17 noviembre 2008

Os nacionalistas de Salvaterra lamentan que o PP non consensue os ornamentos co BNG neste momento de crise

SALVATERRA DO MIÑO (MORRAZO-tribuna)- O BNG do Salvaterra votou en contra dos presupostos do ano 2009, que foron aprobados cos votos do PP. O nacionalistas lamenta que o PP non contase coa opinión do BNG, segunda forza no concello, tal e como aconsella a dirección do Partido Popular, nunha situación de crise como estamos soportando neste momento. O BNG tamén manifestou no pleno, que a hora de presentar un documento tan importante para un concello, como son os orzamento, deberían estas consensuados cos diferentes colectivos sociais do municipio.
Segundo o BNG o alcalde presenta uns orzamentos cuns ingresos inglados, non reais, o que ocasionará o empeoramento da situación económica, xa que seguirán aumentando a deuda do concello que ascende a data de hoxe a máis de 750.000 euros.
O BNG reclama “partidas en contía suficiente para convocar subvencións en réxime de libre concorrencia para todos os colectivos veciñais, culturais, deportivos, xuvenís e comunidades de montes, para apoiar as súas actividades”. Segundo o BNG, os orzamentos só recollen 12.000 euros en réxime de libre concurrencia e en contraposición o PP por adxudicación directa sen ningún tipo de control destina 245.000 euros para poder seguir mantendo a súa rede clientelar” e con informe negativo de intervención.
Adicacións exclusivas
Outra medida que vai agravar a situación económica do concello é que no orzamento 2009 o concello de Salvaterra soportará catro adicacións exclusivas e unha de persoal de confianza, dúas máis que no mandato anterior, que lle suporán no orzamento un gasto de 238.000 euros. E pola contra o PP só invirte 600.000 euros en obras fundamentais, privando aos veciños/as de poder disfrutar de servizos básicos e tan necesarios como saneamento, abastecemento, etc., afirman os nacionalistas.
Mancomunidade do Condado
Segundo a interventora “é necesario mellorar a xestión da Mancomunidade do Condado dada as cotas satisfeitas por ela e que son repercutidas ao Concello por resposnsabilidade mancomunada”. Debido a mala xestión do Presidente da Mancomunidade, Arturo Grandal, dende fai máis de cinco anos o concello de Salvaterra aumenta a súa débada coa mancomunidade, tal e como reflexa o informe da interventora.
Relación de Postos de Traballo
Por último, o BNG fai súas as recomendacións da Interventora municipal da necesidade de que nos orzamentos “vaian acompañados dun plan de racionalización da plantilla”.