VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A formación nacionalista ve con preocupación a falta de información da Consellería de Política Territorial sobre as actuacións que se están a realizar na zona da Pasaxe, en Camposancos, A Guarda.
Na resposta á pregunta formulada polos deputados nacionalistas Bieito Lobeira e X. Ramón Paz Antón sobre a acumulación de areas procedentes da dragaxe do río Miño na Pasaxe por parte da Consellería de Política Territorial (CPTOPT), evidénciase descordenación e descoñecemento entre a administración galega e a española.
A CPTOPT admite que descoñece as condicións en que se realizan parte dos depósitos de areas por parte do ministerio de Medio Ambiente; ademais, o prazo de ocupación dos terreos por parte do ministerio xa venceu e a area segue sen ser retirada.
A formación nacionalista ve con preocupación a falta de información da Consellería de Política Territorial sobre as actuacións que se están a realizar na zona da Pasaxe.
Sinalar que, na contestación aos nacionalistas, a Consellería de Política Territorial non fai mención ao acondicionamento da zona unha vez acabados os traballos de recollidas de áridos. Para os nacionalistas o acondicionamento do lugar é algo fundamental dado que a zona é utilizada por pescadores, por veciños como zona de lecer e ademais de ser un dos puntos de entrada de turistas que ten este concello.