13 marzo 2009

Mos también se vuelca en actos conmemorativos de las batallas contra los franceses

Este sábado se celebrará pola mañá, a partires das 11.30 horas, no Campo da Feira en Puxeiros un interesante acto. Membros da asociación Mos-Keo e do Círculo Cultural Santa Eulalia farán unha interpretación do paso das tropas francesas de Napoleón por Mos, ataviados co vestiario propio da época. Tras esta representación, ó redor das 12.00 horas da mediodía, celebrarase no mesmo lugar unha rolda de prensa de presentación da festa local 'Arde o Pazo: o paso dos franceses por Mos' que coincidirá o día 18 de Abril e que este ano cumpre o seu bicentenario.
O motivo de presentares este sábado o evento é que na mesma data do 14 de marzo de 1809, 500 franceses que viñan de Pontevedra chegaron ó Porriño e dirixíronse a Vigo polo camiño de Puxeiros. As forzas do Sto. Antoíño
comandadas por Giráldez cortáronlles o paso obrigando ós franceses a retroceder sendo perseguidos ata a cidade de Tui. (Hagan click en imagen para ver en grande)

MOS 1809 – 2009.
“ARDE O PAZO”
Os franceses en Mos

ORGANIZACIÓN:
Asociación Xuvenil Mos-keo Colectivo e Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia de Mos.
OBXECTIVO DA CELEBRACIÓN:
-Conmemoración e recreación dos sucesos históricos que tiveron lugar no Concello de Mos entre marzo e abril de 1809.
-Divulgación desta parte da nosa historia relacionada coa presenza do exército de Napoleón no Val da Louriña, os feitos e personaxes máis destacados.
-Recuperación do mercado de Mos que antigamente se celebraba no entorno do Pazo dos Marqueses de Mos
DATA E HORA:
Sábado, 18 de abril de 2009 a partires das 10:00 H.
LUGAR :
As actividades desenvolveranse no entorno peonil da Rúa e o Pazo dos Marqueses* de Mos, recuperado recentemente.
* O incendio deste edificio, provocado polo exército francés 200 anos atrás, é un dos feitos máis destacables dos acontecementos que se pretenden conmemorar.
PARTICIPANTES: (participación aberta)
Serán convidados a participar nos actos de representación tódalas asociacións culturais do Concello, especialmente aquelas máis relacionadas cos acontecementos históricos dos que temos coñecemento:
(Amieirolongo, Louredo, Pereiras, Tameiga, Pereiras, etc,…).
* outras colaboracións: A. Cabalar “Toxo e auga Fría”, A.V.V. Casco Vello (Vigo-Festa da Reconquista).
COLABORADORES:
Comunidade de Montes – Mos, Fundación Pazo de Mos,…
PATROCINADORES:
Concello de Mos.

BREVE ARGUMENTACIÓN DOS FEITOS HISTÓRICOS :

O 1 de Febreiro de 1809 as tropas francesas entran en Vigo. O día 9 xa tiñan ocupada toda a provincia de Tui e Santiago.
Os franceses en Vigo fan o que viñan facendo nos demais pobos da comarca polos que pasan; roubar, ultraxar, asolar e destruír. Ó pouco tempo o pobo comeza a fartarse dos abusos cometidos polo exército invasor e non tarda en levantarse contra os franceses e formando xuntas de defensa por tódolos vales da comarca. Na zona da Guarda o día 8 e no Val do Sto. Antoíño o día 11 de marzo. O pobo era dirixido por caudillos (con frecuencia cregos ou frades) e no Val do Sto. Antoíño e Louriña nomean comandante ó padre Fr. Francisco Giráldez, sendo caudillo Josef Benito Bernárdez.
* 14 de marzo. 500 franceses que veñen de Pontevedra chegan a O Porriño e diríxense a Vigo polo camiño de Puxeiros.
As forzas do Sto. Antoíño comandadas por Giráldez córtanlles o paso obrigando ós franceses a retroceder sendo perseguidos ata a cidade de Tui.
*13 de abril. Estando os franceses sitiados en Tui polas nosas forzas, os caudillos reciben o aviso da chegada dun exército francés que acude en axuda dos ocupantes de Tui.
Cando Giráldez sabe que as tropas francesas pasan a Ponte de San Paio decide atosigar ós franceses nos puntos vantaxosos de Guizán e Os Valos.
*14 de abril. Cando Giráldez chega a Mos o exército invasor xa pasara por estes sitios. A retagarda francesa quédase formando no mercado de Mos (plazuela do Pazo).
As forzas de Giráldez deciden atacar a esta retagarda poñendo 50 homes pola beira de Carracedo e 40 polo lado da Veiga da Aña (O pobo era convocado tocando trompetas e as campás).
Ó chegar ás Angustias, as tropas francesas teñen que fuxir ante o ataque dos paisanos tomando dirección a Tui polas Gándaras de Budiño. Finalmente acampan en Guillarei xa que non poden pasar a Tui (onde xa non ondea a bandeira Francesa).
*15 de abril. Retíranse os franceses cometendo as atrocidades acostumadas e queimando as feligresías de Guillarei, Budiño, Atios e O Porriño. Intentan facelo mesmo polo lado de Sto. Antoíño (Mos) e o padre Giráldez trata de evitar estas accións, aínda así os franceses queiman unha casa en Sanguiñeda e asaltan a casa do cura de Pereiras.
O exercito francés retírase camiño de Santiago, pegando lume as poboacións que atopan á beira do camiño, Mos (O Pazo) e Louredo incluídos.
* Este é o día que queiman o Pazo.
* Quéimase parte do Pazo, a fachada principal. O 5ºMarques D. Benito Correa e Familia son feitos prisioneiros e levados a Dijón (Francia).
A memoria oral di que ocultaron o berce do fillo máis novo do Marqués no medio das veigas mentres o Pazo ardía.




PRESENTACIÓN DA FESTA
Sábado 14 de marzo de 2009 no Campo da Feira en Puxeiros
11:30 H. Representación dos feitos do 14 de marzo de 1809
Presentación ós medios de comunicación

PROGRAMA DE ACTIVIDADES (18 de abril de 2009)

10:00 H. Apertura do mercadiño
Obradoiros de oficios artesáns tradicionais
Actuación do grupo folclórico A Nosa Terra de Pereiras

11:00 H. Cantares de cego
Durante toda a mañá. A cargo de Luís “O Caruncho”

12:00 H. O exército de Napoleón chega a Mos
Representación dos acontecementos do 13 de abril de 1809
Irrupción dos soldados no mercado
Apresamento dos Marqueses

13:00 H. Proclama do Padre Giráldez
Chamamento á sublevación do pobo contra o invasor

13:30 H. Emboscada ao exército francés

14:30 H. Xantar popular

16:30 H. Regueifas
A cargo do trío de regueifas:
Luís “O Caruncho”, Benito Lobariñas e Josiño Teixeira

18:00 H. Recoñecemento aos heroes da guerra no Val da Louriña

18:30 H. Aforcamento dos prisioneiros franceses

19:00 H. Actuación do Grupo folclórico Xógara de Sanguiñeda

20:30 H. Retorno dos franceses
Queima do Pazo

22:00 H. Concertos
O Son do Castelo
QUEMPALLOU.