07 septiembre 2009

Proxecto Home sigue contando con la ayuda valiosa de Deputación

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou hoxe un convenio de colaboración co director do Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez Crespo, a través do cal a institución provincial financiará con 30.000 euros un programa Terapéutico-Educativo para o tratamento e reinserción de persoas toxicómanas e o apoio ás súas familias.
Esta iniciativa contempla a organización de xornadas de acción preventiva; o acompañamento familiar ós toxicómanos que carecen del en forma de pisos de acollida ou familias substitutas; o tratamento e reinserción de persoas toxicómanas; e o apoio ás familias afectadas. Compre salientar que un dos principios fundamentais deste programa é a gratuidade; é un servizo desinteresado e solidario.
320 persoas atendidas na provincia
No ano 2008 Proxecto Home atendeu a 320 persoas na provincia de Pontevedra, informou Gómez Crespo, quen considerou que “ é un traballo moi necesario e que merece a pena porque detrás destes números hai familias, vidas humanas e moitas loitas”.
O director de Proxecto Home puntualizou que do total de persoas atendidas o volume asistencial de Pontevedra foi de 105 persoas das cales 85 utilizaron o programa de tratamento das adicións ó alcohol. Os restantes beneficiarios con outro perfil de drogodependencias, utilizaron o servizo de diagnóstico, estabilización e derivación a outros centros.
Pola súa banda, no centro de Proxecto Home en Vigo foron atendidas 215 persoas no ano 2008. Crespo puxo de relevo que o traballo da entidade ven abalado cunha traxectoria de “máis de 8.000 mozos que recuperaron a súa autonomía”.
Na súa intervención Crespo tamén deu a coñecer que Proxecto Home dispón en Vigo dun recurso “único e pioneiro a nivel estatal” como é un centro de Drogodependentes con Patoloxia Dual”. Nel, explicou, “trátanse persoas con problemas de adicción ás substancias tóxicas pero que, ademais, teñen asociado un deterioro orgánico de tipo neurolóxico, con trastornos de personalidade, brotes esquizoides e distintas enfermidades asociadas á conduta aditiva”.
Este centro de Patoloxía Dual ten unha capacidade de 34 prazas que permanecen cubertas durante todo o ano. “É imprescindible que estas persoas reciban un tratamento para lograr a súa estabilización e rotura co consumo de drogas” dixo Crespo, por este motivo “estamos estudando abrir un recurso similar en Galicia”.
En termos xerais, Proxecto Home atende en Galicia nos diferentes programas a 550 persoas diarias; e anualmente a 1.250 persoas no ano. Esta entidade está presente en todas as cidades de Galicia, excepto en Ferrol onde existe un dispositivo de información, orientación e apoio.