03 septiembre 2009

Transporte de Ría : la Xunta de F-009 toca una melodía parecida a la que tocaban los Tourinho´s

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Xunta de Galicia comprometeuse esta mañá cos alcaldes de Moaña e Cangas e co concelleiro de Mobilidade de Vigo a sufragar o 80% dos fondos necesarios para o mantemento do transporte de ría entre Vigo e Moaña, é dicir, aportaría o 80% dos custes do convenio que garantiría a continuidade deste servizo. Así o avanzou o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, que se reuniu cos rexedores de Moaña e Cangas e co concelleiro de Mobilidade do Concello de Vigo, para analizar a situación creada á raíz do anuncio de suspensión, por parte da empresa, dos servizos de transporte de ría entre Moaña e Vigo.

Nese senso, manifestou que a porcentaxe restante debe ser aportada por parte das entidades municipais. Explicou que esta fórmula de colaboración enmarcase dentro do ordenamento xurídico, ademais de constituír a vía legal.

O representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas plantexou un convenio semellante ao que está establecido cos concellos de A Coruña, Ferrol ou Santiago de Compostela para o desenvolvemento do transporte metropolitano e no se que incluiría -nunha primeira fase- de forma urxente e exclusiva o transporte de ría.

Incidiu en que esta colaboración debe ser abordada entre ambas administracións e non só por parte da Xunta ou doutras administracións distintas ás da local, xa que de realizarse así, romperíase a unidade de transporte metropolitano de Galicia, caracterizado por estar participado pola Administración autonómica e local.

Cómpre sinalar que as administracións reunidas esta mañá coincidiron na gravidade desta situación, polo que acordaron establecer novos contactos e reunións nos vindeiros días, coa finalidade de atopar unha solución a esta problemática. Non obstante, a Xunta está a explorar a validez legal e práctica doutras vías, para atopar unha solución ás dificultades atopadas hoxe.