COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- Anxo Quintana, portavoz nacional do BNG, interveu esta tarde na clausura do congreso da Unión do Povo Galego, formación integrante do BNG. Alí fixo referencia ás palabras de George Bush, presidente en funcións de Estados Unidos sobre o cumio de Washington, quen falou da preocupación dos asistentes “polos nosos problemas e polos problemas da xente”.
Quintana resaltou que “xa se ve que non son os mesmos problemas, e iso coloca a cada un no seu sitio”. “En Washington houbo pouca valentía para recoñecer o fracaso do modelo e demasiados intereses espurios para aferrarse a un sistema fracasado e propor medidas autenticamente alternativas”, dixo.
O modelo nacionalista como alternativa ao neoliberalismo
“O nacionalismo ten defendido sempre un modelo que está na antítese do que ten provocado a crise que agora afecta a humanidade. Podémolo facer coa cabeza ben alta, porque o modelo económico do nacionalismo sempre foi democrático; estivo ao servizo das maiorías sociais e destinado a construír país”.
O portavoz nacional enfatizou a aposta do nacionalismo por unha “economía con raíces, produtiva e ao servizo da xente”. “Reclamamos agora e reclamaremos sempre o dereito dos pobos a gobernarse por si mesmos e o dereito dos cidadáns a vivir e traballar na propia terra”.
“O nacionalismo é democracia, é o poder do pobo, a necesidade e o dereito dos pobos a autodeterminarse e gobernarse por si mesmos. Está lonxe, polo tanto, dese modelo que nos vén propondo, ano tras ano e durante demasiado tempo a necesidade de retirar do pobo, dos cidadáns, as decisións autenticamente importantes”, asegurou.
Quintana subliñou o “estrepitoso fracaso do modelo dominante”. “A antítese do que nos propoñen é o autogoberno, para poder decidir sobre o que realmente importa e para converter os cidadáns en actores e non unicamente en súbditos. Ese é o modelo do nacionalismo, un modelo destinado a defender os intereses das maiorías sociais”, dixo.
Autogoberno e benestar
“Temos en Galiza un goberno de limitadas competencias e peor financiamento. Temos unha autonomía que non colma as nosas aspiracións nacionalistas, pero a pesar desa situación e de compartir os nacionalistas un goberno en minoría fomos quen de pór o goberno ao servizo do país e de construír país”, asegurou.
Así, Quintana defendeu as políticas tomadas polo BNG desde a Xunta en materia de Benestar e servizos sociais; de política enerxética; da reactivación do Medio Rural; da defensa da identidade cultural e da posta en marcha dunha nova política de vivenda.
Xestión do presente e transformación do futuro
“Non queremos xestionar o presente, queremos cambiar a nación porque tamén aspiramos a cambiar o mundo.” Porén, resaltou que para o proxecto nacionalista, as promesas de transformación non se poden producir sen levar pobo detrás.
Nesa liña, lembrou que “canta máis representación teña o nacionalismo no Parlamento Galego, canto máis peso teña no futuro goberno, máis posibilidades de benestar terán os cidadáns galegos; máis respecto terá Galiza e máis posibilidades de futuro terá a nosa nación”.
Por último, Quintana situou o reto de futuro máis próximo ante os participante e convidados ao Congreso da UPG: “a consecución dun novo Estatuto de Nación, que nós recoñeza coma tal e sexa un instrumento válido para o benestar dos cidadáns galegos”.
Congreso da UPG
Quintana tivo palabras de recordo para o até agora presidente da Unión do Povo Galego, que abandona o cargo por propia vontade: “Mentres o nacionalismo galego sexa capaz de parir persoas que se converten en símbolos como Bautista Álvarez, seguiremos sendo un proxecto con futuro”.