05 septiembre 2009

Furgoneta para el Club
de Remo de Chapela

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A deputada provincial Francisca Canal asinou hoxe en Redondela un convenio co representante do Club de Remo Chapela, Fernando Collazo Cabaleiro, para que a Deputación de Pontevedra dote dunha furgoneta Citröen a esta entidade deportiva.

O convenio enmárcase no plan da institución provincial para dotar deste tipo de vehículos a entidades sociais, culturais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro. No programa colaboran tamén a factoría PSA Peugeot Citröen e Caixanova e supón un custe global para a Deputación de Pontevedra de 1,5 millóns de euros. A institución provincial xa leva entregados 80 vehículos.

O Clube de Remo Chapela recibirá unha furgoneta Jumpy HDI, 120 Combi, de nove prazas, con aire acondicionado.