14 noviembre 2008

"Precarias en loita" organiza o "Terceiro roteiro contra a especulación e polo dereito á vivenda"

VIGO (MORRAZO-tribuna).- "Precarias en loita" organiza o "Terceiro roteiro contra a especulación e polo dereito á vivenda" que desta vez percorrerá as rúas do Calvario, na cidade de Vigo. Será este sábado 15 de novembro ás 17.00 e sairan dende o edificio das bodegas Bandeira (cruce Jenaro de la Fuente con Aragón).
Coma sempre o percorrido estará tintado de festa e sentido lúdico e no que seran marcadas as vivendas, edificios abandoados, proxectos especulativos... Finalizaran ás 19.00 coa proxección do documental "Un metro cadrado" no centro social "A Faisca"."