O PORRIÑO (MORRAZO-tribuna).- O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou hoxe co alcalde do Porriño, Raúl Rodríguez, un convenio de colaboración para o soterramento dunha liña de media tensión no polígono industrial das Gándaras. O soterramento desta liña supón un investimento de 1.863.000 euros, dos que a Consellaría achegará 754.516 (o 50% do custo da obra civil e o 30% do da instalación eléctrica, 489.184 e 265.332 euros, respectivamente). Pola súa banda, o Concello achegará o outro 50% da obra civil (489.184 euros) e Unión Fenosa o 70% restante da instalación eléctrica (619.108 euros). Esta actuación vai permitir, por unha banda, soterrar 3 quilómetros da liña que subministra enerxía ao polígono, o que vai incidir favorablemente na calidade e seguridade da subministración eléctrica ao conxunto das empresas instaladas no parque e, por outra, vai mellorar as condicións de seguridade viaria dentro do polígono.
O conselleiro nacionalista lembrou que ademais desta obra, existe nestes intres no Porriño o soterramento doutra liña de moito relevo no municipio. Trátase da liña de alta tensión de Torneiros, que permitirá mellorar a subministración eléctrica na zona e evitar as molestias para os veciños e veciñas. A obra foi aprobada recentemente no marco de colaboración que neste sentido ten o departamento autonómico coa distribuidora Unión Fenosa, e implica un investimento de 2,7 millóns de euros dos que a Consellaría achega 594.000. A de Torneiros é a obra de soterramento de liñas máis importante que se está a desenvolver actualmente en Galiza. A suma de ámbalas dúas actuacións supón un investimento de 4.572.000 euros, o que pon de manifesto a importancia que lle concede Innovación e Industria á mellora deste tipo de infraestruturas. O orzamento a nivel galego para o ano 2009 recolle 3,8 millóns para a adecuación de infraestruturas en polígonos industriais e case 16,5 millóns para melloras nas infraestruturas eléctricas.
Ademais doutras obras de mellora da subministración eléctrica en diversos puntos do concello e que suman 624.000 euros, o titular do departamento autonómico salientou o compromiso da Consellaría co Porriño noutros ámbitos de actuación e, neste sentido, citou os 4,3 millóns achegados ao longo de 2008 por Innovación e Industria ás empresas do municipio en axudas a proxectos de I+D+i, ou os 215.500 euros en axudas a proxectos TIC. De igual xeito, Fernando Blanco referiuse á intervención por importe de 260.000 euros no centro comercial aberto e no mercado de abastos. Todas estas actuacións suman un investimento de case 5,7 millóns no Porriño ao longo de 2008.