07 septiembre 2009

Llevan a la Consellería de Pesca la problemática del "caso Massó"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A consellería do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta tarde en San Caetano cos representantes da confraría “San José de Cangas”. O patrón maior do cabido, Evaristo Fernández, e mailo xerente, David Fernández, mantiveron un encontro en San Caetano coa máxima representante do departamento do mar.

Os representantes da confraría amosáronlle a súa preocupación sobre a evolución das obras e presentárolle á conselleira un informe sobre a actividade pesqueira na zona de Cangas e mailo desenvolvemento das obras do proxecto de Massó.

A conselleira comprometeuse a estudar a información que lle foi entregada e trasladoulle aos responsables do cabido a súa vontade de trasladar a mesma ao Presidente da Xunta, así coma a Portos do Estado. A Consellería propugnou a constitución inmediata dunha mesa de diálogo na que se senten os membros da confraría, os representantes da empresa, do concello, da Xunta e mais de Portos do Estado para chegar a obter unha solución dialogada que permita obter unha saída rápida e beneficiosa para todas as partes.