14 noviembre 2008

SÁNCHEZ TERÁN DEFINE A TRANSICIÓN COMO O PASO DA DICTADURA Á DEMOCRACIA, POR VÍA DEMOCRÁTICA E DACORDO COAS LEIS

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Salvador Sánchez Terán, ex ministro de UCD e asesor personal de Adolfo Suárez, defineu a Transición, na presentación do seu libro que tivo lugar na Deputación de Pontevedra, como . Según explicou, o periodo histórico así denominado iniciouse coa toma de posesión do Rei o 22 de novembro de 1975 e rematou coa aprobación da Constitución e as conseguintes eleccións en marzo de 1979.
Terán, que foi persona clave na restauración da Generalitat na súa etapa de Gobernador Civil de Barcelona, divideu a Transición en tres periodos. O primeiro, calificado de, que abarcou o Goberno de Arias Navarro ata o seu cese. Nel, destacou as tensións habidas entre os homes do Rei e os continuadores do franquismo polo control do aparato do Estado, o destacado significado e relevante papel que desempeñou Torcuato Fernández Miranda como presidente das Cortes, a espranza que supuxeron os tres xoves ministros Fraga, Areilza e Antonio Garrigues, e a alentada, según Terán, por un PCE que .
O segundo periodo foi a etapa de que inclúe o goberno de Adolfo Suárez ata as eleccións do 15-J. Unha etapa iniciada pola elección, por parte do REi, de Suárez como presidente , dixo. Un xornal italiano chegou a titular o nomeamento de Suárez así: . Neste periodo, Terán destacou a aprobación da Lei para a Reforma Política, os catro fundamentais pactos que fixo Suárez: cos franquistas para aprobar a Reforma nas Cortes; coa oposición democrática e moderada; co PCE para a súa legalización; e coas familias do centrismo xuntadas en torno á UCD. E destacou, sobre todo, as 100 mortes producidas polo terrorismo que buscaba a independencia e a ruptura do rexime.
O terceiro e último periodo foi, según Sánchez Terán, o da construcción do novo Estado de Dereito que remata coa aprobación da Constitución. Nel, destacou como fitos o acordo de Perpignan con Tarradellas para restaurar a Generalitat; os Pactos da Moncloa; a Constitución; os acordos Igrexa-Estado; e a petición unánime de entrada na UE.
Sánchez Terán foi presentado por Ernesto Pedrosa, vicepresidente do Consello Social da Universidade de Vigo, e por Rafael Louzán que fixo unha lectura actual da Transición no senso de buscar o que une e obviar o que separa, e que lembrou que ese periodo deixou dúas leccións: que a política debe ser equilibrio entre ideais e realidades e que os partidos deben estar enraizados no pobo, con proxectos abertos e plurais, en constante evolución e adaptación ós novos tempos e ás novas circunstancias.