07 septiembre 2009

Voluntarios trabajan este mes de septiembre en Cies y Ons

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia acolle neste mes de setembro aos voluntarios que participan no programa de Campos de Trabajo de voluntariado en Parques Nacionales 2009, que promove a Sociedad Española de Ornitología (SEO/BirdLife) en colaboración co Organismo Autónomo de Parques Nacionales do Estado e, no caso de Galicia, a Consellería do Medio Rural.

Dentro do Parque das Illas Atlánticas, o campo de traballo desenvólvese dende o pasado día 1 de setembro e ata o vindeiro xoves, día 10, na illa de Ons.

Os participantes desenvolven diferentes actividades relacionadas coa información e a educación ambientais, así como de apoio ao persoal do propio Parque.

Os voluntarios proceden de diversos lugares de toda España e foron seleccionados por SEO/BirdLife para levar a cabo proxectos de conservación práctica: melloras do hábitat de especies ameazadas, censo de aves e mamíferos, vixilancia, anelamento de paxaros, etc.

Enquisas
Entre os seus labores sobre o terreo atópase a realización de enquisas aos visitantes das illas, así como a colaboración activa na atención e información ao público, en tarefas de prospección e estudo de xacementos arqueolóxicos, na elaboración de material de educación ambiental e no seguimento de aves nas praias. Ademais, estes voluntarios participan en diversos proxectos de investigación relacionados coa fauna e a flora do espazo natural protexido.

Tódalas actividades están coordinadas por persoal do Parque Nacional e da Sociedad Española de Ornitología.