VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria iniciará a próxima semana unha rolda de contactos cos sindicatos e as organizacións do sector educativo de Galicia, co obxecto de analizar os asuntos que centrarán esta nova etapa.
A Administración educativa galega inicia a lexislatura convencida de que o diálogo e a participación constitúen a mellor fórmula para avanzar no desenvolvemento de programas e iniciativas que favorezan unha educación de calidade en Galicia.
Para afrontar as distintas cuestións que afectan ao eido educativo galego, os responsables da Consellería teñen cursado invitación ás distintas organizacións e aos sindicatos do sector para, nunha primeira toma de contacto, poder coñecer as inquedanzas dos mesmos.