03 septiembre 2009

El Bloque apoya la huelga en las Escuelas de Idiomas de Galicia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A portavoz do BNG na Comisión
de Educación do Parlamento Galego, Carme Adán, manifesta do apoio do BNG
á folga convocada polos docentes das Escolas Oficiais de Idiomas porque “a
reforma que quere implantar a Consellaría de Educación provocará unha perda
na calidade do ensino de linguas”.
Carme Adán considera que a circular 5/2009 remitida o pasado 7 de xullo pola
Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria ás Escolas Oficiais de
Idiomas “é un novo ataque ao ensino público xa que vai significar unha perda
na calidade do ensino de linguas ao reducir drásticamente o profesorado e
ampliar a carga lectiva dos profesionais”.
Neste sentido, o BNG ven de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego
pola que insta á Xunta de Galiza a “potenciar a calidade das ensinanzas de
idiomas comezando pola retirada da circular 5/2009, da Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan as
instrucións sobre o procedemento de admisión e matrícula e organización
académica nas escolas oficiais de idiomas para o curso 2009/2010”.
Non ten en conta á comunidade educativa e acaba coa diversificación
curricular
Carme Adán asegura que a circular remitida pola Consellaría de Educación “ten
graves erros tanto na forma como no fondo”. En concreto, critica que “se
emitise en pleno mes de xullo, cando non é un mes lectivo para o profesorado
e o alunado; non houbo información previa aos claustros e á comunidade
educativa, como se viña facendo, para que puideran facer achegas e
propostas, e a orde non pasou antes pola Mesa Sectorial de Educación para
que fose acordada dos sindicatos”.
“Ademais, en entrando no fondo da circular, a súa aplicación -advirte- supón
acabar coa diversificación curricular que existía nas Escolas Oficiais de Idiomas
de Galiza, e polo tanto diminuír a calidade no ensino público de linguas
estranxeiras”.