03 septiembre 2009

Elementos para la reflexión




________________________________________

Recoñecemento ás cousas ben feitas
-
No nome da maioría da industria hostaleira do pobo de Cangas e no meu propio, queremos transmitir as grazas a todas as persoas que fan unha gran realidade o fito conseguido e consolidado da declaración de festa de interese turístico á Semana Santa deste pobo. Unha data fermosa para toda a hostalería en xeral, a pesares da climatoloxía.
Vaia o noso recoñecemento a esas persoas, a maioría das cales traballan e organizan sen ánimo de lucro, de aí a miña reivindicación de aprendizaxe a máis de un hostaleiro, mariñeiro, conselleiro... e colaboradores integrantes das futuras festas gastronómicas para tomar como exemplo esta paixón relixiosa, ata conseguir transformala en paixón gastronómica, sen perder un segundo en pensar nos beneficios económicos a obter. Xa que o principal obxectivo sempre ten que ser o coñecemento do produto, a consolidación de festa e de por si, sen darnos conta, nos anos vindeiros virán os tan ansiados beneficios económicos.

É unha auténtica marabilla mirar a nosa vila, chea de persoas contentas, paseando, enchendo as terrazas, as rúas , dando ese color festivo que un pobo tanto necesita.O comezo da semana Santa en Cangas márcao o noso festivo local, Venres das Dolores, ese día non era moi palpable o ambiente do cal iamos gozar, pero chegou o domingo de Ramos e o noso Cangas estaba repleto. Fixo que me lembrase das Festas do Cristo, incluso máis en concreto dese Domingo grande, onde se afoga coa xente. Pois igual pasaba este Domingo de pasado recente que marcou, un ano máis, a gran consolidación da Semana Santa, sempre ben organizada, cada ano intentando ter algunha novidade para manter ese gran interese que esperta nestas datas en toda comunidade cristiá.

Claro que sempre hai que mellorar, claro que sempre hai erros, pero é diso de onde se aprende, e así, ano tras ano vai saíndo mellor. Só me resta darlle as grazas a todas as persoas que fan que iso funcione, e sen que se ofenda ninguén, espero que este escrito nos faga recapacitar un pouco a todos, e de unha vez para sempre, consideremos seriamente facer unha festa gastronómica en condicións, e á mesma vez festiva, que sirva como referencia cultural do noso pobo, sen esquecer consolidar ao longo dos anos, un produto que nos identifique a todos os cangueses, como estou seguro que sería do agrado dos nosos devanceiros, o saber que algún produto do mar que antes non tiña aprecio, hoxe servise para identificarnos.

É o premio do traballo ben feito chegará, coa consabida consolidación, nese mundo gastronómico das festas dos concellos, para o recoñecemento da nosa vila, e de seu chegará o punto económico. Sempre sen perder o rumbo de que a boa construción comeza por unha boa cementación.Sobre todo, temos que ter presente, dende o político ao derradeiro xubilado deste pobo, para que sigamos mantendo o adxectivo de moi leal vila con honor, loitando polo ben de Cangas todos co mesmo afán, para que siga conservando todo o seu esplendor.

Grazas a todos, os que poñen o fervor e a organización de tan sinaladas festas, para que outros poidamos, esforzándonos un pouco na nosa labor hostaleira, obter moito. Deste xeito eu espero seguir aprendendo para mellorar en anos vindeiros. Saúdos a tod@s.

SEMPRE SUSO (*)

"Sempre Suso" es el seudónimo de un popular empresario de hostelería, autor de numerosas iniciativas ciudadanas y estudioso de todo aquello que redunde en beneficio de su Cangas del alma. Con este su artículo escrito en la pasada primavera y referido a la pasada edición de la Semana Santa canguesa, inicia sus colaboraciones en MORRAZO-TRIBUNA, tanto en esta weblog informativa, como en las ediciones mensuales en papel impreso, la primera de las cuales finalmente verá la luz en el inicio de este otoño de 2009