MADRID/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou este serán, e por unanimidade, a moción da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, para que o Goberno abra un proceso de diálogo cos veciños e concellos afectados pola Orde ministerial de declaración da zona de seguridade da base militar de Figueirido, a fin de solucionar os problemas que a aplicación desta Orde poida ocasionar.
En aras ao acordo da Cámara, Davila aceitou transaccionar un texto final co grupo socialista e que recolle o obxectivo principal que procuraba o BNG: que o Ministerio de Defensa emprendese un proceso de diálogo cos veciños afectados (unhas cen vivendas) e cos concellos implicados (Pontevedra, Marín e Vilaboa) para abordar os problemas que se poidan crear e buscar as solucións pertinentes.
O Ministerio non comunicou a intención de ampliar a zona de seguridade cando pediu informes urbanísticos
Na súa intervención perante o Pleno, a parlamentar nacionalista quixo dar resposta á afirmación da Ministra de Defensa cando foi interpelada polo BNG o pasado 29 de outubro sobre este tema. Naquela sesión, Chacón aseguraba que o Ministerio pedira informes urbanísticos aos concellos aludidos. “A realidade dos feitos é que o Ministerio solicita informes urbanísticos aos concellos de Pontevedra e Vilaboa no ano 2004, pero en ningún momento informa ou explica a finalidade desta solicitude. Non desvela en ningún momento que a petición da situación urbanística é porque teñen en previsión ampliar o perímetro de seguridade da base militar”, afirmou Davila.
Polo tanto, subliñou a deputada do BNG, fica claro que non “mediou comunicación algunha nen diálogo cos afectados”.
Davila puxo de manifesto que “non cuestionamos a necesidade da zona de seguridade da base de Figueirido pero dadas as características territoriais de Galiza, cunha alta dispersión poboacional, o Ministerio de Defensa debe ter en conta esta situación para evitar prexudicar aos habitantes das zonas limítrofes coa base militar.
A continuación Olaia Fernández Davila, explicou os principais propósitos do BNG contemplados na súa moción, que resumiu na necesidade dun diálogo entre a Administración central e os concellos e veciños para minimizar a afectación pola aplicación da Orde ministerial. “Non debe esquecerse que falamos de máis de 100 vivendas e de áreas de carácter periurbano, o que non son palabras menores”.
Axilizar a desafectación de instalacións militares de Defensa na Galiza
Ademáis, a moción do BNG pedía a transferencia aos concellos dunha serie de instalacións militares en proceso de desafectación como o Observatorio de Monte Ventoso e batería de Prioriño (Ferrol), o aeródromo de Rozas en Castro de Rei (Lugo, a Batería de Silleiro (Baiona) e, noutra orde, pedía o desbloqueo do traspaso da Illa de Tambo.
Neste sentido, o acordo acadado empraza ao Executivo a axilizar os procedementos de desafectación de instalacións militares que xa non son de interese para Defensa.
- Achegamos o texto literal do acordo acadado entre o BNG e o grupo socialista sobre a moción do BNG:
El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a:
1.- Entablar un proceso de diálogo con los vecinos afectados por la Orden de declaración de zona de seguridad próxima de la base “General Morillo” (Figueirido) a fin de solucionar los problemas que esta declaración les pueda ocasionar.
2.- De igual modo, establecer un proceso de diálogo con las autoridades municipales de los ayuntamientos de Pontevedra, Marín y Vilaboa, que por su situación limítrofe a la base militar se puedan ver afectados, sobre todo, porque se trata de áreas de carácter periurbano y repercute en importantes núcleos de población de dichos municipios.
3.- Facilitar la continuidad de los aprovechamientos rurales y forestales tradicionales por parte de las comunidades locales afectadas por la zona de seguridad aludida.
4.- Agilizar los procedimientos de desafectación y depuración física y jurídica de las propiedades que dejen de ser de interés para la Defensa, y que están en marcha actualmente en territorio de Galicia, para que dichos terrenos e instalaciones reviertan en el interés público y en el disfrute de la ciudadanía, de acuerdo a la normativa vigente.