08 septiembre 2009

Escándalos : García
es el nombre del día...

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Duro ataque del PP al PSOE en Galicia. Según los populares, "a dirección do PSOE en Madrid vetou o nomeamento de Pablo García como senador por designación autonómica pola súa implicación no caso da axente electoral. O número dous dos socialistas galegos tratou de facerse cun posto que lle permitise ser aforado e, así, fuxir dunha posible imputación no Xulgado de Corcubión por un caso de presunto financiamento ilegal do partido que co dirixe. Manuel Vázquez tratou de colocar á súa man dereita na Cámara Alta para concederlle inmunidade (a inmunidad permite “non ser detido salvo en caso de delito flagrante”, segundo a Constitución) pero o seu propio partido quixo poñer distancia cunha persoa que maquinou un plan de desvío de fondos públicos rumbo ás arcas do PSOE".

Para os populares galegos é evidente que o PSOE en Galicia tratou de que García accedese ao Senado como forma de protexer a un dos seus dirixentes máis problemáticos e que máis titulares pode xerar polas súas accións do pasado, máis aló do caso da axente electoral. Os socialistas buscaron protexelo da Xustiza pero a dirección do partido non se arrisca polo momento a levar a un dirixente así ata o Grupo Socialista no Senado.

O PPdeG non dubida de que o PSOE galego tratará de forzar ata o último momento para que García logre esa condición de aforado que tanto necesita; de feito, é o principal motivo polo que Vázquez insiste en que esta persoa se faga cun escano na Cámara Alta. Ao secretario xeral do PSOE galego atérralle poder ver ao seu número dous pasando polo Xulgado de Corcubión para ser interrogado pola súa implicación nun caso de financiamento ilegal por parte do seu partido, un proceso no que xa hai imputado un alcalde socialista por malversación de fondos públicos e fraude.

O MINISTRO DE XUSTIZA DUBIDA DA INOCENCIA DE GARCÍA
Con todo, e pese á insistencia de Vázquez, Ferraz négase a incluír a un dirixente como García. De feito, o propio ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, natural da mesma costa da Morte na que se instrúe o caso, e coñecedor do estado no que se atopan as investigacións, parou o nomeamento de García á espera do que poida pasar.

"Coa súa actitude, Caamaño demostra que os socialistas non están tranquilos ante o cariz que está tomando este caso, unha vez que García foi sinalado co dedo por algún dos actores da trama (Darío Rodríguez, presidente da asociación que fichou á axente electoral) como un dos cerebros desta suposta rede de desvío de fondos. García ten ante si un panorama negro na política só uns meses despois de aterrizar nela, e así o recoñece o seu propio partido", refere o PP.