VIGO (MORRAZO-tribuna).- As Secretarías da Muller de CCOO, UGT e CIG, en colaboración coa Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, van realizar unha xornada sobre novas tecnoloxías, que terá lugar este día 19 de novembro, dende as 09.30 horas, no Hotel Coia de Vigo.
Esta xornada está enfocada a mulleres sindicalistas, co obxectivo é formar e actualizar ás mulleres nos novos recursos tecnolóxicos e estar en igualdade de condicións para poder avanzar no ámbito laboral.
Este é o XIII Encontro Sindical e dende o primeiro ano no que comezamos elaboramos diferentes temáticas que tiveron gran aceptación e repercusión social, polo que as responsables das Secretarías da Muller das tres Centrais Sindicais estamos orgullosas deste traballo, nomeadamente diante da complexidade da participación de tantas sindicalistas xuntas.
As conclusións acadadas o remate da xornada son tan positivas para o desenvolvemento do traballo coitá das sindicalistas, que este anos temos confirmada a participación de 150 mulleres, o que é unha motivación para seguir traballando con este colectivo, que xunto coa mocidade son os que máis trabas atopan no mercado laboral.