MOS (MORRAZO-tribuna).- A concelleira popular, Sandra Temes, ven denunciando de maneira reiterada a falla de actualización da páxina web do Concello, a ausencia de organización na mesma e o criterio claro á hora de decidir que se colga nela. Segundo a edil do PP mosense “non hai gañas de por esa páxina a funcionar, está totalmente obsoleta no seu contido, resulta realmente complicado atopar a información e ademais carece de xestión, xa que moitos dos apartados da mesma atópanse valeiros de contido ou este non se actualizou dende que a páxina se colgou por primeira vez na rede.”
Sen embargo, para os populares isto non é o máis bochornoso, “o peor é que o equipo de goberno utiliza a páxina de forma partidista colgando artigos que xa foran empregados na prensa escrita e que teñen un tinte propagandístico a todas luces”, declarou Temes, quen ademais atópase indignada polo feito de que os citados textos “saian publicados na web sen ningún tipo de filtro que elimine o seu carácter totalmente parcial”. Segundo a concelleira do Grupo Popular, “se lle advertiu á alcaldesa no pleno ordinario do mes pasado sobre este tema, xa que era a primera vez que ocorría a publicación de informacións partidistas, pero é que a partires dese momento déronse máis casos”. “O máis triste”, según Sandra Temes, “é que a propia alcaldesa recoñeceu no pleno que iso non debería de producirse, sen embargo atopámonos con máis noticias supostamente informativas que non informan ós veciños senón que os adoutrinan de xeito partidista”. Temes recórdalle tamén á alcaldesa que “confúndese de páxina, xa que notas como as publicadas na web oficial do Concello de Mos deberían estar colgadas na páxina do PSOE-PSdeG e non no portal municipal que tería que ser a fiestra para amosar Mos a todo o mundo e para informar de xeito áxil e rápido ós veciños das actuacións, obras, programas ou proxectos que o Concello vaia realizando”.