MADRID (MORRAZO-tribuna).- O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza ven de presentar unha iniciativa pola que lle solicita ao Goberno que realice unha depuración completa, permanente e de oficio das persoas inscritas no Censo Eleitoral de Residentes Ausentes (CERA) antes das vindeiras eleccións galegas, “para que a participación dos emigrantes galeg@s nos comicios se poida realizar con todas as garantías democráticas, con independencia do lugar de emisión do voto”.
Pérez Bouza defende que “a depuración do CERA é un paso necesario e ineludíbel para garantir unhas mínimas condicións de limpeza e transparencia democrática, se se quere garantir que o voto exterior, ben sexa nas modalidades de voto por correo ou na modalidade aínda non implantada de voto en urna”.
Até un 30% de inscricións erróneas
O senador nacionalista lembra que esta deputación “é demandada dende hai anos polos partidos políticos, a sociedade galega, así como numerosas entidades de representación e do mundo asociativo da diáspora”.
Segundo os últimos dados publicados, hai 333.300 galeg@s inscritos no CERA, o que representa o 27% do total estatal, que ascende a 1.231.591 persoas.
Sen embargo, segundo as opinións de diversos analistas en temas migratorios e procesos electorais, unha permanente e áxil depuración do censo galego reduciría nun 30% o número de electores, xa que existen aínda moitas inscricións erróneas que se deben a diversas causas: mantemento na alta consular da inscrición dunha persoa que faleceu e á que non se lle deu de baixa; erros de tipo ortográfico nos apelidos que fan que unha persoas estea inscrita dúas ou máis veces ou cambios de enderezo que fan que unha mesma persoa estea dada de alta en dous consulados.
O Goberno debe facer unha depuración exhaustiva antes das vindeiras eleccións galegas
O senador do BNG, denuncia que, a pesar desta situación e das numerosas denuncias, incluso por colectivos de emigrantes no exterior, “o Goberno incumpriu a súa promesa de realizar unha depuración exhaustiva, sistemática e permanente do CERA antes das pasadas eleccións xerais de marzo de 2008”.
Pérez Bouza advirte de que “o pobo galego esixe que nas eleccións autonómicas previstas para o primeiro semestre de 2009 o voto da cidadanía galega no exterior poida exercerse sen ningún tipo de sombras de fraude e nas mesmas condicións que as dos cidadáns en territorio galego, polo que é inaprazábel que a depuración do CERA estea rematada antes das eleccións galegas”.
Neste sentido, pregúntalle ao Goberno, entre outras cuestións, se “vai destinar todos os medios humanos e materiais necesarios para que se realice unha necesaria e urxente depuración do CERA” e se prevé que esta estea rematada para as eleccións galegas.
Por outra parte, Xosé Manuel Pérez Bouza tamén solicita a comparecencia do Director Xeral da Cidadanía Española no Estranxeiro, Agustín Torres Herrero, para que informe sobre os procesos de depuración no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) realizados desde 2004 até o momento