01 noviembre 2009

493 proxectos de actuacións: os concellos de Pontevedra presentaron para ser executados dentro do Plan de Investimentos da Deputación


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou os 493 proxectos de actuacións que os concellos de Pontevedra presentaron para ser executados dentro do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra para o periodo 2010-2011 por un importe total de 70 millóns de euros.
Os proxectos dos concellos abarcan unha tipoloxía de obras que inclúen obras hidraúlicas, de Medio Ambiente, parques públicos e saneamentos; humanizacións de rúas, prazas e entornos urbáns (mobiliario); dotacións de aforro enerxético; novas dotacións deportivas, comerciais (mercados), culturais (auditorios, centros) e industriais (polígonos, solo industrial); e incluso adquisición de maquinaria municipal, como barredoiras ou outros elementos de recollida de lixo.
O prazo de presentación de obras rematou onte e, dende hoxe, un equipo de 40 personas traballará intensamente para comprobar a corrección da documentación presentada e adxudicar os traballos de xeito que o vindeiro mes de xaneiro , según explicou Louzán.
Según dixo, o Plan aprobouse para crear emprego, facer fronte á crise, apoiar as inversión productivas e xenerar riqueza, así como manter a calidade dos servizos nos concellos. , afirmou.
Os proxectos presentados polos concellos pontevedreses van dende un importe de 30.000 euros (cantidade mínima fixada no Plan) ata 1 millón de euros. Os criterios de reparto das cantidades para cada concello foron en función da población e do territorio, é decir, do índice de dispersión poboacional.
Según Louzán, o Plan de Investimentos posibilitará máis de 3.000 postos de traballo que se veñen a engadir a outros 3.000, directos e indirectos, que xa propicia a Deputación. Na presentación dos proxectos _dispostos por concellos enriba dunha ampla mesa_ Louzán sinalou que a inversión total da Deputación nos concellos .