31 octubre 2008

LOUZÁN ENTREGA UNHA PALA ESCAVADORA Á ENTIDADE LOCAL MENOR DE MORGADÁNS, EN GONDOMAR

GONDOMAR (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, fixo entrega esta tarde, acompañado dos vicepresidentes provinciais, José Manuel Figueroa e Xosé Crespo e o deputado, Xosé Carlos Silva, dunha retro pala de rodas á Entidade Local Menor de Morgadáns, para a que a institución provincial aportou unha achega de 66.874 euros.
A pala, que dende hoxe pasa a depender da Entidade Local que preside Urbano Esmerode, está dotada de motor de catro cilindros, baixa emisión de fumes e baixo nivel de ruídos, o que permite que poida ser utilizada en lugares con restrición de ruído como centros urbanos.
Inclúe tamén tanque de combustible de gran capacidade para garantir longos intervalos de abastecemento, catro velocidades dianteiras e catro traseiras, capot abatible, sistema de freado seleccionable automaticamente ás catro rodas a unha velocidade superior ós 3 quilómetros hora.
O presidente resaltou no acto de entrega do vehículo que “con este tipo de actuacións a Deputación contribúe a solucionar os problemas reais que diariamente lles afectan ós cidadáns”, ó tempo que expresou a súa confianza en que “con esta máquina se poidan acometer as labores de desbrozado e limpeza con toda a comodidade posible”.
Neste momento hai en Galicia nove entidades locais menores; unha na provincia de Ourense, e as outras oito na provincia de Pontevedra: Arcos da Condesa (Caldas de Reis), Bembrive (Vigo), Camposancos (A Guarda), Chenlo (Porriño), Morgadáns (Gondomar), Pazos de Reis (Tui), Queimadelos e Vilasobroso (Mondariz).
Morgadáns, pertencente ó concello de Gondomar, ten unha superficie total de 1.530 hectáreas nas que residen 1.158 habitantes. Manexa un presuposto bastante variable en relación co volume de previsibles ingresos, derivados basicamente dos aproveitamentos dos montes e das explotacións das canteiras.

Os orzamentos de Vigo fomentan a cultura de base e reforzan a aposta polos grandes eventos, di o BNG

VIGO (MORRAZO-tribuna).- Unha das partidas que terá maior incremento será a destinada ao Arquivo Pacheco para acadar a súa revitalización e difusión. O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, o Xesus López, salientou este venres que os orzamentos para 2009 permitirán seguir desenvolvendo as dúas liñas de actuación nas que sustenta a xestión das súas áreas. O nacionalista subliñou que posibilitarán apostar pola “política cultural de base, feita para a cidadanía viguesa polos propios vigueses e viguesas”, e achegar a Vigo “grandes espectáculos de prestixio internacional”.
Xesus Lóopez explicou que os orzamentos crecen un 10,07 por cento respecto aos do 2008, ao chegar aos 8.570.293 euros. O concelleiro nacionalista salientou especialmente o incremento de dúas partidas, como son as destinadas ao Arquivo Pacheco e ás Festas de Vigo. En canto ao Arquivo Pacheco destacou que a súa revitalización “é un dos elementos fundamentais que estamos a traballar no departamento de Cultura”, polo que contará cun orzamento de 170.000 euros, cifra que representa un incremento do 183 por cento. Ao respecto lembrou que ata o ano pasado este arquivo contaba cun orzamento de 60.000 euros, polo que coa suba se pretende mellorar o seu funcionamento diario, reforzando as labores de conservación iniciadas hai meses, así como potenciar o traballo dos investigadores no propio arquivo e desenvolver labores de difusión coa organización de exposicións.
No tocante ás Festas de Vigo, Xesus López indicou que o seu orzamento pasa de 706.000 a 760.000 euros, para seguir mellorando o novo diseño de festas iniciado este ano. O concelleiro lembrou que a este orzamento haberá que engadir as achegas doutras administracións e de patrocinadores, como aconteceu este verán.
O edil do BNG especificou que o departamento de Cultura contará cun orzamento de 4.702.772 euros, dos que máis duns 1 millón de euros serán para as subvencións ás asociacións sen ánimo de lucro (aumento do 2,67 por cento) e 1.375.000 se destinarán a investimentos (incremento de máis do 26 por cento). Entre as partidas concretas que mencionou, Xesus López sinalou que a programación de música, teatro e danza terá un orzamento de 400.000 euros; o Festiclown 90.000 euros; o proxecto de rede museítica, 70.000 euros. En canto a investimentos, sinalou que o pago dos terreos para o Pazo de Congresos contará con 541.858 euros; as obras do Auditorio Municipal, que comezaron hoxe, disporán de 450.000 euros; as melloras na Casa Galega de Cultura, 210.000 euros e a retirada e sustitución do escudo da Casa das Artes, 40.000 euros.
“Todas estas partidas enriqueceranse coas achegas de outras administracións”, salientou o concelleiro de Cultura, quen sinalou como exemplo a achega de 400.000 euros que aportará a Consellería de Cultura para dotar de equipamento o Auditorio Municipal.
En canto ao departamento de Animación Sociocultural disporá de 2.638.351 euros, dos que a investimentos irán 522.000 euros. Tamén fixo referenza a partidas concretas; así, á Batalla de Flores se destinarán 125.000 euros; á Cabalgata de Reis 210.000 euros; e ás subvencións ás asociacións sen ánimo de lucro, 110.000 euros. Ademais, explicou que o convenio coas bandas de música ascenderá a 170.000 euros e coas corais será de 25.000 euros. “Son dous convenios moi bos, e a idea é seguir subindo, porque se trata de dúas iniciativas que conta cunha alta participación da cidadanía”, subliñou Xesus López, quen indicou que a xente nova participa especialmente nas bandas, mentres que a maior o fai sobre todo nas corais. No apartado de convenios indicou que a asociación de comerciantes das Travesas, Aetravi, contará cunha achega de 7.000 euros para organizar a Festa de Fin de Ano. Así mesmo, explicou que o Verbum terá 710.000 euros, e a rede de bibliotecas disporá de 518.783 euros.

Xesus López destaca que a homenaxe a Orencio Pérez era unha das débedas do Concello e de Vigo cara ao xuíz

VIGO (MORRAZO-tribuna).- .- O concelleiro de Cultura, Xesus López, dixo este venres que o acto de recoñecemento á figura de Orencio Pérez González era unha das débedas do Concello e da cidade de Vigo cara ao xuíz que durante anos estivo á cabeza do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo. No acto de homenaxe, que tivo lugar nas dependencias xudiciais da cidade, ademais do edil do BNG tamén participaron o decano do Colexio de Avogados de Vigo, o presidente da Irmandade Xurídica Galega, o presidente da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, o xefe superior de Policía de Galicia, o fiscal superior de Galicia e a viúva de Orencio Pérez, quen xunto ao concelleiro de Cultura presidiu a inauguración do busto adicado ao xuíz.
“A Concellería de Cultura ten clara a necesidade de realizar este exercicio de memoria, para que a figura dun loitador a prol do dereito do uso do galego cristalizara nun campo, ata hai non moito tempo, tan hostil como o da Xustiza”, subliñou Xesus López, quen cualificou o acto de “necesario, merecido e entrañable”. Ademais, recoñeceu que é un orgullo para Vigo e para as institucións xurídicas contar con homes como Orencio Pérez, do mesmo xeito que el consideraba un orgullo “pertencer a este pobo”.
A representante da Irmandade Xurídica de Galicia, Carmen Pérez, salientou que grazas ao “empeño persoal do Concelleiro de Cultura” foi posible dar cumprimento ao acordo plenario de 1999, quen recibiu “con agradado” a proposta de homenaxear a Orencio Pérez polo seu empeño de “resolver os atrancos que atopou na normalización da lingua galega”. Así mesmo, a viúva do xuíz, Chelo González, agradeceu ao Concello de Vigo o seu recoñecemento, e especialmente ao actual responsable de Cultura.
O decano de Colexio de Avogados de Vigo, Alfonso Álvarez Gándara, sinalou na súa intervención que os profesionais da Xustiza teñen diante un desafío que precisa “dun esforzo constante”, co obxectivo de “recuperar o terreo perdido pola lingua galega”. Alertou contra o feito da desaparición da lingua galega “en dúas xeracións” no caso de “non corrixir a deriva actual”, posto que ao seu xuízo, trátase dunha loita “tan urxente como a de evitar o cambio climático”, polo que defendeu que a esixencia aos altos cargos da administración de xustiza o coñecemento da lingua galega.
O presidente da Irmandade Xurídica Galega, Xaquín Monteagudo Romao, fixo referenza a súa relación co Orencio Pérez, baseada no feito de “compartir proxectos conxuntos” e subliñou que a homenaxe a Pérez González é así mesmo “unha homenaxe á lingua galega”. O presidente da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, Xoán Barreiro Prado, preguntouse pola causa de substituír o uso do galego nos arredores do Pazo de Xustiza polo castelán nas diferentes salas. Pola súa banda, o xefe superior de Policía de Galicia, Luís García Mañá, lembrou a súa relación profesional e persoal co xuíz e subliñou o seu labor pola normalización lingüística.
O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela García, rememorou o seu traballo conxunto con Orencio Pérez no comezo de realizar todos os escritos xudiciais na lingua galega, feito que segundo asegurou incluso serviu para realizar un “mellor traballo de instrución dos casos”, pola súa proximidade coas persoas declarantes, que o facían en galego. “É notoria a escasa manifestación en galego no ámbito xudicial, pese ao tempo transcorrido dende a súa cooficialidade”, salientou, ao tempo que animou aos profesionais a demostrar que nun xulgado é posible traballar “integramente en galego sen crear ningún estado de indefensión”.

Lío en O Porriño con maquinaria municipal que destrozaría cosechas de vecinos de Atios

O PORRIÑO (MORRAZO-tribuna) .- Polémica nuevamente entre Oposición y Gobierno. Maquinaria pesada municipal destroza las cosechas de vecinos de Atios, denuncia el PP. Los hechos han sucedido en los barrios de Casavella, Río de Abaixo y Pumariño con motivo de las obras de instalación de la red de saneamiento
El portavoz del Partido Popular de O Porriño, Manuel Carrera, denuncia la forma en la que se están acometiendo las obras de instalación del saneamiento en los barrios de Casavella, Río de Abaixo y Pumariño, situados en la parroquia de Atios. Desde hace meses maquinaria pesada, como retroexcavadoras, manejada por operarios contratados por el Ayuntamiento invade los terrenos privados de los vecinos, muchos de ellos sembrados y con cosecha ya crecida, abriendo zanjas en las que instalar la red de alcantarillado. Según Carrera "ni el PP ni los vecinos nos oponemos a estas obras puesto que el saneamiento es necesario, pero consideramos que, como mínimo, se debe informar a los afectados de las actuaciones que se van a llevar a cabo en sus terrenos y pedirles permiso para ello".
El presidente de los populares porriñeses asegura que "ha habido vecinos que me han comentado que las obras se están ejecutando con algunas irregularidades que generan defectos en la instalación y que darán problemas en el funcionamiento de la red de saneamiento en un futuro próximo". Además algunos de los afectados denuncian que la tierra extraída de las zanjas por las retroexcavadoras ha sido depositada en el cauce de un riachuelo llamado Río de Abaixo "que corre peligro de desbordamiento en caso de que vengan lluvias intensas", dicen.
Ante esta situación, desde el PP de O Porriño se exige "que antes de comenzar a trabajar en una finca se le comunique a su dueño con la suficiente antelación, que se aumente la presencia de responsables municipales en estas zonas en las que se está acometiendo el saneamiento, que se retiren los escombros, procedentes de las zanjas para tuberías y alcantarillado, depositados en forma de montículos en la calle desde hace más de tres meses; y que se acondicione la carretera que atraviesa la parroquia, perjudicada por la maquinaria pesada".

Paqui Canal exige se restableza el control del Sintrom en Redondela

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O PP presentaba nas últimas horas unha moción para restablecer o control do tratamento do Sintrom en Redondela. A voceira do Partido Popular de Redondela, Francisca Canal, presentou no pleno ordinario municipal do pasado 29 de Outubro unha moción sobre a falla de servizo do tratamento do Sintrom no centro de saúde de Redondela. Son 340 os enfermos afectados por este problema que se debe á escaseza de persoal no citado centro.
Canal informou mediante dita moción de que, segundo se plasmou nos medios de comunicación, "o propio Sergas admite desaxustes no mencionado servizo na localidade de Redondela" e lembrou que "os mesmos medios publicaron tamén que os pacientes que precisen deste tratamento deben desprazarse agora ata o Hospital Xeral-Cíes, en Vigo". Deste xeito o Partido Popular quíxose facer eco das demandas dos afectados, na súa maioría persoas maiores que poden ver dificultado o seu acceso ó tratamento, solicitando no pleno do pasado mércores "que se lle insista ó Sergas para que consolide dito servizo no noso municipio, dotandoo de persoal se fose preciso e dos mecanismos axeitados para dar servizo ós usuarios demandantes do mesmo". Esta moción, aínda que lle foi presentada ó pleno da Corporación Municipal, non puido ser debatida xa que os concelleiros do PP abandoaron a sesión plenaria "a causa das insolencias que Carlos Pazos e Emilio González Iglesias lle profesaron á voceira popular, Francisca Canal", xustificaron desde o PP; sen embargo Canal informou hoxe de que no vindeiro pleno a moción será levada de novo a debate.

OS DOMINGOS 9 E 16 DE NOVEMBRO, NO CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARES, IX Certame do Humor

VIGO (MORRAZO-tribuna).- O Centro Veciñal e Cultural de Valladares vai organizar o “9º CERTAME DO HUMOR”, despois dos éxitos obtidos nas anteriores edicións. Serán admitidas tódalas variantes do humor: chistes, mímica, imitacións e calquera outro tipo de manifestación humorística. Para elo se fará unha preselección de candidatos/as a participantes, que pasarán os martes –ata o 4 de novembro, inclusive- , de 21.00 h. a 21.30 h., polas oficinas do Centro. Despois de revisadas as diferentes puntuacións que irán asignando os/as compoñentes do equipo de selección, serán elexidos/as TRES FINALISTAS.
O día 9, a partir das 18.30 h., haberá unha actuación especial contando coa presenza de SAN & SAN Teatro (Triunfadores no programa “Luar” da TVG), ademais de Fredi Crujer (“O ring de rir”, de LUAR) e Pablo “O Chiscas” (un dos finalistas da 1ª edición), para darlle máis realce e consolidar definitivamente este Certame.
O día 16, ás 18.30 h., os/as FINALISTAS seleccionados participarán nunha tarde de auténtica ledicia e recibirán un DIPLOMA ACREDITATIVO e unha COMPENSACIÓN ECONÓMICA. Como artista invitado –dentro da programación “LETRAS VIVAS”- estará CELSO FERNANDEZ SANMARTÍN , despois da súa exitosa actuación na edición do ano pasado, neste mesmo Certame.
*** Máis información, na Secretaría do C. V. C. de Valladares - en horario de oficina- ou chamando ó nº de tfno. 986.467053 .

Convocado el VI Congreso
de CC. OO. de Vigo

DÍA : CATRO DE NOVEMBRO
HORA : DEZ (TODA A XORNADA)
LUGAR : HOTEL COIA DE VIGO
6.º CONGRESO
DA UNIÓN COMARCAL DE CCOO DE VIGO

LEMA : POLO EMPREGO E Á SOLIDARIEDADE
No decurso do Congreso, elixirase a Dirección de CCOO para os próximos catro anos: secretario xeral e comisión executiva.
Asemade elixiranse os delegados/as que representarán á Comarca de Vigo no Congreso do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.

QUINTANA: “HAI QUE FACER UN EXERCICIO DE IMAXINACIÓN PARA QUE HAXA VIVENDA AO SERVIZO DA XENTE E NON XENTE AO SERVIZO DA VIVENDA"

VIGO (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, referiuse ao Plan Sectorial de Zona Residencial que hoxe presentou en Vigo, xunto á conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, como un “exercicio de imaxinación dende o poder democrático” e unha mostra de como se pode e debe poñer o autogoberno ao servizo do benestar dos cidadáns. Dixo que é un plan necesario especialmente no momento actual. “Non partimos dunha situación boa, xa que entre o ano 95 e o 2007 o prezo da vivenda libre subiu un 146% e boa parte desa vivenda construída neste período non foi utilizada por cidadáns que accedían por primeira vez a unha vivenda senón como segunda residencia ou con perspectiva de investimento especulativo”, explicou Quintana.
Tamén dixo que neste tempo se perdeu o sentido social da vivenda para convertelo nun mercado especulativo sen beneficio social do que deriva a crise actual. Fronte a iso, o vicepresidente avogou por poñer en marcha un novo modelo económico tamén en materia de vivenda porque “é un dereito dos cidadáns”. Concretou que este Plan Sectorial pretende “que haxa vivenda ao servizo da xente e evitar que siga habendo xente ao servizo das vivendas”, insistiu.
Ao mesmo tempo, dixo que a crise coloca a un sector importante para a economía do país como é o da construción nun momento complicado polo que dixo que este Plan pretende incidir en dous ámbitos: por unha banda, pretende dotar de carga de traballo ao sector da construción que tradicionalmente xerou emprego, e doutra banda, trata de colocar no mercado vivenda a prezo taxado para que as persoas con menos recursos poidan acceder a unha vivenda. Quintana recalcou que se trata dun “exercicio de imaxinación”, xa que, por primeira vez no Estado, un goberno autonómico usa as súas competencias para incidir no mercado do solo e aplicar unha fórmula urbanística que estaba na lei pero que era necesario aplicala. Quintana sinalou que “existen exemplos en todo o Estado de grandes plans de vivenda, seguramente ben intencionados e coa intención de cumprilos, pero que sempre esquecen algo evidente: as vivendas constrúense sobre solo, non sobre o aire e se non hai solo non hai vivenda”, apostillou. Por iso, lembrou que dos 315 concellos de Galiza, só 26 teñen neste momento planeamento urbanístico aprobado e adaptado á normativa e mesmo algúns dos que teñen planeamento, non teñen a necesaria reserva de solo para vivendas protexidas. “Se nos guiamos por isto, por moi boa que fose a intención do Goberno galego, sería imposible facer nada, e por iso con este Plan imos poñer en marcha unha fórmula que lle permite á Xunta de Galicia usar as súas competencias para cualificar solo residencial para vivendas protexidas mesmo en concellos que non teñen planeamento urbanístico, isto é a imaxinación ao servizo do poder democrático”, insistiu.
Ademais, o vicepresidente dixo que é bo que Galiza sexa pioneira na materia; e, por outra banda, considera que o Plano Sectorial “é importante tamén pola inxección económica que supón en momentos como os que estamos a vivir”. Explicou que comprende 97 actuacións en 57 concellos de todo o país, de cualificar 8,7 millóns de metros cadrados para uso residencial en vivendas protexidas e dun investimento de 1.530 millóns de euros. “Pero o bo é que este é un investimento radial porque cando se constrúe unha vivenda ponse en marcha todo un mecanismo que abrangue o conxunto da sociedade e que da traballo a medianas e pequenas empresas”, explicou que o investimento do Plan promoverá un volume de negocio de más de 4.500 millóns de euros e máis de 300.000 postos de traballo.
Quintana sinalou tamén que o Plan ten unha efectividade económica e social importante nun momento de crise como a actual, “constatado o fracaso da teoría do mercado libre para a vivenda ábrese o paso a un novo mercado no que a intervención pública garante que a xente poida ter acceso a unha vivenda, este é o cambio, facemos política para remover estruturas e construír unha nova historia para o país, unha historia que terá o seu papel en Vigo”, dixo o vicepresidente. Tamén concretou que o plan serve para construír espazos para vivir, polo que “en realidade chamaríalle Plan Sectorial para crear espazos para vivir”, porque, segundo Quintana prevé, ademais de vivendas, equipamentos e zonas verdes e servirá para construír cidade. Así mesmo, Quintana comentou que é unha boa oportunidade para sumar esforzos entre as institucións e o sector público e privado, “cada un no seu papel, o público definindo estratexias e regras e o privado con capacidade de xestión e de traballo”, sinalou.
O vicepresidente finalizou a súa intervención parafraseando a Castelao e pedindo “que ninguén cometa o erro de poñerlle tachas a obra antes de que estea rematada, xa que hai espazo para todos”, concluíu.
Área de Vigo
O Plan Sectorial Galego de Solo Residencial vai supor a construción de 15.200 novas vivendas na área funcional de Vigo. Levaranse a cabo en concreto 28 actuacións para construír 15.200 vivendas distribuídas entre 15 concellos: Cangas, Gondomar, A Guarda, Moaña, Mos, As Neves, Nigrán, O Porriño, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Vigo, onde se localiza o 62% das vivendas previstas.
Dentro do Plan Sectorial determináronse as necesidades de solo esta área funcional de Vigo, que se cuantificaron en 59.000 vivendas, co que tendo en conta este dato, co Plan vaise atender o 26% desta demanda, superándose así o obxectivo inicial do 20%. Ademais da construción de 15.200 vivendas, as actuacións do Plan Sectorial comprenden tamén 917.000 metros cadrados destinados a zonas verdes, máis de 9.400 metros cadrados para viais e aparcadoiros e 352.000 metros cadrados para dotacións e equipamentos públicos. O orzamento previsto para todos estes proxectos é de 640 millóns de euros.

Touriño cree que os novos tempos son chegados á Sanidade galega

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, asistiu hoxe á presentación pública do Sistema de Queixas, Reclamacións e Suxestións QUERES da Sanidade pública galega que xa é unha realidade para 383.000 persoas pertencentes ás áreas sanitarias de Monforte, de Ourense e de Valdeorras. No ano 2009 estenderase progresivamente a todas as áreas de Galicia. O novo sistema permitirá que cada persoa que presente unha queixa ante o sistema sanitario público de Galicia conte cun número de identificación que lle permita facer o seguimento do seu expediente.
Deste xeito, a Sanidade pública galega comprométese a responder a todas as queixas (feitas oralmente), reclamacións e suxestións presentadas pola cidadanía cuns prazos máximos e independentemente de quen sexa o destinatario da comunicación. Cada persoa que queira expresar a súa opinión pode facelo ante calquera oficina ou unidade de atención ao paciente, e recibirá un código co que poderá dirixirse á Administración para interesarse pola tramitación do seu expediente.
QUERES é un novo sistema de xestión único de xestión das queixas, reclamacións e suxestións dos usuarios e usuarias do Sistema Público de Saúde de Galicia, que aparece recollido como obxectivo estratéxico nas Directrices da Política Sanitaria de Galicia aprobadas polo Consello da Xunta de Galicia en 2005.
Constitúe unha materialización concreta da aposta da Sanidade pública galega pola participación e a transparencia e un importante vehículo da voz da cidadanía; e ofrece á cidadanía a vía efectiva que permite coñecer cómo as persoas unha a unha, na súa utilización dos recursos sanitarios, perciben o funcionamento do Sistema Público de Saúde.
QUERES xorde coa idea de asegurarlles que ían ser escoitadas, analizadas e contestadas, con todas as garantías legais, en un proceso para elas de total transparencia.
Este sistema permitirá a accesibilidade munticanle da cidadanía á administración sanitaria pública, garantirá ao cidadán ou cidadá unha resposta única e facilitará información da situación da comunicación mediante un código único da mesma a través da web.
Deste xeito, mediante unha aplicación informática, QUERES posibilitará unha solicitude e tramitación de queixas e propostas dixitalizada e moito máis áxil, a través de distintos postos de recepción situados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde. Así, unha vez recollida a comunicación da reclamación ou suxestión, xerarase un número único de rexistro e crearase un expediente, que se incluirá nun arquivo electrónico para a súa análise e tramitación, e posterior resposta ao cidadán. Isto permitirá un maior control dos prazos do proceso.
Ademais, está previsto que a cidadanía tamén poda facer chegar as súas queixas, reclamacións e suxestións e consultar en que fase de tramitación se atopan a través das páxinas web www.galiciasaude.es ou www.sergas.es, ou vía SMS.
Así mesmo, tamén mellorará a accesibilidade da Administración Sanitaria ás reclamacións queixas e suxestións da cidadanía, coa futura presentación das mesmas na web, o que posibilitará a identificación do reclamante con posibilidade de identidade dixital, a integración no sistema de información corporativo e nos circuítos de información, e o acceso á consulta do estado da reclamación.
O Sistema QUERES pilotouse inicialmente no Hospital Comarcal de Monforte e nos centros de saúde da provincia de Ourense, e está funcionando en todos os centros hospitalarios da provincia. Actualmente, é, polo tanto, unha realidade para 383.000 habitantes. Durante o vindeiro ano 2009, irase incorporando a todos os centros sanitarios de Galicia.
No acto de hoxe, constituíronse as comisións de participación cidadá das áreas sanitarias da Coruña, Cervo-Burela, Lugo, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Salnés, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. Súmanse así á de Ferrol constituída en 2006. Cada unha delas está constituída por representantes das entidades locais, das organizacións empresarias e sindicais, así como polas asociacións de veciños e o Servizo Galego de Saúde.
Os seus integrantes titulares e suplentes foron nomeados polo Diario Oficial de Galicia do pasado 10 de setembro. Deben manter alomenos unha xuntanza ao ano, e deben de coñecer e opinar sobre os proxectos de orzamentos e as grandes decisións que afectan ao funcionamento de cadansúa área sanitaria, tanto no referente á Atención Primaria como á Especializada.

LOUZÁN E GONZÁLEZ ASINAN UN CONVENIO DOTADO CON 561.747 EUROS QUE POSIBILITARÁ A CONSTRUCIÓN DUN NOVO PAVILLÓN EN PONTEAREAS


PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinou un covenio de colaboración co alcalde de Ponteareas, Salvador González, que posibilitará a construción dun pavillón polideportivo no municipio.
A nova instalación deportiva precisará un investimento de 561.747 euros que serán financiados por ambas administracións cunha achega de 421.310 euros por parte da Deputación e de 140.436 euros que aportará o concello.
A Deputación asumirá a licitación, dirección execución e recepción das obras, mentres que o concello de Ponteareas será o responsable de obter as correspondentes licenzas municipais, así como de obter as autorizacións pertinentes que foran precisas.
Segundo afirmou hoxe o presidente, esta obra sairá a licitación pública nas vindeiras semanas polo que de cara á vindeira primavera ou verán a instalación podería estar xa habilitada.
Así mesmo, Louzán recordou a aposta da Deputación polo desenvolvemento de Ponteareas a través da posta en marcha de actuacións como a reforma do auditorio Reveriano Soutullo; a dotación de herba sintética ó campo de Angoares que se rematará en breve, así como o de Pardellas. Tamén a institución acometeu importantes obras de saneamento no municipio entre outras accións.

Balance de actividade da Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Moaña

MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- Foi aquí, en Moaña (Centro de Dinamización da Sociedade da Información. Rúa Donato Bernárdez Sotelo, 6 – local G) esta tarde. A delegada provincial da Consellaría de Innovación e Industria en Pontevedra, Montserrat Prado, participaba no acto de presentación do balance de actividade da Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Moaña. No acto estaría acompañada tamén polo alcalde da localidade, Xosé Manuel Millán.

PORTUGAL : “SEGWAY” REFORÇAM MOBILIDADE NA POLICIA LOCAL DE BRAGA


BRAGA (Joao Paulo Mesquita / MORRAZO-tribuna) .- A Polícia Municipal de Braga reforça, a partir de hoje (quinta-feira, 30), a sua mobilidade em contexto urbano, com a utilização de veículos de transporte pessoal vulgarmente identificados por “segway”.
Fornecidas mediante concurso público, as quatro unidades que agora começam a ser utilizadas vão permitir um policiamento «de maior proximidade, de maior eficácia, de maior rapidez, de menor esforço e sem custos ambientais».
De acordo com o vereador da tutela, a utilização dos novos veículos – movidos a energia eléctrica e cujo movimento é induzido exclusivamente pela inclinação do utilizador – vai privilegiar a área pedonal do centro histórico de Braga, uma das mais extensas do país.
«Importantes razões justificam a opção por este novo equipamento de mobilidade, desde logo o facto de estarmos perante um veículo não poluente, sendo que a uma estrutura municipal se impõe também este exemplo, mormente em contexto de circulação por entre significativos aglomerados de peões», justifica Carlos Malainho.
O Vereador do Trânsito e da Polícia Municipal releva igualmente o facto de permitir uma rápida deslocação dos agentes-utilizadores ao longo das principais artérias do centro urbano, comprovado, por exemplo, «no máximo de três minutos que demora uma viagem entre o Largo da Senhora-a-Branca e a Rua de São Marcos, circulando por entre os transeuntes».
Facilitando a deslocação, este dispositivo – que só por si comprova o trabalho já desenvolvido pelo Município no que respeita à mobilidade sem barreiras no centro urbano – potencia igualmente o bom desempenho da Polícia Municipal, dotando-a de maior rapidez no seu trabalho diário.
Com um peso a rondar os 50 quilos, uma velocidade máxima de 20 km/hora e autonomia para 38 quilómetros, os modelos da “segway personal transporter” agora adquiridos estão equipados com um sistema anti-furto, que associa um alarme, o bloqueio das rodas, um sinal visual e a vibração do aparelho.
A “segway” é um meio de transporte de duas rodas paralelas, dirigido a partir do equilíbrio do indivíduo que o utiliza, inventado por Dean Kamen e revelado em Dezembro de 2001.
Utiliza uma rede de sensores, mecanismos e sistemas de controle, que permite o equilíbrio do utilizador: cinco micro-giroscópios e dois acelerómetros estudam as mudanças no terreno e a posição do corpo a uma velocidade de 100 vezes por segundo - mais rápido que a mente humana.
Para que a “segway” avance, o indivíduo só precisa de se inclinar para a frente e para que recue é necessária a inclinação para trás. Para virar, basta oscilar o braço central para o lado pretendido. É eléctrica e utiliza duas baterias Li-ion, que lhe permitem uma autonomia de cerca de 38 quilómetros e uma velocidade máxima de 20 km/h. A carga total é de oito a 10 horas e representa apenas um “kilowatt”.

O XII TROFEO DE NATACIÓN DA DEPUTACIÓN ACOLLERÁ ESTE SÁBADO A DOUSCENTOS NADADORES DE ELITE


PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O delegado provincial de Deportes, José Enrique Sotelo, presentou o programa da XII edición do Trofeo de Natación da Deputación de Pontevedra, que terá lugar este 1 de novembro na Piscina Olímpica Rías do Sur e na que participarán 200 nadadores de alto nivel de Galicia, Madrid e Portugal.
Sotelo mostrou a súa satisfacción por congregar “ós mellores nadadores do momento” neste evento “cada vez máis consolidado”, no que este ano han participar “doce equipos da nosa comunidade, haberá unha representación do club Canoe madrileño e a xa tradicional presenza do club Fluvial Vilacondense de Portugal”.
Haberá dúas modalidades de competición: individual e por equipos. A competición se disputará en forma de eliminatorias (na sesión de mañá) e de finais (na sesión de tarde), salvo a proba de 400 libres masculino e feminino, que disputarán en final directa os 8 nadadores con mellores tempos de inscrición acreditados.
Neste senso, o deputado manifestou que “unha das características do Trofeo, desde a súa fundación, é a de fomentar o traballo de equipo nun deporte tradicionalmente individual, como é o da natación, pois na clasificación por equipos non se teñen en conta os resultados individuais, senón os acadados polos equipos de relevos”.
Premios
En modalidade individual, os deportistas que acaden medalla en cada unha das probas obterán, respectivamente, 120, 60 e 30 euros. Na categoría “Fundación Rías do Sur”, outorgarase un premio especial de 400 euros a quen consiga bater o record galego absoluto nalgunha das probas individuais e se repartirán 200 euros entre os nadadores que consigan superar o record do Trofeo nalgunha das probas individuais. Por equipos, o primeiro obterá trofeo e 1.000 euros. O segundo, trofeo e 700 euros. O terceiro, trofeo e 500 euros. O cuarto, 300, e o quinto, 200.

SEMINARIO DE DIFUSIÓN
DA CULTURA EMPRENDEDORA


VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra, a través da área de Promoción Económica do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios celebrou no día de onte, nas súas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe, o seminario: “Difusión da Cultura Emprendedora”
Este seminario ten como obxectivo principal o de dar a coñecer a novos emprendedores cómo se xeran as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura do emprendedor, mostrando que calquera persoa con ganas e esforzo pode transformar a súa idea nunha empresa viable.
Este seminario, realizado en colaboración co IGAPE, tivo una excelente acollida e contou coa participación dun total de 80 persoas, na súa maioría mozos emprendedores, que ó longo da mañá analizaron e debateron sobre a figura do emprendedor: as súas aptitudes, habilidades, motivacións que se requiren para emprender. Tamén se analizou a idea de negocio e conceptos básicos para a súa transformación nun proxecto de empresa viable que garanta a súa pervivencia no futuro.
Este seminario forma parte dun ciclo de accións formativas organizadas pola Deputación de Pontevedra co obxectivo de fomentar o espírito empresarial e a creación de empresas na nosa provincia. Como complemento deste seminario, o vindeiro día 3 de novembro iniciarase o “Seminario de Planificación Empresarial”, acción formativa de 35 horas de duración dirixido a persoas que teñan unha idea de negocio no cal se explicarán de xeito máis detallado os conceptos básicos para a elaboración do plan de empresa e o estudo da viabilidade económico-financieira.

SEMINARIO SOBRE PRODUCIÓN ECOLÓXICA NO CENTRO COMARCAL DE TABEIRÓS – TERRA DE MONTES

A ESTRADA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza –dependente da Consellaría do Medio Rural– coordina a celebración do seminario “Control de pragas e enfermidades na produción da mazá”, que se vai celebrar o martes 4 de novembro no Centro Comarcal de Tabeirós–Terra de Montes, en horario de 19:00 a 22:00 horas. Esta actividade forma parte dun programa formativo máis amplo dedicado á produción ecolóxica que esta Sociedade pública está a organizar nos centros comarcais de toda Galiza dende o pasado mes de xuño. O obxectivo da Consellaría do Medio Rural con estas actividades é difundir e promocionar a agricultura ecolóxica, tanto a través da formación dos interesados en aplicar estas técnicas de produción, como a través da concienciación dos consumidores para que merquen alimentos máis sans, con menos residuos químicos e elaborados con máis respecto polo medio ambiente.
O obxectivo deste seminario é racionalizar as prácticas de control de pragas e de enfermidades nos cultivos ecolóxicos. A participación neste seminario é gratuíta, aínda que as prazas son limitadas, polo que todos aqueles que estean interesados deberanse inscribir canto antes no centro comarcal a través do teléfono 986 57 51 49/23, do fax 986 57 53 01, ou do correo electrónico cctabeiros@comarcasdegalicia.com.

O BNG anuncia 3,5 millóns nos orzamentos do Estado para a comarca do Condado frente aos 10.000 euros que di o PP

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG, a través da súa Responsábel Comarcal, Sandra Arauxo, informou da consecución, nos orzamentos do Estado, de 3,5 millóns de euros para O Condado. A cantidade forma parte dos 125 millóns logrados polos nacionalistas para Galiza logo do seu acordo co goberno que preside Rodríguez Zapatero.
Segundo Sandra Arauxo, o BNG decidíu destinar 3 millóns de euros para a futura autovía A-57 na súa conexión coa A-52. Os nacionalistas consideran este investimento fundamental para o desenvolvemento de toda a comarca, porque vai facilitar as comunicacións co resto do país por unha autovía libre de peaxe.
O BNG tamén se anota o éxito de resolver unha demanda xa histórica de toda a comarca, a mellora do enlace do Confurco-Cans que contará cunha partida de 500.000 euros no 2009, para solucionar esa conexión da A-52 coa N-120.
Ademáis destes logros, o BNG mantén aberta a negociación co Ministerio de Fomento para a realización de actuacións de seguridade vial e urbanización da N-120 nas zonas con máis densidade de poboación da comarca por onde transcurre este vial.
Os nacionalistas tampouco esquecen que “un investimento de país como os 26 millóns de euros logrados polo BNG para o AVE no tramo Pontevedra-Vigo-fronteira portuguesa tamén van beneficiar aos veciños e veciñas da Comarca”.
Sandra Arauxo destacou que “a presenza decisiva do BNG en Madrid servíu para que os 10.000 euros que criticaban antonte o PP, Nava Castro e Solla, se convertisen en 3,5 millóns de investimentos na comarca grazas ao BNG”. Segundo a responsábel nacionalista “fronte á utilidade para os galegos e galegas do BNG en Madrid que consigue máis cartos nos orzamentos do Estado, temos a un PP que nos 8 anos de goberno de Aznar e agora na oposición foi inútil e non logrou nada para a comarca do Condado”. A nacionalista lembrou que “o enlace do Confurco é unha demanda desde hai 13 anos, gobernaron PSOE e PP e non o fixeron malia as promesas de Rajoy e Fraga desde 1996 e agora cun BNG decisivo en Madrid por fin se consigue”. Arauxo lamentou que o PP “reclame agora de Madrid todo o que puideron facer en 8 anos de goberno amigo e non fixeron”.
O río Tea, de Covelo a Crecente
A nacionalista ironizou tamén sobre a proposta do PP anunciada por Nava Castro para crear un paseo peatonal no Tea desde O Covelo a Crecente. “Estamos preocupados diante da pretensión do PP de desviar completamente o cauce do Tea”.

GALIZA SEMPRE XUNTA ESPECIALISTAS PARA FALAR DO FUTURO DE EUROPA

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- Convocados pola Fundación Galiza Sempre diversos expertos debatirán en Santiago o vindeiro fin de semana acerca do futuro de Europa. O Seminario enmárcase no proceso impulsado pola Conferencia de Nacións sen Estado de Europa (CONSEU) con vistas a definir unha alternativa ao actual modelo europeo e pretende “formular propostas políticas innovadoras e novos argumentos a prol dunha reconstrución de Europa a partir das súas comunidades nacionais, descubrindo as eivas do marco xurídico-político actual”.
As dúas sesións de traballo, tituladas “Deconstruir a Europa inviable” e “Viabilizar a nova Europa” iniciaranse o venres 7 coa intervención de Nelly Maes e Günther Dauwen, Presidenta e director da Alianza Libre Europea EFA-ALE, respectivamente, estando prevista a participación da eurodeputada galesa do Plaid Cymru Jill Evans, de Camilo Nogueira, eurodeputado polo Bloque Nacionalista Galego entre 1999 e 2004, asi como representantes académicos, sociais e políticos de Galiza e de outras nacións sen estado europeas.
A Conferencia de Nacións sen Estado de Europa (CONSEU) é un foro de organizacións políticas, culturais e cívicas co obxectivo común de avanzar cara unha Europa respectuosa coa súa diversidade nacional, lingüística e cultural, e da defensa dos principios democráticos e o dereito dos pobos á autodeterminación.
Xabier Macías, director de Galiza Sempre e integrante do Consello Internacional da CONSEU, explica a necesidade do encontro sinalando que “o recoñecemento dos dereitos colectivos e as alternativas ao actual entramado da Unión Europea requiren novas reflexións en torno a unha Europa concibida como a unión libre de pobos soberanos (unha nova arquitectura institucional), a relación entre cidadanías nacionais e democracia participativa (dereitos civís e sociais para ampliar o poder popular) e o desenvolvemento solidario (co ecosistema, coas xeracións futuras e cos países en desenvolvemento)”.
O Seminario “Outra Europa: a alternativa das nacións sen estado” clausurarase cun acto público o sábado 8 de novembro ás 12:30h no Hotel NH en Santiago onde falarán Aureli Argemí, Presidente do Centre internacional Escarré per a les minories étniques i les nacions (CIEMEN), e Xosé Manuel Beiras, Presidente da Fundación Galiza Sempre.

A FAVEC da o seu apoio a Rubén López

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- La Federación de Asociaciones de Vecinos de Vigo salió en apoyo de Rubén López, el controvertido gerente de la Fundación Provigo que acaba de dejar su cargo. Respetamos integramente el texto de la FAVEC. Dice así :
A Federación Veciñal “Eduardo Chao” quere recoñecer publicamente o incansable traballo do xerente da Fundación Provigo: Ruben López; unha persoa que acaba de ser apartada do seu cargo no tempo que máis se precisa da existencia de entidades volcadas nas grandes infraestruturas da cidade, que sexan capaces de unir á cidadanía e conseguir que as forzas vivas da cidade traballen de forma conxunta e na mesma dirección.
A FAVEC agradece o traballo incansable de Rubén López para facer do aeroporto de Peinador o grande aeroporto de Vigo e da súa área metropolitana. Todos os seus esforzos tiveron merecida recompensa na consecución de tantos enlaces: Barcelona, Londres ou Córdoba; unhas conexións que acaban de desaparecer, en boa medida pola desidia e pola falla de liderazgo dos nosos representantes.

Sentimos que Rubén no poda seguir a traballar en tantos e tantos eidos pendentes do Plan Estratéxico de Vigo que precisamente esta entidade promove. Agradecemos tanta ilusión e o seu traballo impagable para potenciar o aeroporto. Agardamos que quen o sustitúa faga valer o peso da cidade de Vigo e da súa área metropolitana e teña o mesmo espírito de colaboración coa cidadanía de Vigo e coas súas entidades representativas.

Deporte asina convenios con Burela, O Porriño, Muros e Nigrán para dotar de herba artificial os seus campos de fútbol

O PORRIÑO/ NIGRAN (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería e Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, asinará convenios de colaboración cos concellos de Burela, O Porriño, Muros e Nigrán para a realización de obras en campos de fútbol por un valor de dous millóns de euros (1.968.254€).
Estes convenios, que esta mañá foron aprobados polo Consello da Xunta, establecen as bases de colaboración económica para o cofinanciamento das obras, que completará o equipamento deportivo existente nos devanditos concellos e que tentará dar satisfacción á demanda existente de espazos deportivos.
Desta forma, no municipio do Porriño dotarase de herba artificial o campo de fútbol de Torneiros, nunha obra que conta cun investimento total de 749.640 euros. A Dirección Xeral para o Deporte achegará un total de 637.194,68 euros, que repartirá ao cincuenta por cento en dúas anualidades (318.000 euros por ano), mentres que o Concello do Porriño aportará 112.446,12 euros tamén en dous anos. Ademais, o concello deberá por a disposición da Xunta de Galicia a instalación deportiva para posibilitar a actuación pretendida.No Concello de Burela, a actuación consistirá na dotación de herba artificial ao campo de fútbol da Marosa, cun investimento total de 660.324,06 euros, dos cales a Dirección Xeral para o Deporte achegará 561.275,49 divididos en dúas anualidades: En 2008 investirá 267.194,58 euros e no 2009 os 294.080,91 restantes.
O Concello de Burela aportará 99.000 euros e porá a instalación a disposición da Xunta para a realización das obras.
A obra en Muros tamén consistirá na dotación de herba artificial para o campo de fútbol de Esteiro, cun custe total de 607.242,46 euros, dos cales a Consellería de Cultura e Deporte aportará 516.156,09 € (en 2008, 285.000 e ao ano seguinte, 231.156,09 euros).
A última das actuacións, e tamén a máis pequena, é a de Nigrán, que consistirá na consolidación dos noiros (taludes) no campo de fútbol, cun investimento de 298.385,53 euros. A obra desenvolverase, como no caso das anteriores, en dous anos: no 2008 o investimento por parte da Dirección Xeral para o Deporte será de 190.020 euros, mentres que no 2009 será de 63.607,70 euros. Pola súa parte o Concello de Nigrán achegará 44.757,83 euros.

Axenda de actividades das asociacións veciñais de Vigo para esta fin de semana

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Axenda de actividades das asociacións veciñais para esta fin de semana do 31 de outubro - 02 de novembro.
VENRES, 31 DE OUTUBRO
- CELEBRACIÓN DÍA DE SANTOS E DEFUNTOS coa preparación de cabazos. 18.00h, na A.V.C.D. de Lavadores
- SAMAÍN con obradoiro de cabazos, celebración do MAGOSTO; amenizado coa actuación de grupos musicais, teatrais e a pócima Amerghin.
18.00h na devesa de Navia. Organiza a A.V. de Navia
- SAMAÍN no Casco Vello18.00h Obradoiro de cabazos para nen@s.19.00h Animación para nen@s coa Compañía Rivel.20.00h Animación musical. Grupo música tradicional “O Noso Lar” da A.V. “Camiño Vello” de Coia. Na praza do Berbés. Organiza a A.V.C. Casco Vello
SÁBADO, 1 DE NOVEMBRO
- SAMAÍN con obradoiro de cabazos e túnel do terror.19.00 h na A.V.S.C.D. O Freixo
- FIN DO CICLO VALADARES TEATRAL. “Carfax Teatro” porá en escena a obra Lilí Cuartel.20.30h no C.V.C. de Valadares
- Todas as actividades son de valde -

Pérez Bouza lembra que a situación dos xulgados galegos “é de sobrecarga de traballo”

MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A Comisión de Xustiza do Senado aprobou este mediodía, coa abstención do PSOE, unha moción do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, pola que insta ao Goberno a crear xulgados específicos de violencia de xénero en Ourense, Lugo e Ferrol.
En concreto, a iniciativa do BNG insta “ao Ministerio de Xustiza a crear durante o próximo ano de 2009 xulgados exclusivos para atender as denuncias por violencia de xénero nos partidos xudiciais de Ourense, Lugo e Ferrol”.
Ademais, a moción aprobada hoxe precisa que “a posta en funcionamento destes xulgados debe levarse a cabo polo Ministerio de Xustiza á marxe das 9 unidades xudiciais de nova creación que lle corresponderon a Galiza para o próximo ano”.
Situación de desbordo nos xulgados galegos
Pérez Bouza criticou que a proposta actual do Ministerio de Xustiza para 2009 “é irreflexiva e carente de rigor, xa que non contempla a creación de xulgados exclusivos de violencia de xénero, comarcalizados ou non, en Ourense, Lugo e Ferrol, sen ter en conta a carga de traballo e a situación na que están inmersos os xulgados de instrución ordinarios destes partidos xudiciais, que na actualidade están asumindo estas funcións”.
Así, lembrou que o xulgado de instrución número 3 de Ourense, que tamén é competente en materia de violencia contra a muller, rexistrou unha entrada de 6.326 asuntos, polo que, a pesar do grande esforzo dos funcionarios e das medidas de reforzo postas en marcha pola Xunta de Galiza, o número de casos pendentes elevouse dos 1.290 que tiña a comezos de 2007 aos 1.929 procedementos pendentes na actualidade.
Subliñou que a situación “é especialmente alarmante en Ourense, xa que recentemente abríuselle un expediente a un funcionario deste xulgado por suposta irresponsabilidade na caducidade de varios expedientes xudiciais, cando “o traballador é un funcionario exemplar e a verdade causa é a situación de desbordamento que padece o xulgado”.
Igualmente, lembrou que o xulgado de instrución número 3 de Lugo incrementou a súa pendencia nun 170%.
Ourense, Lugo e Ferrol cumpren os criterios para teren estes xulgados
Neste sentido, o senador do BNG advertiu de que “non vale a desculpa do Ministerio de Xustiza que pretende xustificar a non creación de xulgados de violencia de xénero en Ourense, Lugo e Ferrol asegurando que están a anos luz do ratio de 1.200 dilixencias previas anuais que establece o Consello Xeral do Poder Xudicial”.
Pérez Bouza subliñou que “ese é un tope máximo, pero non existe un tope mínimo” e demostrouno revelando que “as dúas terceiras partes dos xulgados exclusivos de violencia de xénero que se levan creando no Estado español non chegaban, nin como moito, ás 1.200 dilixencias previas”.
Así, e segundo os dados das estatísticas anuais do propio Consello Xeral do Poder Xudicial, Paterna tivo 340; Torrent 552; Badajoz 441; Parla 396, Getafe 462; Arganda de Rey 347; Logroño 477 ou Oviedo 281 dilixencias previas.

Por iso, o senador do BNG insistiu na necesidade de que o Ministerio de Xustiza “teña en conta outras variábeis, tales como a situación de colapso na que se atopan os xulgados de instrución ordinaria que tramitan tamén causas de violencia de xénero, ou as xornadas que guardia que teñen que realizar os profesionais destes xulgados”.

AS ESCOLAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN ARRANCAN A VINDEIRA SEMANA NA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE


PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A vicepresidenta provincial, Teresa Pedrosa, o delegado de Deportes, José Enrique Sotelo, e a directora da Cidade Infantil Príncipe Felipe, Zoila Paz, presentaron este mediodía as Escolas Deportivas de Pontevedra, promovidas polo organismo provincial, que arrancan a vindeira semana nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe.
En verbas do deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, as Escolas Deportivas que a Deputación porá ó alcance de todos aqueles nenos que se queiran inscribir, de xeito gratuíto, serán de Xudo, Patinaxe, Fútbol Sala e Tenis de Mesa.
Neste senso, Sotelo recoñeceu a súa satisfacción con esta iniciativa “que arrancou o ano pasado e que serviu para que máis de 1.600 rapaces se iniciasen ou perfeccionasen na práctica do deporte, co que nun só ano xa temos sido capaces de chegar a 30 concellos da provincia, e que vai medrando progresivamente”.
Actividades complementarias
A vicepresidenta, Teresa Pedrosa, comentou pola súa banda que “tamén haberá outras actividades para os nenos, ademáis das deportivas, como baile, inglés, informática ou obradoiros de debuxo, manualidades, teatro, reciclaxe que se irán programando mes a mes”.
Estas actividades, explicou a directora do centro, Zoila Paz, “só terán un costo anual de 30 euros, e permitirán ós rapaces ter acceso a aulas informatizadas con equipamentos de última xeración, por exemplo, entre as múltiples actividades que poden desenvolver”.
Pedrosa felicitouse por esta iniciativa “que promoven ós departamentos de Deportes e Acción Social na procura da conciliación da vida familiar e laboral, pero que tamén ha servir para dar unha educación os nosos rapaces, tanto deportiva como cultural”.

Iolanda Veloso reforza nos orzamentos de Igualdade e Xuventude -de Vigo- o apoio aos espazos de lecer educativo

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A concelleira de Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, salientou este xoves que os orzamentos das súas concellerías manteñen un “crecemento sostible”, acorde co resto das áreas do BNG. Ademais, a edil nacionalista destacou a inclusión de dúas partidas, na Concellería de Xuventude e na de Igualdade, que teñen a finalidade de “subvencionar espazos de lecer educativo”.
“Nestes tempos de crise que afectan aos sectores máis desfavorecidos da sociedade, temos que facer un esforzo por atender ás demandas da cidadanía e manter a prestación de servizos”, explicou Iolanda Veloso, quen sinalou que neste sentido, os orzamentos destacan pola súa contención, de xeito que presentan un “crecemento equilibrado”, nos que se valora que partidas deben crecer. Ao respecto, a concelleira do BNG salientou que as Concellerías de Xuventude e Igualdade inclúen unha nova partida co obxectivo de subvencionar os espazos de lecer educativos, dotada con 36.000 euros en cada departamento, nun contexto de alta demanda dos servizos de ludotecas. “As asociacións que ofrecen este tipo de servizos terán a posibilidade de solicitar axudas, que poderán ser asumidas tanto por Igualdade como por Xuventude”, indicou.
Iolanda Veloso destacou que con esta iniciativa quérense ofrecer mecanismos que permitan “conciliar a vida laboral e familiar”. Así indicou que, en función dos gastos das ludotecas da Casa da Xuventude e Coia, calcúlase que as dúas partidas servirán para subvencionar un total de seis ludotecas. Así mesmo a concelleira de Xuventude salientou que se manteñen as ludotecas da Casa da Xuventude e Coia mellorando o seu servizo, así como o convenio coa asociación Hoy por mañana. Por outra banda, no tocante á Concellería de Xuventude, que conta cun orzamento total de 1.288.930 euros, Iolanda Veloso salientou que destinará un “investimento importante” para mellorar os locais de ensaio que xa existen e na preparación dun proxecto de creación de novas infraestruturas. “A de Xuventude é a área que máis medra, cun incremento cifrado no 17 por cento”, sinalou.
En canto a Igualdade, a edil do BNG explicou que un dos obxectivos da súa concellería radica en “seguir apostando pola sensibilización para superar as desigualdades na nosa sociedade”, así como prestar servizo ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Neste sentido indicou que aínda que Vigo é unha cidade “pioneira no país no traballo a prol da igualdade”, é preciso levar a cabo unha avaliación dos plans municipais desenvolvidos nos últimos anos que permitan elaborar un novo plan. Así, a concellería contará cunha partida de 75.000 euros para desenvolver un Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades e outra partida dotada con 90.000 euros para o Plan Municipal contra a Violencia de Xénero. Ademais, Vigo terá unha rede municipal de acollida destinada ás mulleres vítimas dos malos tratos integrada por un centro de emerxencia e tres pisos que a Consellería de Vivenda cedeu ao Concello vigués. En total, salientou Iolanda Veloso, o orzamento da Concellería de Igualdade ascende a 1.229.547 euros.
No tocante á Normalización Lingüística, Iolanda Veloso lembrou que o verdadeiro impulso produciuse no documento anterior, cando a concellería duplicou o seu orzamento, mentres que para o 2009 contará con 271.000 euros. “Queremos traballar para que as campañas sirvan realmente para sensibilizar á sociedade mediante a colaboración con outras entidades”, dixo a concelleira, quen indicou que xa se está a desenvolver un convenio coa Universidade de Vigo. Sinalou que tamén se está a levando a cabo unha campaña explicativa nos centros educativos sobre o decreto de normalización lingüística. “A campaña baséase na idea de que a educación plurilingüe enriquece e ofrece mellores oportunidades”, explicou a edil do BNG, ao tempo que salientou que no noso país “temos a sorte de ter unha lingua propia”, o cal debe ser visto como un “valor engadido”. Respecto a esta concellería indicou tamén que 70.000 euros destinaranse ao Consello Social da Lingua, no que están integrados todos os sectores da cidade, co obxectivo de “chegar a toda a cidadanía”.

Homenaxe ao xuíz Orencio Pérez no décimo aniversario do seu pasamento

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- No décimo aniversario do seu pasamento, mañá 31 de outubro ás 13 horas, no edificio dos Xulgados, terá lugar unha homenaxe ao xuíz Orencio Pérez González, segundo anunciou este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López. O edil do BNG explica que con esta homenaxe darase cumprimento un acordo plenario de 1999 polo que se acordou aprobar por unanimidade unha moción conxunta na que se acordaba dar o nome de "Praza do Xuíz Orencio Pérez González" ao espazo situado fronte ao edificio dos xulgados da rúa Lalín de Vigo.
“O acto, que tamén incluirá a colocación dun busto do xuíz, quere recoñecer o traballo desenvolvido por Orencio Pérez González como impulsor da lingua galega no ámbito xudicial”, subliña o concelleiro nacionalista. Así, o acordo plenario do 25 de xaneiro de 1999, sinala que Pérez González foi “un galego comprometido coa súa terra, a súa cultura e a súa lingua”, así como un “animador incansable da normalización lingüística no ámbito xudicial”. Como impulsor da utilización da lingua galega no ámbito xudicial, redactou as súas sentenzas en galego (2.856 sentenzas), e ten na historiografía da lingua galega un posto importante, “ao carón do Cura de Fruime, de Xoán Manoel Pintos, de Lamas Carvajal e tantos outros, todos eles dunha obra literaria quizais menor respecto doutros, pero decisiva no rexurdimento cultural de Galicia”.
A actividade iniciarase ás 13:00 horas cun acto académico no edificio de Xulgados (rúa Lalín, 4), no que participarán ademais do concelleiro de Cultura, o maxistrado da Audiencia, Xosé Xoán Barreiro Prado; o fiscal superior de Galicia, Carlos Varla García, o presidente da Asociación de Funcionarios, Xoaquín Monteagudo Romero, o xefe superior de Policía de Galicia, Luís M. García Mañá, o decano do Colexio de Avogados, Alfonso Álvarez Gándara. Ademais, terá lugar a descuberta dun busto de bronce sobre pedestal de granito do país na propia praza Xuíz Orencio Pérez González, diante do edificio de Xulgados). Así mesmo, no acto presentarase o libro “Orencio Pérez González, a vocación galeguista dun xuíz” editado para homenaxear ao maxistrado no décimo aniversario do seu pasamento, co gallo da descoberta do seu monumento e no que se recolle unha escolma de artigos do xuíz publicados no Faro de Vigo sobre diversos temas e diversas colaboracións e prólogos.

MÉNDEZ ROMEU ASEGURA QUE A XUNTA GARANTE O FUNCIONAMENTO DA FUNDACIÓN SEMANA VERDE E CUBRE AS SÚAS NECESIDADES DE FINANCIAMENTO

SILLEDA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e presidente da Fundación Semana Verde de Galicia, José Luis Méndez Romeu, afirmou que “a Xunta está cubrindo as necesidades de financiamento puntuais que se teñen presentado nos últimos meses e continuará facéndoo para garantir o funcionamento da Fundación”. O titular de Presidencia fixo hoxe estas declaracións trala reunión do Padroado da mesma.
Tamén informou de que nas próximas semanas se levará a cabo o proceso de selección e contratación do director xeral, que deberá ser titulado universitario, con experiencia no mundo feiral e empresarial a nivel de organización de eventos e con dominio de idiomas. Será seleccionado, segundo afirmou o conselleiro, mediante un proceso mixto a través de currículo –que se valorará cun 60%- e entrevista –valorada cun 40%.
Desta maneira, Méndez Romeu prevé que para “mediados de decembro” se poida realizar a designación formal do mesmo por parte do Padroado. Polo tanto, xunto co remate dos traballos do plano de viabilidade, a principios de ano abrirase “unha nova xeira” na Fundación, dixo. Neste sentido, engadiu que “a partir de principios de ano será o novo director xeral quen marcará as liñas de traballo, o tipo de feiras e o calendario que se debe abordar”.
Feira Internacional Semana Verde
O conselleiro anunciou que a Feira Internacional Semana Verde terá lugar a partir do 19 de novembro e seguirá unha pauta semellante á de anos anteriores, inda que cunha redución do número de expositores froito da situación económica xeral. De feito, avanzou que hoxe se aprobou o plan de medios para iniciar “inmediatamente” os traballos de publicitación da mesma. Ademais, o mandatario autonómico asegurou que se mantén a celebración do resto de actividades previstas como as feiras do turismo ou de maquinaria agrícola.
Méndez Romeu declarou que haberá ao redor de 200 expositores nunha superficie duns 10.000 metros cadrados, que os expositores presentes serán os máis importantes do sector que teñan capacidade de facer negocio na propia Feira e que se agarda que o volume de transaccións comerciais sexa semellante ao doutros anos. Ademais, o conselleiro explicou que debe tender a ser unha feira profesional vencellada ás necesidades comerciais xa que as feiras abertas ao grande público están en retroceso, sen prexuízo de que poidan existir actividades puntuais deste tipo.
O titular de Presidencia dixo que na reunión do Padroado foron abordados outros asuntos como a aprobación de distintos procedementos de funcionamento, normas de contratación ou a elaboración do plan de viabilidade. Neste sentido, o conselleiro opinou que o plan de viabilidade debe estar listo a comezos do 2009 e que nel deben reflectirse as vías fundamentais de actuación, de financiamento e as actividades susceptibles de mellorar a ratio de autofinanciamento da sociedade e demais aspectos propios dunha actividade feiral. Para iso, “o Padroado está traballando de xeito unánime na aprobación destes obxectivos”, asegurou.

O CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA SUBLIÑA QUE A CURTO PRAZO NON SE PREVÉN INCENTIVOS ECONÓMICOS PARA OS EMPREGADOS PÚBLICOS

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- En relación ás declaracións publicadas hoxe na prensa, o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, subliñou que “nin está en revisión o proceso de retribucións dos empregados públicos a ningún nivel nin está previsto establecer ningún tipo de incentivos económicos a curto prazo distintos dos xa existentes”. O titular de Presidencia fixo hoxe estas declaracións en Silleda tras asistir a unha xuntanza do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia.
Méndez Romeu explicou que no sistema actual de retribucións dos empregados públicos xa existen conceptos ligados ao posto de traballo, á categoría profesional e mesmo vinculados á produtividade, inda que o xeito de entender a produtividade no sector público é bastante diferente que no privado, afirmou.
O conselleiro lembrou que a lexislación actual neste eido está baseada nunha norma novidosa –o Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP)- aprobada polo Goberno central no ano 2006 e que inda non foi desenvolta nin no marco estatal nin en ningunha Comunidade Autónoma xa que isto se realizará de xeito “lento”, “complexo” e “consensuado” tanto cos poderes territoriais como cos representantes dos traballadores públicos.

PINTADO DUN GRAN MURAL NO ESPIGÓN DO PORTO DE A GUARDA

A GUARDA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra resolveu conceder ó Concello de A Guarda unha achega de 6.000 euros, que supón o 50% total da operación, para contribuír a embelecer o espigón do porto municipio, mediante o pintado dun gran mural no espigón do porto có obxecto de mellorar a súa estética sobre o paisaxe para convertelo nun novo recurso cultural de primeira magnitude.
O pintado artístico do mural do porto realizarase, nos meses de verán, en colaboración entre o artista responsable da actividade e cidadáns afeccionados ás Artes Plásticas.
Esta axuda englóbase no Programa de Acción Municipal. Segundo as bases reguladoras do PAM para o exercicio de 2008, a subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, de xeito que non se pode modificar o destino nin a contía da partida.
As obras que se acollan a este plan deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2009, de non ser así, procederase á anulación da subvención concedida. Ademais, os servizos técnicos provinciais poderán comprobar en todo momento o proceso de execución dos traballos.
Son os alcaldes de cada concello quen deciden qué actuacións son as máis necesarias para executar nos municipios dentro do Programa de Acción Municipal. O reparto para calcular a dotación que lle corresponde a cada entidade municipal establece un peso do 50 % do criterio poboacional e un peso doutro 50 % do criterio territorial.

A DEPUTACIÓN AXUDA Ó CENTRO SOCIAL DE CELA DE BAREDO, BAIONA, PARA FINANCIAR AS OBRAS DE ACCESO E SANEAMENTO DO CAMPO DE FÚTBOL

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación de Pontevedra ven de conceder unha subvención de 12.000 euros ó Centro Cultural, Social e Deportivo de Cela de Baredo (Baiona) que servirá para acometer a primeira fase das obras de acceso ó campo de fútbol de Baredo.
O devandito centro dispón dunhas instalacións deportivas cedidas pola Comunidade de Montes de Baredo, nas que se atopan unha pista de tenis, campos de baloncesto, futbito e fútbol, dotado de céspede de última xeración.
O centro é obxecto de uso moi frecuente, sendo utilizado por escolares, equipos locais e particulares en partidos, aproveitando o rendemento que ofrecen estas instalacións.
Non obstante, as infraestruturas resultaban incompletas sen o adecuado axeitamento dos accesos que a rodeaban, por este motivo, o organismo provincial atendeu á petición do centro para dotalo da infraestrutura necesaria para o seu correcto acceso.
Esta colaboración económica procede do Plan de Acción Comunitaria (PAC) da Deputación que ten como obxectivo colaborar coas agrupacións veciñais da provincia en aspectos relacionados coa mellora do medio rural e dos barrios mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles.

Xornadas en Construcción
continúan en Vigo

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Hoxe, en Vigo (Auditorio do Centro Social Caixanova. Rúa Policarpo Sanz, 24-26) continúan as Xornadas En Construción: Arquitectura, xénero e cidadanía, coorganizadas pola Consellería de Vivenda e Solo e pola Vicepresidencia da Xunta.
Programa: Venres 31
- 10,00 horas, relatorio da arquitecta Pascuala Campos sobre “O concepto dos límites na arquitectura”.
- 11,00 horas, relatorio da arquitecta Amparo Casares sobre “As normas do hábitat”.
-12,30 horas, intervención da arquitecta madrileña Izaskun Chinchilla co relatorio “Unha nova xeración de arquitectas: unha nova xeración de arquitectura?”
- 13,30 horas, relatorio da arquitecta Elena Maure sobre “A rehabilitación do Casco Vello de Vigo”.
- 16,30 horas, a arquitecta Isabela Velázquez fará unha ponencia sobre “A cidade para todas e todos: das ideas ás boas prácticas”
- 18,30 horas, mesa redonda a cargo das arquitectas Marisé Lasaosa e Pilar Cos.

DAVID: “EL GOL ME DA CONFIANZA, CREO QUE ME LO MERECÍA POR EL TRABAJO QUE ESTABA HACIENDO”

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- David Rodríguez fue uno de los protagonistas del partido de Copa ante el Espanyol, ya que anotó su primer gol con la camiseta celeste: “ya estaba tardando y creo que me lo merecía por el trabajo que estaba haciendo. Me da mucha confianza porque no venía jugando y para demostrarme a mí mismo que no se me ha olvidado marcar”. El delantero afirmó que “no me arrepiento de haber fichado por el Celta. Yo salí de Salamanca porque quería crecer como futbolista y creo que lo he hecho viniendo a un equipo de esta categoría”.
“Es Importante marcar para un delantero. ya estaba tardando y creo que me lo merecía por el trabajo que estaba haciendo. Contento, pero no del todo porque el equipo mereció ganar. Es un empate que nos deja con vida y vamos allí con toda las garantías”. Fue la primera reflexión del delantero céltico David Rodríguez, quien describió su primer gol con la camiseta celeste: “Fue un buen centro de Óscar. Me desmarqué bien, engañé al central y pude rematar solo y marcar. Al final lo importante es que el balón entró. Me da mucha confianza porque no venía jugando y para demostrarme a mí mismo que no se me ha olvidado marcar”.
Sobre el partido ante el Espanyol, indicó que “Los primeros 20 minutos el equipo dio la sensación de que sabe jugar. Cuando un equipo se agrada llegan las ocasiones y los goles. En este equipo hay mucha calidad y jugando como jugamos ante el Espanyol vamos a conseguir buenos resultados seguro”.
“A un equipo de primera le dejas cualquier oportunidad y te la marcan. Hay que enmendar esos errores porque nosotros tenemos que hacer muchas cosas para hacer goles y parece que los contrarios no necesitan muchas oportunidades para que nos marquen. Al final lo importante es que la portería este a cero pero no solo los defensas sino todos los jugadores. Hay que arreglar eso para que el equipo contrario no te haga gol”, añadió.
El ariete celeste destacó que “yo cuando recibo un gol me siento fastidiado porque soy el primer defensa. No hay que dejar a los rivales que jueguen a la pelota porque ante el Espanyol se vio que en Primera tienen mucha calidad, pero en Segunda también hay calidad y eso hay que arreglarlo entre todos para que el equipo contrario no tenga tantas facilidades para hacernos gol”.
David Rodríguez jugó la pasada temporada en el Salamanca, donde dejó un grato recuerdo, próximo rival del Celta: “Me voy a encontrar con amigos y tengo un gran recuerdo del Salamanca porque fue un buen año para mí. El domingo ojalá me toque jugar. No voy a pensar en el Salamanca, si no en el equipo en el que estoy. Tenemos que conseguir la victoria para situarnos ya en la mitad de la tabla y ver las cosas con un poco más de tranquilidad”.
más, defensivamente son muy fuertes y es difícil hacerles un gol.
El delantero de Talavera subrayó que “no me arrepiento de haber fichado por el Celta. Yo salí de Salamanca porque quería crecer como futbolista y creo que lo he hecho viniendo a un equipo de esta categoría”.

30 octubre 2008

O PP de Salceda denuncia irregularidades no cobro das taxas por venda ambulante no mercadiño semanal


SALCEDA DE CASELAS (MORRAZO-tribuna) .- O Partido Popular de Salceda de Caselas denuncia a polémica sobre a forma de cobro das taxas ós vendedores do mercadiño semanal da localidade. O vicepresidente da nova xestora do PP salcedense, Santiago Rodríguez Davila, informou hoxe de que "dende o mes de Febreiro deste ano o Concello non está a cobrar as taxas ós vendedores ambulantes por montar os seus postos no mercadiño municipal. No pleno do mes de Agosto aprobouse a modificación da ordeanza da venda ambulante, polo que queren cobrarlles una cuota única, dende o mes de Febreiro de 2008 ata o vindeiro Decembro, o que nos parece unha auténtica irregularidade, posto que moita xente non viu todos os días ó mercado e no lugar desas persoas sí montaron os seus postos outros comerciantes". "Antes cobrábase cada día de mercado", continuou explicando Rodríguez Davila, "e ademais o goberno municipal notificoulles ós vendedores no mes de Agosto que se lles concedían os seus postos a partires desa data, polo que non pode ser que agora queiran cobrarlles dende Febreiro, mes no que deixaron de ir cobrar posto a posto. Deste xeito o goberno non pode argumentar que alguén se negase a pagar, xa que foron os responsables do Concello os que non acudiron a realizar os cobros".
O vicepresidente dos populares salcedenses quixo aportar tamén algúns datos informativos sobor do custe que supón instalar un posto ambulante nos mercadiños de Salceda e A Garda para aportar unha visión comparativa dos prezos en cada un dos concellos. "Na Garda págase por 8 metros 110 € cada 3 meses, o que supón un total de 440 € Ano, saíndo o metro a 55 € anuais, nun mercado que se celebra os sábados e onde as horas fortes de venda son de 10:30 a 14:00 horas. E en Salceda págase por 6 metros 306 € anuais, co que o prezo dun metro ó ano é de 51 €, celebrándose a feira os mércores con máxima afluencia entre as 10:30 e as 12:30 horas", informou Santiago Rodríguez. Tamén explicou nun comunicado que "mantívose unha reunión co Alcalde, logo de movilizarse os comerciantes, na que se lles dixo ós que tiñan contratados 4 metros que podían montar postos de 6, que o Concello non se ía por a medir ditos metros, é dicir, que podían ocupar 6 metros que tan só se lles cobraría por 4", o que a Rodríguez lle parece un "pésimo exemplo da administración pública ós cidadáns".
Segundo Santiago Rodríguez, o Alcalde nacionalista, Marcos Besada, "intentou manipular ós comerciantes, xa que mantivo por separado unha reunión coa etnia xitana e outra cos demais. Nesa reunión o seu comportamento foi autoritario e a súa actitude desafiante e maleducada, xa que non deixaba case nin falar os alí presentes, unhas 8 persoas, e atacaba directamente a unha compañeira da xestora do PP que estaba presente coma unha vendedora máis e non coma representante do partido". Dí Rodríguez Davila que "dende o Concello tamén amenazaron ós comerciantes ambulantes con que se non pagaban o vindeiro mércores non montarían os seus postos, polo que houbo algúns que sí pagaron, aínda que foron unha minoría".
Nestes momentos ningún comerciante dos que non pagaron o está a facer, xa que todo está a espera de que os gobernantes aclaren a situación a primeiros do ano próximo, "polo que poderían volver as manifestacións a partires de Xaneiro", dí Rodríguez Davila quen tamén informou de que o PP mantivo conversas o pasado mércores no propio mercado con varios vendedores "e todos nos manifestan o seu mal estar coas formas e actitude prepotente deste goberno da Nova Salceda“. Rodíguez tamén quixo deixar claro no seu comunicado "que si se leva a cabo o aprobado e non se negocia, moitos vendedores ambulantes marcharán ó mercadiño de Tomiño que tamén se celebra os mércores, polo que en lugar de potenciar o comercio o que fan é diminuílo, co que iso pode conlevar para Salceda, xa que o do mercadiño é o único día que poden facer algo de caixa o resto dos comerciantes 'fixos' do municipio". Por iso o PP manifesta a sua preocupación polo posible empobrecemento do mercado da Esfarrapada, celebrado os mércores en Salceda de Caselas.

Revista de prensa tras el empate del Celta ante el Espanyol en la Copa del Rey

Pulse sobre la informción que le interese...
Una defensa de chiste lastra al Celta Faro de Vigo, Portada (jueves, 30 de octubre de 2008)
Los errores defensivos privan al Celta de noquear al Espanyol La Voz de Galicia.es, Deportes (jueves, 30 de octubre de 2008)
El Espanyol no sentancia en Balaidos elespanyol.com, Noticias (jueves, 30 de octubre de 2008)
El Celta mejora su imagen y hace tablas con el Espanyol El Correo Gallego, Deportes (jueves, 30 de octubre de 2008)
El Celta planta cara al Espanyol Que.es, Vigo (jueves, 30 de octubre de 2008)
El Espanyol falla en defensa y empata con el Celta en la Copa el Periódico.com, Deportes (jueves, 30 de octubre de 2008)
El Celta pierde su credibilidad en dos minutos horribles en defensa deportedevigo.com, Portada (jueves, 30 de octubre de 2008)
Copa: Celta salva empate ante Espanyol (2-2) EsFutbol, Noticias (jueves, 30 de octubre de 2008)
2-2. Celta y Espanyol firman tablas y se jugarán el pase en Barcelona soitu.es, Deportes (jueves, 30 de octubre de 2008)
Celta y Espanyol empatan en un partido con muchas alternativas Deportes Orange, Espanyol (jueves, 30 de octubre de 2008)
Celta y Espanyol se lo dejan todo para la vuelta MARCA.COM, Celta (jueves, 30 de octubre de 2008)
Buen partido del Celta y corto empate ante el Espanyol celtavigo.net, Noticias (jueves, 30 de octubre de 2008)

BNG condena enerxicamente
o atendado de ETA

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- O Bloque Nacionalista Galego quer expresar a súa máis enérxica condena perante o último atentado de ETA e manifestar a súa firme convicción de que a violencia terrorista é unha mostra de barbarie irracional que repugna a conciencia de todas as persoas de ben.
O BNG quer trasladar a súa solidariedade ás vítimas deste atentado, que felizmente non se cobrou nengunha vida, e desexa tamén expresar que o futuro de Euskadi debe ser decidido polos vascos e polas vascas, os cales en nengún caso poden estar condicionados nen polas bombas nen polas pistolas.
O Bloque Nacionalista Galego fai, máis unha vez, un chamamento á unidade dos e das demócratas contra a ameaza do terror, nun acordo que non exclúa a nengunha das forzas políticas con representación parlamentaria.

Suárez Canal inaugura
a Aula da Natureza en Bueu

BUEU (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, acompañado do alcalde de Bueu, Félix Juncal, e do delegado provincial, Gonzalo Constenla, inaugura este venres a Aula da Natureza deste municipio e, a continuación, realizan unha visita á Casa da Aldea, en Meiro, ambos os dous proxectos financiados con fondos de desenvolvemento rural e que, neste último caso, serviu para a recuperación da tradición do cultivo do millo corgo.

O festival Are More iníciase este xoves coa actuación de Diego el Cigala


VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O festival de música Are More 2008, que cumpre a súa novena edición, abrirá hoxe xoves, 30 de outubro, coa actuación de Diego el Cigala no Teatro Salesianos. O ciclo adicado ás mulleres e a homenaxe ao compositor Eduardo Soutullo conforman alunhas das novidades desta edición que terá o concerto de clalsura o martes, 16 de decembro coa interpretación do "Canto negro espiritual. Bridget Bazile & The Monnwalk Singers " na igresa María Auxiliadora.

DIEGO EL CIGALA
O cantaor Diego el Cigala volve rodearse dalgúns dos mellores músicos de jazz latino para a gravación do disco Dúas Bágoas cuxos temas interpretará hoxe en Vigo. Ten como concepto dar continuidade ao Lágrimas Negras no que traballou con Bebo Valdés. Diego el Cigala encargouse da produción do disco e contou con case unha decena de colaboracións de primeiro nivel internacional. O piano sabio de Guillermo Rubalcaba, fillo e pai de pianistas cubanos ilustres.O disco está cheo de sorpresas. Unha delas é o Caruso de Lucio Dalla. El Cigala asegura haberse namorado dese tema na voz de Luciano Pavarotti. A versión que inclúe Dúas Bágoas define moi ben o espírito ecléctico e universal do disco, pois -sendo un tema italiano - está gravado coa estrutura dun tango arxentino, coa voz dun cantaor madrileño, un pianista catalán, o contrabaixo dun cubano e o bandoneón dun francés.

O concerto de hoxe terá lugar no Teatro Salesianos, ás 20:30 horas, cun prezo de entrada de 20 euros.

Intensa actividade no CENTRO VECIÑAL
E CULTURAL DE VALLADARES

PROGRAMA do mes de NOVEMBRO :
Día 1, sábado, ás 20.30 h.
Fin do Ciclo “VALLADARES TEATRAL”
“CARFAX” TEATRO (Culleredo) porá en escena a Obra “Lilí Cuartel”.
PATROCINAN: Consellería de Cultura e Deprte, da Xunta de Galicia. “Fegatea”
Día 8, sábado, a partir das 21.30 h.
GRAN MAGOSTO
Haberá castañas asadas e viño para acompañar, ademais de unha boa sesión de música folclórica, a cargo das actividades musicais do Centro.
-
9º CERTAME DO HUMOR
Domingos, días 9 e 16, ás 18.30 h.
Aquelas persoas que teñan vena humorística: chistes, contos, mímica, imitacións, ilusionismo, etc., poden presentarse tódolos martes –ata o día 4 de novembro, inclusive- nas oficinas do Centro, de 21.00 h a 21.30 h. para facer unha mostra das súas habilidades.
Ademais, contaremos con invitados de excepción :
SAN & SAN Teatro (programa LUAR, da TvG). O “contacontos” CELSO de Lalín (gran triunfador o ano pasado neste mesmo Certame), que participa dentro da programación de LETRAS VIVAS.
-
PROGRAMACIÓN DE SANTA ICÍA
(Patrona dos Músicos)
Día 15, sábado, ás 20.00 h.
MOSTRA DE CORAIS
Coral “VIRXE DO MAR” (Cedeira)
Coral do C.S.C.R. de BEADE
Asociación Cultural “Estrelas de Silveirinhos” (PORTUGAL)
Coral do C.V.C. DE VALLADARES
PATROCINAN: Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. “FECOGA”
Día 22, sábado, ás 20.00 h.
ESCOLA DE MÚSICA DE VALLADARES.
Día 23, domingo, ás 12.00 h.
Misa de SANTA CECILIA, cantada pola CORAL POLIFÓNICA DO C.V.C. DE VALLADARES. De seguido, procesión.
-
Día 29, sábado, ás 19.00 h.
MISA POLOS SOCIOS DEFUNTOS.
Na igrexa parroquial de Santo André de Valladares.
Será cantada pola CORAL POLIFÓNICA DO C.V.C. DE VALLADARES
Día 30, domingo
SANTO ANDRÉ: Festividade do santo Patrono, con Misa ás 12.00 h., seguida de procesión. Durante todo o día…FESTA, moita FESTA.
-

29 octubre 2008

Copa do Rei : o Celta non pasa do empate co Espanyol (2-2)

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Dous erros, dous despistes e... en boa lóxica foise o soño copero, ainda que resta todavía o xogo de volta no Montjuich. O caso é que o Celta empatou 2-2 co Espanyol, marcador final que deixa á turma celeste nunha situación moi complicada para avanzar no torneo da Copa do Rei.
Foi o Celta -que xogou con moito entusiasmo- quen se adiantou no marcador co primeiro gol, obra de David Rodríguez, pero tamén foi o equipo celeste o que volveu conceder dous goles dos chamados de despiste e todo en apenas dous minutos servindo isto para que o Espanyol dése a volta ao partido.
Ainda así, a melloría do Celta na segunda parte non foi válida, despois do empate de Roberto Lago e un remate de Peña ao traveseiro ao final do partido, para conquerir o ansiado triunfo. 2-2 resultado final despois de 4 minutos de prolongamento.
2-R. C. Celta de Vigo: Falcón; Edu Moya, Rubén, Peña, Roberto Lago; Oscar Díaz (Maris, m.82), Rosada, Danilo (Dani Abalo, m.67), Renán (Jonathan Vila, m.61) ; Trashorras, David Rodríguez.
2-R.C.D. Espanyol: Cristian; Sánchez, Moises, La Cruz, David García (Bernaguer, m.77); Rufete, Lola, Román (Corominas, 77) , Valdo; Jonathan (Angel, m.67) Callejón.
Goles: 1-0. m.10. David Rodríguez. 1-1. m.21. Callejón. 1-2. m.25. Valdo. 2-2. m.76. Roberto Lago
Árbitro: Turienzo Álvarez (colexio castelán-leonés). Amonestó con carton amarelo aos xogadores do Celta, Peña, Rosada, e ao espanyolista David García.
Incidencias: xogo correspondente a fase de ida dos dezaseisavos de final da Copa do Rei, disputado no municipal de Balaídos ante 6.642 espectadores, según indican os datos da responsable de Márketing do Celta.

El mal tiempo en el mar
también afectará a la costa de Pontevedra

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza avisa dun episodio meteorolóxico adverso por mar de fondo e mar de vento que afectará ás augas costeiras das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra a partir do mediodía de mañá. O mar de fondo, de compoñente noroeste, poderá acadar os 4 ou 5 metros de altura e o mar de vento dará lugar a áreas de mar moi grosa, o que motivará, segundo as prediccións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a activación da alerta laranxa.
Igualmente, agárdase a presenza doutro fenómeno meteorolóxico adverso de baixa intensidade (nivel de alerta amarelo) provocado polo vento, que afectará aos concellos costeiros a aos puntos altos do interior de Galicia. Seguindo as informacións recibidas do Centro Meteorolóxico Territorial da AEMET, o vento en terra soprará en dirección noroeste con refachos que poderán acadar os 80 Km/h.
A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, alertou aos concellos costeiros das provincias afectadas, aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia e aos clubs náuticos. Desta maneira agárdase que se adopten as precaucións oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.
A Dirección Xeral de Protección Civil tamén quere recordarlle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción, como evitar achegarse a diques ou rompentes -co fin de previr un eventual golpe de mar- e retirar os obxectos que poidan caer á rúa dende os tellados, balcóns e fiestras. Así mesmo, aconséllase aos conductores adecuar a velocidade ás condicións das estradas. Por outra banda, recoméndase consultar a información actualizada sobre o estado das estradas e a páxina web do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Vistazo rápido a la actualidad de Vigo reflejada en los periódicos

Faro de Vigo
El plan de Vivienda para pisos protegidos sobrepasa lo previsto en el PXOM
Font garantiza que todas las bajas laborales de los funcionarios están "controladas"
Medio Ambiente controla la actividad de las 114 empresas sitas en el margen del Lagares
Dos goletas de la Armada Española participarán en el Desafío Atlántico
"Se asustó y no quería salir" relata el policía que salvó de morir por asfixia a una anciana
Barreras pretende reservar 11.000 m2 para futuros proyectos inmobiliarios
Los militantes del PSOE velan armas
Talleres y una charla centran hoy las Xornadas das Mulleres Veciñais
Bienestar Social tendrá en 2009 un presupuesto de 5,8 millones de euros
Carlos Príncipe: "El partido tiene que decidir y funcionar desde aquí"
Vigo, capital mundial del optimist
El PP lo considera "muy grave" y pide al alcalde que aclare por qué se confeccionó (Lista negra paso a los Plenos)
El PSOE no permitirá protestas en los plenos y el PP dice que hay "listas negras"
Gonzalo Caballero: "Somos la alternativa para llegar al cambio"

Atlántico Diario
Touriño, onte en Barreras, dixo que non hai conficto "entre galego e castelán"
María Méndez: Las ayudas para libros y comedor se disparan y se llevan más de un millón
La lista oficial en las elecciones del PSOE cierra filas con Abel Caballero
La "lista negra" del Concello para restringir el paso a los plenos, de dudosa legalidad
Carlos Font cree que el concepto de prohibición "no es el que se debe utilizar"
La complejidad de los proyectos para la unión del Casco Vello pospone el fallo
Gonzalo Caballero: "No hay constancia de que el proceso -en el Psoe de Vigo- tenga garantías"
El BNG desconoce el listado y defiende que se escuche a los vecinos
Cedro se lleva 1,4 millones y crece la partida para cooperación internacional
La lenta validación de firmas hace peligrar la iniciativa pro-Área (Área Metropolitana)
Un total de 114 empresas se apiñan en los márgenes del río Lagares
Barreras presenta un recurso contencioso contra la aprobación del Plan de Urbanismo
El BNG desconoce el listado y defiende que se escuche a los vecinos (Lista negra paso a los Plenos)
El Presupuesto municipal para 2009 no prevé nuevas plazas de empleo público

La Voz de Galicia
El PSOE confirma que hay vecinos que tienen vetado el acceso a plenos
Vigozoo tendrá un taller de huellas en Expogalaecia
Príncipe y Gonzalo Caballero piden amparo a la cúpula del PSOE
El enigma de la avenida de Beatriz
El Concello ignora cuantas empresas vierten sus residuos al cauce del Lagares y su situación legal Un policía local salva de morir asfixiada a una octogenaria de Vigo
Calviño asegura que el Concello adoptará alguna medida sobre el botellón esta misma semana

El Correo Gallego
El PP vigués quiere más datos sobre las 'listas negras' que el PSOE justifica
Máximo enfrentamiento de los socialistas de Vigo al elegir nueva ejecutiva

Diario de Pontevedra
Seis millones de euros para Benestar Social (María Méndez)
El PP estudia llevar a los Tribunales las 'listas negras' para acceder al Pleno

El Pais
El gobierno de Vigo reconoce ahora que no sellará los vertidos al Lagares

Cuando esa grada caiga,
a algunos se nos caerá una lágrima...



PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- El Pontevedra llevó a cabo en la jornada de hoy una doble sesión preparatoria, cara al partido del domingo ante el Bilbao Athlétic. Estos son los entrenamientos previstos :
Miércoles. Doble sesión. 10:30 horas y 17:00 horas en Príncipe Felipe. Jueves: 10:30 horas en Príncipe Felipe. Viernes: 10:30 horas en Príncipe Felipe. Sábado: 10:30 horas en Príncipe Felipe. Domingo: Partido Pontevedra - Athletic B. Lunes (día 3): 10:30 horas en Príncipe Felipe.
SIN ALEGACIONES
Los servicios jurídicos del Club han decidido no presentar alegaciones ni a la tarjeta roja directa vista por Felipe Tigrao, ni a la segunda amarilla de Turiel, durante el partido ante el Marino. En ambos casos, las imágenes no son buenas y, al existir el contacto con los jugadores adversarios, el Juez Único no valoraría el grado del mismo y la sanción que merece, dando por válida la decisión del árbitro. Por tanto, Felipe y Turiel serán bajas para el encuentro del próximo domingo frente al Athletic B.
PARTIDO ANTE
EL ATHLETIC
DE BILBAO B
El encuentro ante el filial del Athletic Club de Bilbao se disputará el próximo domingo, día 2, en el Estadio Municipal de Pasarón, a partir de las 17:00 horas.
DERRIBO
DE LA GRADA
DE PREFERENCIA
Si nada se tuerce, según lo previsto, será a partir del próximo lunes cuando comience el derribo de la histórica grada de preferencia del estadio de Pasarón. Una jornada, sin duda, de sabor agridulce : entre la ilusión de un buen estadio y la saudade de tiempos pasados y vividos bajo aquella cubierta. Sin duda la grada más impactante y de más solera del viejo Pasarón. Con su derribo se cierra un capítulo extraordinario de la historia del Pontevedra...
-










  • ¡Hai que roelo!
  • -
  • Adiós a la grada donde de niños vimos gestas tan extraordinarias como aquel gol de lanzamiento de falta que supuso ganar al Barcelona (1-0) en pleno hai que roelo, con Neme pletórico en el lanzamiento y Sadurní que tuvo que tragarse aquello..
    Noches de partidos televisados, a las 7,30 de la tarde del duro invierno, donde el barro era barro y Ceresuela, Irulegui, Batalla y demás bien que lo sabían.
  • Tardes de domingo para la gloria inimaginable de aquel Pontevedra que nos hizo felices, que nos hizo llorar de tanta emoción contenida. Campeón de invierno, matagigantes... con aquel equipo de ilustres desconocidos...
  • Luego vinieron ya otros años no tan gloriosos. La grada ya no estaba tan llena. Pero en ella siempre estaban esos fieles que tan bien encarnaba aquel del latiguillo constante, partido tras partido : ¡hala pontevedriña, ánimo chavales...!; que pronunciada la frase en momentos menos felices denotaba que, en el fondo, el Pontevedra nunca caminará solo.
  • Claro que este lunes de noviembre, cuando veamos caer lo que tantos años aguantó en pié, algo importante de nosotros, de muchos de nosotros, se habrá ido para siempre. Es la vida, sí, pero déjenme decir que con el derribo se van también muy gratos recuerdos de nuestra infancia. Y de muchos habitantes de esta provincia que tuvimos la suerte de vivir aquellos momentos históricos del ¡hai que roelo!.

Figueroa sigue ampliando horizontes para el Turismo pontevedrés y establece ahora acuerdos con el Algarve


VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Deputación Provincial de Pontevedra establecerá un convenio de colaboración coa Cámara Municipal de Albufeira (no Algarve) para realizar intercambios turísticos e culturais. Participarán nestes intercambios profesionais do organismo Turismo Rías Baixas e de Albufeira co obxecto de coñecer as prácticas ou as experiencias que se desenvolven en ambas localidades.
Así o anunciaron hoxe o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, e o presidente da cámara municipal de Albufeira, Desiderio Jorge da Silva, despois de manter unha xuntanza hoxe o Pazo Provincial.
Segundo manifestou Figueroa, Albufeira é un dos concellos máis importantes de Portugal a nivel turístico. De feito ten en torno a 60.000 habitantes pero pode chegar a albergar a 350.000 persoas en temporada alta. “Teñen unha experiencia máis que contrastada”, afirmou Figueroa da que “temos que aprender” e que nos pode servir para aplicar na provincia algunha idea”.
Pola súa banda, o rexedor de Albufeira considerou “moi importante esta apertura da Deputación” na súa idea de reforzar a valorización turística de Albufeira en Galicia. Ata o momento víñano facendo en Vigo e agora pretenden estender a súa presenza en Pontevedra e Santiago. Tamén manteñen este tipo de relacións con outros municipios como Sevilla e Barcelona.
Albufeira é o municipio portugués máis importante no eido turístico. Dispón de 130 quilómetros de praia e 16 bandeiras azuis, comentou Desiderio Jorge. O presidente da cámara de Albufeira explicou para chegar a ser un referente “temos procurado investir na recuperación do patrimonio e na promoción de aspectos culturais como complemento ó turismo de sol e praia”. Tamén “fixemos un importante esforzo económico en saneamento”.
Desiderio Jorge destacou finalmente que o intercambio turístico entre a Deputación e Albufeira será importante para “trucar experiencias de que é o que nós sabemos facer mellor e do que se fai ben nesta rexión”