A A.V. “Camiño V.” de Coia pide que as obras do Plan Estatal no barrio teñan en conta as nesidades da veciñanza
Comenzan as obras co total descoñecemento do proxecto por parte da cidadanía
VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A A.V. “Camiño Vello” de Coia quere manifestar o seu malestar porque a día de hoxe a veciñanza de Coia descoñece completamente o plan de obras que comeza no barrio. Estanse poñendo as sinalizacións, cambiando os sentidos de circulación e cortando as rúas ante o desconcerto da cidadanía. Ninguén sabe que se vai facer, como van quedar as rúas, os espazos públicos e si as novas obras responden ás necesidades reais da veciñanza como son ter sitio no que aparcar os vehículos, algo moi escaso nunha zona tan populosa como a de Coia.
A veciñanza de Coia lanza un aviso ao goberno local para que faga as obras por e para a cidadanía; para iso debe contar con ela: informar e considerar as súas necesidades…tamén advertimos de que o barrio de Coia non vai a estar parado e calado mentres descoñece o trato que se dará ás súas necesidades e non descartamos emprender iniciativas como a paralización das obras ata que non teñamos a seguridade de que estas son en beneficio da veciñanza.