03 septiembre 2009

Comienza la Xunta con la nueva partitura del tango del concurso éolico

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas, quere destacar que no proceso aberto de elaboración da lei que regulará a xestión da enerxía eólica en Galicia mantén unha actitude receptiva ás suxerencias que poidan realizarse dende os sectores implicados, baseada nun diálogo aberto e nunha lexítima confianza.

Asemade, o departamento de Enerxía da Xunta quere recordar que a inclusión do canon eólico que financiará o fondo de compensación aos concellos directamente afectados pola instalación destas infraestruturas é unha aposta firme desta Administración.

No que respecta á presentación de alegacións ao proxecto de lei que regulará a enerxía eólica, tense ampliado o prazo regulamentariamente establecido en atención ás peticións do sector e en aras da colaboración establecida con tódolos implicados no proceso. Sen embargo, cómpre destacar que a Administración da Xunta cumpriu escrupulosamente con tódolos prazos establecidos.

De xeito que, en pouco máis de tres meses, este Executivo ten acometido os traballos necesarios para poñer en marcha unha lei que dará plenas garantías a tódolos galegos no eido da enerxía eólica en Galicia, e que nestes intres atópase en tramitación en sede administrativa: alegacións e informes da Asesoría Xurídica Xeral, da Dirección Xeral de Tributos e da Dirección Xeral de Orzamentos, para finalmente ser enviada ao Consello Económico e Social.

Ademais, dende a Dirección Xeral de Industria, Enexía e Minas lémbrase que o anterior Executivo galego tardou tres anos en aprobar un decreto ilegal para a regulación da enerxía eólica.