16 noviembre 2008

Proxecto de creación dunha Cámara
dos Pobos de Europa

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Fundación Galiza Sempre anunciou hoxe o proxecto de creación dunha Cámara dos Pobos de Europa impulsada pola Conferencia de Nacións sen Estado de Europa (CONSEU).
Beiras salientou a “necesidade de construir unha nova Europea, que reformule os elemntos básicos sobre os que arrancou a construcción europea”.
Aínda que as conclusións do seminario faranse púbilcas próximamente, o presidente da Fundación Galiza Sempre avanzou a coincidencia dos participantes no seminario en construir unha nova Europa dende tres eixo: unha Europa dos pobos, non dende os estados, “é dicir, unha Europa das Comunidades Básicas, como propuñan algúns dos fundadores; reconstruir unha Europa máis democrática, de cidadáns libres e construir unha Europa social e solidaria.