.jpg)
LUGO (MORRAZO-tribuna).- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, defendeu hoxe a “urxencia” de que Galiza se dote dun Estatuto de Nación que lle permita aumentar as súas competencias porque “a crise económica obríganos a poñer hoxe, máis que nunca, o goberno e o autogoberno ao servizo do pobo”. Quintana, que participou en Lugo na conmemoración do 90 aniversario da primeira Asemblea Nacionalista, afirmou que “o autogoberno é o mellor camiño para xerar benestar para todos os galegos e galegas”.
Anxo Quintana considerou “necesario” que Galiza conte cun Estatuto “de primeira” e contestou ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que “deixar fóra ao BNG da redacción do novo Estatuto é unha pretensión absurda que só ten unha explicación posible: que o señor Feijóo, cumprindo ordes do señor Rajoy, queira para o noso país un Estatuto de segunda e por iso quere deixar fóra ao BNG, porque co BNG iso non é posible”, insistiu hoxe Quintana en Lugo. O portavoz nacional do BNG dixo que un Estatuto de Nación para Galiza é unha cuestión “urxente” e “ten que ser de todos”, afirmou.
Por iso, Quintana criticou as declaracións de Alberte Núñez Feijóo hoxe en Madrid, porque, dixo o portavoz nacional do BNG, “pretenden dividir”. “O que todos os cidadáns esperan do presidente do seu país é que actúe para unir e non para dividir e precisamente quizais por iso o señor Feijóo nunca sexa presidente deste país”, continuou Quintana, para quen “con esta estratexia de dividir o señor Feijóo o único que vai conseguir é manter ao PP na oposición eternamente”.
O portavoz nacional do BNG indicou tamén que “o señor Feijóo segue empeñado na súa cruzada contra o idioma galego e en que o galego morra” e advertiulle de cara ás eleccións galegas do mes de marzo que “seguramente ese discurso dea votos en Madrid, onde o señor Feijóo deu a conferencia, pero desde logo non en Galiza, onde todo o mundo ama o galego independentemente de que o fale máis ou o fale menos”.
“O nacionalismo é unha demanda do pobo”
Anxo Quintana afirmou, no acto celebrado esta tarde no mesmo hotel Méndez Núñez da capital luguesa onde o 18 de novembro de 1918 se xuntaron as Irmandades da Fala, que “o nacionalismo é un proxecto político froito dunha necesidade social, é unha demanda do pobo, e por iso non é algo efímero”. O portavoz nacional do BNG dixo que os postulados da primeira Asemblea Nacionalista de Lugo, como a igualdade entre homes e mulleres ou a necesidade de que Galiza conte con competencias plenas para ordenar o seu ámbito agrario, portuario ou das infraestruturas, “seguen estando plenamente vixentes”, polo que afirmou, “a lectura hoxe daquel Manifesto segue a ser nos nosos días un berro de tremenda modernidade”.
O portavoz nacional do BNG pediulle ao resto de forzas políticas que “non utilicen o nome do galeguismo en van” e dixo que as dúas características esenciais daquela primeira Asemblea Nacionalista de 1918 foron “a irmandade e a fala”. “A irmandade porque o nacionalismo é igualdade entre os pobos e entre as persoas e a fala porque o noso idioma é parte da esencia do pobo galego”, afirmou Quintana.
“Que Galiza sexa plenamente soberana”
No acto participou tamén o vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable comarcal do Bloque, Antón Bao, que fixo fincapé na necesidade de cumprir o obxectivo daquela primeira Asemblea Nacionalista: “a autoorganización do noso país”. “Dende 1918 avanzouse moito pero queda moito camiño por andar porque queda pendente o obxectivo de que Galiza sexa plenamente soberana e dona do seu destino”, insistiu Bao, que fixo referencia a que “os Vilar Ponte, Castelao, Risco e outros devanceiros reunidos naquela Asemblea déronnos as ideas e nós hoxe temos a obriga de poñelas en marcha”.
No acto de conmemoración do fito da fundación do nacionalismo galego, que estivo cargado de simbolismo por celebrarse no mesmo hotel Méndez Núñez no que os días 17 e 18 de novembro de 1918 se reuniron as Irmandades da Fala, participaron cargos públicos e orgánicos do BNG de Lugo, entre eles o portavoz municipal do BNG en Lugo, Xosé Anxo Laxe, e os alcaldes e tenentes de alcalde do BNG de toda a provincia. Fíxose entrega dunha reprodución do Manifesto da I Asemblea Nacionalista de Lugo, editado pola Fundación Galiza Sempre.