"AS NEVES ESMORECE, NON MEDRA E O PP ENDEBÉDANOS DE 115.000 EUROS", dice el BNG.
"Nos últimos anos aumentaron considerablemente os gastos en postos políticos ata os 100.000 euros anuais".
AS NEVES (MORRAZO-tribuna) .- O BNG das Neves informou que, vénse de celebrar un pleno extraordinario no que o Alcalde deu conta dun défice de 115.000 euros. Os xestores do Concello deberán presentar en plan económico-financieiro de reequilibrio a un prazo máximo de tres anos que recolla as medidas a adoptar para retornar a situación de estabilidade orzamentaria. "Tamén se descubre que nos últimos anos acumúlanse máis de 334.000 euros de dudoso cobro, é dicir que por mala xestión non se conseguiron cobrar", explica o BNG.
O BNG das Neves repite de novo a súa posición "a respecto dos excesos incomprensibles en determinados gastos. Un concello que non chega aos 4.500 habitantes non pode gastarse maís de 100.000 Euros anuais en persoal político (Alcalde, Teniente de Alcalde e Concelleiro de Vias e Obras). E destinar soamente 266.000 euros a inversións reais dun total de 2.025.000 euros do orzamento de 2009".