención e aos recursos para as mulleres que padecen a violencia machista.