05 septiembre 2009

El Bloque vuelve a pedir la retirada de tropas de Afganistán

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).O BNG solicitou este mediodía a comparecencia da Ministra de Defensa, Carme Chacón, no Congreso dos Deputados para que informe sobre o bombardeo da OTAN desta mañá que provocou polo de agora 90 mortes, entre os que se contan civís segundo testemuñas presenciais.

Ademáis, o BNG quer que a Ministra do ramo explique os combates de onte xoves en Sabzak nos que participaron tropas españolas e que se saldaron con 13 mortes.

O BNG considera urxente que Chacón acuda á sede parlamentar a dar conta da situación que se vive en Afganistán e da presenza dos militares españois na zona. Asemade, os nacionalistas galegos consideran que a titular de Defensa debe explicar o seu anuncio de ampliar o continxente español no pais asiático.

O BNG volta a peder a retirada das tropas

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, reiterou a posición do BNG respeito á presenza de tropas españolas en Afganistán. “Demandamos á Ministra a retirada das tropas do país asiático porque esta presenza militar lonxe de solucionar problemas e pacificar a zona está a agrandar os problemas”. O BNG sempre foi contrario ao envío de continxentes militares a Afganistán e así o manifestou nos debates e votacións producidos no Congreso.

Jorquera sinala que "non podemos avaliar estratexias xeopolíticas imperiais e, tal e como fixemos até o de agora, non daremos o noso apoio á presenza de tropas en Afganistán e moito menos a unha ampliación do continxente”.

O deputado nacionalista engadiu que o BNG "defende unha política e unha orde internacional completamente distinta que se substente nos principios do diálogo e no respecto á soberanía nacional dos pobos”.