VIGO (MORRAZO-tribuna).- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, expresou ao artista Fernando Botero o agradecemento en nome do Concello de Vigo pola súa presenza na cidade con motivo da inauguración da mostra “Fernando Botero. Abu Ghraib-O circo”. A exposición, organizada polo Concello de Vigo e a Fundación Caixa Galicia e integrada por 95 obras do artista colombiano, poderá visitarse na Casa das Artes ata o 1 de febreiro do vindeiro ano.
“Estamos encantados de ter hoxe en Vigo ao mestre Botero”, salientou o tenente de alcalde, quen asegurou que Vigo “vai respostar a esta exposición” do mesmo xeito que xa o fixo con outras mostras organizadas tamén pola Fundación Caixa Galicia, como a adicada a Tamara Lempicka. “Cando propoñemos en Vigo visualizar arte de talla internacional, a cidade resposta”, afirmou Santi Domínguez, e así o fará ao seu xuízo con “Abu Ghraib – O circo”, posto que Vigo é unha cidade “comprometida contra a tortura e a violencia e así mesmo comprometida coa felicidade”. Ademais, agradeceu á Fundación Caixa Galicia a súa aposta pola cidade á hora de organizar exposicións de prestixio internacional.
O artista colombiano, pola súa banda, agradeceu a posibilidade de visitar Galicia. “É para min unha gran honra”, sinalou. A mostra componse dun total de 95 obras: 25 pinturas e 24 debuxos pertencentes á serie Circus, e 24 pinturas e 22 debuxos da serie Abu Ghraib. Segundo Fernando Botero, é “unha mostra que presenta aspectos opostos e ao mesmo tempo unidos da miña produción”, explicou. Por unha banda, trátase da “denuncia do horror” vivido na prisión de iraquí de Abu Ghraib, e pola outra, a serie adicada ao circo é unha “cura despois dos anos inmersos nese pesadelo”; neste sentido, Botero sinalou que o interese polo mundo do circo xa inspirou a outros artistas como Calder, Picasso, Léger ou Chagall, pero cada un deles o fai dun xeito particular. “O colorido fortísimo do circo permite atraer a mirada dos nenos e plasma a actitude do corpo humano en diferentes artividades, que ás veces toman posicións increibles, así como a propia poesía do circo”, indicou o artista colombiano.
Respecto á serie adicada ao cárcere, Botero salientou que representa as torturas ás que foron sometidos os prisioneiros de guerra por parte dalgúns soldados estadounidenses na prisión iraquí de Abu Graib. “As pinturas denuncian un acto inaceptable que provocou unha forte reacción en todo o mundo”, explicou o artista, quen indicou tamén que representan a “hipocresía dun país que se presenta como salvador pero que recurre ás mesmas prácticas que Sadam Hussein”. Fernando Botero lembrou como durante un ano, a partir da lectura dun artigo crítico publicado no semanario The New Yorker, traballou para plasmar e denunciar o drama da tortura que sufriron os presos. “Durante catorce meses vivín unha especie de obsesión e pesadelo”, subliñou.
Fernando Botero sinalou que tras rexeitar a posibilidade de vender unhas obras que plasman as atrocidades cometidas polos soldados norteamericanos, tomou a decisión de doalas á Universidade de Berkeley, caracterizada polo seu pensamento liberal, onde foron expostas acadando un gran éxito de público, de xeito “fenomenal e fantástica”. Posteriormente, na exposición realizada en Nova Iorque, “o público reaccionou de todas as formas”, dixo o artista, quen sinalou que recibiu “cartas e comentarios de odio”. Respecto ao traballo sobre a violencia, indicou que esta non é a primeira vez que trata o tema, xa que ten traballado sobre a violencia en Colombia. Cualificou a súa pintura como “pracer e como exercicio de responsabilidade”, pese a considerar que “desgraciadamente, o arte non pode cambiar o mundo”.
O comisario da exposición, Fernando Castro Flórez, lembrou que efectivamente, os cadros Guerra (1973), Masacre en Colombia (1999) ou Masacre en la catedral (2002) “confirman que Botero nunca cerrou os ollos á violencia incesante da contemporaneidade”. Ademais, sinalou que a exhibición conxunta da serie das torturas coas visións candorosas do circo “fannos cobrar conciencia de que, despois de Abu Ghraib, o destino da arte é oporse á barbarie, pero tamén ofrecer imaxes de plenitude, soños e lembranzas que permitan manter a esperanza”.
A directora da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, destacou que Botero é !un dos artistas máis importantes do noso tempo” e o traballo da entidade céntrase tanto no “apoio e difusión da arte galega como achegar á nosa comunidade os autores, as correntes máis importantes da historia da arte”. Neste sentido subliñou que Vigo “é fundamental no desenvolvemento da Fundación Caixa Galicia”.
A exposición de Fernando Botero “Abu Ghraib, El circo” poderá visitar na Casa das Artes ata o 1 de febreiro do vindeiro ano. De luns a venres o horario de visita é de 2 a 14 horas e de 18 a 21 horas; e as fins de semana e festivos, de 12 a 21 horas. As visitas guiadas para escolares e colectivos de adultos deberán concertarse no 986 815 083 e poderanse desenvolver de luns a xoves, ás 20 horas; venres e sábados, ás 19 e 20 horas; e domingos e festivos, ás 12 e ás 19 horas.