10 diciembre 2008

Inaugurado o local de ensaio da Guarda

A GUARDA (MORRAZO-tribuna).- O martes día 9 de decembro tivo lugar a inauguración oficial do Local de Ensaio municipal situado no antigo Colexio Sinde do Concello da Guarda. O local foi inaugurado polo Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, o Alcalde da Guarda, Jose Manuel Domínguez Freitas e o Concelleiro de Xuventude Antonio Lomba Baz coa presenza de diferentes integrantes dos grupos de música local e representantes da política municipal. As instalacións, que contan cunha sala de control e unha sala de ensaio foron estreadas para a ocasión cunha actuación dos Abrasivos, grupo de música local formado a principios do 2004 e cun recente album editado titulado Sois mi sueño y hareis lo que os pida (2008).

A partir desde momento o local está á disposición de tódolos grupos e/ou solistas municipais que desexen ou necesiten dun espazo apropiado para ensaiar e gravar. Para máis información e/ou inscricións pasar pola OMIX ou chamar ó 986614546