07 septiembre 2009

El portavoz parlamentario del PP reta a Pachi Vázquez a que rompa sus pactos municipales con el Bloque

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O portavoz do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, insta a Manuel Vázquez a que rompa os seus pactos co BNG nos concellos ou asuma que é e será socio dos nacionalistas. O popular fixo alusión, con estas palabras, ás declaracións de Manuel Vázquez alegando que o seu partido nada ten que ver cos nacionalistas.

Miranda está seguro de que se Vázquez tivese a oportunidade volvería a formar goberno co BNG e volvería a deixar nas súas mans volvería a deixar nas súas mans políticas como a lingüística, onde fixeron tanto dano.

Así mesmo, o popular lémbralle que formou parte dun goberno que encubría as vergoñas dos nacionalistas, en quen os socialistas se sustentaron para chegar ao poder e recórdalle tamén que foi cómplice dos escándalos e chapuzas do concurso eólico e da utilización das aulas escolares para recrutar afíns.

Miranda considera que as súas declaracións pretenden esconder os problemas internos do seu partido, xa que catro meses despois da súa elección como secretario xeral aínda non é quen de congregar a todos os membros nun acto. O popular está convencido, polo tanto, de que Manuel Vázquez intenta desviar a atención ante a segregación interna que hai no seu partido e afirma que, co fracaso do Comité celebrado onte, queda claro que nin os seus compañeiros de partido o respectan como secretario xeral. Para Miranda, trátase dunha mostra máis de que o socialista non é unha alternativa a Feijóo para as vindeiras eleccións autonómicas.