COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- Con motivo do Día Internacional do Voluntariado, que se conmemora o día 5 de decembro, a Dirección Xeral de Xuventude organiza varias actividades e premios encamiñados á promoción, difusión e recoñecemento do labor voluntario que se desenvolve en Galiza. O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, presentou as actuacións postas en marcha.
A promoción do voluntariado e da solidariedade é un dos obxectivos xa previstos no II Plan Galego do Voluntariado 2006-2010, tal e como lembrou Rubén Cela. Esta promoción artéllase a través de dous elementos básicos, por unha parte, a necesidade de difundir o voluntariado entre os máis novos, incorporando o Día do Voluntariado dentro do calendario do sistema educativo público. E por outra banda, faise un chamamento para achegar á sociedade unha imaxe real das actividades que realizan as entidades de acción voluntaria de Galiza, sensibilizando e destacando a importancia do traballo do voluntariado e premiando e mostrando os proxectos máis relevantes no eido da solidariedade.
Premios á Solidariedade
A Dirección Xeral de Xuventude ten convocado os Premios á Solidariedade para galardoar as persoas ou entidades que realizan actuacións na promoción e execución da acción voluntaria en diferentes ámbitos. En concreto, no eido do desenvolvemento sustentable e comunitario, de proxectos innovadores e de sensibilización e difusión.
Concederase un premio en cada un dos tres ámbitos, podéndose conceder tamén unha mención honorífica por cada un deles. O galardón consiste nunha escultura solidaria, realizada por Acisclo Manzano, e nun certificado ou diploma de recoñecemento. Os galardóns entregaranse o vindeiro día 5 de decembro, coincidindo co propio Día do Voluntariado. Trátase da segunda edición destes premios, tras a entrega o ano pasado dos galardóns con motivo do quinto aniversario do Prestige.
As candidaturas poden presentarse ata o vindeiro 26 de novembro. Poden ser presentadas polas persoas integrantes do xurado ou directamente por persoas ou entidades que consideren relevante destacar o labor de terceiros no eido da acción voluntaria.
Premios ao alumnado
Xunto coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade ten convocados tamén uns premios para aquelas actividades encamiñadas a fomentar o voluntariado e a solidariedade entre o alumnado de ensino non universitario. O galardón consiste na participación do alumnado gañador no Programa Auga+mar, programa de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño.
Nesta convocatoria existen dúas modalidades: elaboración dun libro web colaborativo e realización de graffitis. O libro web vai destinado a todo o alumnado de ensino secundario de Galiza co obxecto de crear un libro cun ou máis grupos de alumnos e alumnas do segundo ciclo da ESO. Para esta categoría hai dous premios, un para a categoría de 3º e 4º da ESO e outro para 1º de Bacharelato.
Na modalidade de graffiti poden participar todos os centros de Galiza de ensino secundario, bacharelato e formación profesional. Daranse tres premios: un para a categoría de 3º e 4º da ESO, un para 1º de Bacharelato e outro para 1º curso do ciclo formativo de grao medio de formación profesional.
Os traballos para presentarse a esta convocatoria de galardóns poden inscribirse ata o vindeiro día 15 de novembro.
Premios ao profesorado
En colaboración coas consellerías de Presidencia, Política Territoral, Educación, Innovación, Sanidade e Medio Ambiente, Xuventude e Solidariedade ten convocado uns premios á innovación educativa en valores democráticos. Trátase dunha convocatoria que xa está pechada e da que agora se están valorando os traballos presentados por parte de profesorado en activo de centros educativos sostidos con fondos públicos.
Existen dúas modalidades para traballos relacionados coa educación para a solidariedade. Na modalidade de “webquest, miniquest e busca do tesouro” hai dous premios, un primeiro dotado con 2.000 euros e un segundo de 1.500 euros. A outra modalidade consiste na elaboración dun libro colaborativo web, que conta tamén con dous galardóns, un para o ensino primario dotado de 2.000 euros e outro para secundaria cun premio tamén de 2.000 euros.
O director xeral de Xuventude explicou que estas actuacións, ademais de dar cumprimento aos obxectivos do II Plan Galego do Voluntariado, pretende sobre todo redundar en dous aspectos fundamentais: a cantidade, “que os rapaces e rapazas de Galiza saiban ben que é o voluntariado e aprendan a importancia dos valores solidarios”, e a calidade, “coa promoción da innovación educativa, implicando a todos os profesionais e técnicos nas materias vencelladas á solidariedade”.
Rubén Cela destacou ademais a importancia de falar de actividades coma estas xusto en vésperas do sexto aniversario do Prestige, un feito que “marcou un antes e un despois no que é o coñecemento social do voluntariado e a visibilización do voluntariado en Galiza”.