A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ABRE UN PRAZO DE TRES MESES PARA PRESENTAR CANDIDATOS Ó PREMIO OTERO PEDRAYO QUE ORGAIZA ESTE ANO CUNHA DOTACIÓN DE 30.000 EUROS
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra convocou hoxe o premio Otero Pedrayo 2009 que, na súa edición deste ano, corresponde orgaizar á institución provincial.
O premio está dotado con 30.000 euros, tén carácter rexional, e ten por obxecto perpetuar e honrar a memoria do egrexio home das letras galegas, galardoar unha laboura que constitúa unha eminente contribución á cultura galega e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ó esclarecemento e á mellora das súas xentes e institucións.
Poderán optar ó premio Otero Pedrayo 2009 personalidades individuais, grupos de traballo radicados en Galicia ou personalidades e institucións que se caractericen pola difusión e mantemento da cultura galega.
A presentación das candidaturas que concurran ó premio poderá ser feita por calquer persoa física ou xurídica, por entidades académicas, polos presidentes das deputacións provinciais, pola Xunta de Galicia ou polo mesmo xurado. A presentación das candidaturas deberá realizarse no prazo de tres meses, a contar dende hoxe.
O xurado estará formado por representantes da Xunta, Deputacións, universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, Real Academia Galega, Instituto Padre Sarmiento e cinco personalidades de recoñecida autoridade científica e literaria designadas pola Xunta e cada unha das deputacións provinciais.