28 octubre 2009
Jornada Formativa sobre Adopción y Escuela organizada por la Asociación de Ayuda a la Adopción, Manaia, abierta al público en general
Publicado por C&CdeGaliza en 28.10.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDA
Ultima hora : meten la pata
y ahora que ven las orejitas al lobo...
Publicado por
C&CdeGaliza
en
28.10.09
Etiquetas:
GALICIA,
LAS COSAS DE LA VIDA
Feijoo se compromete a «mantener el complemento a las pensiones»
La Xunta da así marcha atrás en su intención de retirar la paga de 200 euros que recibían los jubilados con pensiones no contributivas.
27 octubre 2009
O Goberno galego desenvolverá entre 2009 e 2010 un total de 45 escolas obradoiro, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento
Publicado por C&CdeGaliza en 27.10.09 Etiquetas: GALICIA, LAS COSAS DE LA VIDAPontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- Preto de 800 galegos e galegas en situación de desemprego poderían acadar a súa inserción no mercado laboral grazas aos programas mixtos de formación (escolas obradoiro, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento) que porá en marcha antes de fin de ano a Consellería de Traballo e Benestar.
26 octubre 2009
CÁMARAS NO CEIP SAN XOSÉ OBREIRO : Protección de Datos reafírmase na súa resolución e considera a Consellería de Educación culpábel de infracción grave
Publicado por C&CdeGaliza en 26.10.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDAPontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- A Agencia Española de Protección de Datos vén de informar ao Movemento polos Dereitos Civís da súa resolución favorábel ao colectivo no que respecta ás cámaras de vídeo vixilancia instaladas no colexio San Xosé Obreiro de Arteixo. Se ben a resolución non é só beneficiosa para o MpDC senón que máis que nada o é para a cidadanía, que ve deste xeito salvagardados os seus dereitos.
25 octubre 2009
Nos Orzamentos da Xunta para 2010
non aparecen partidas para darlles continuidade ás oficinas de I+B
Publicado por
C&CdeGaliza
en
25.10.09
Etiquetas:
GALICIA,
LAS COSAS DE LA VIDA
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- A viceportavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Ana Pontón, denuncia que o Goberno do Partido Popular “está a dar marcha atrás nas políticas de fomento da igualdade entre homes e mulleres que puxo en marcha o Goberno Bipartito”.
24 octubre 2009
Apoyo de Deputación a labor humanitaria
Publicado por C&CdeGaliza en 24.10.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDAPontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .-O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán, fixo hoxe entrega a Asociación de Solidariedade de San Roque, de Salvaterra de Miño, unha axuda de 2.400 euros destinada a sufragar o desprazamento dun camión de axuda humanitaria cara a Ucraína.
Santi Domínguez expresa o apoio do BNG
á manifestación do día 29 en defensa
da sanidade pública
Publicado por
C&CdeGaliza
en
24.10.09
Etiquetas:
LAS COSAS DE LA VIDA,
VIGO
VIGO (MORRAZO-TRIBUNA).- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, expresou este venres o apoio do BNG á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e á manifestación convocada para o vindeiro xoves, 29 de outubro. Tras a xuntanza que o tenente de alcalde e a portavoz do grupo municipal do BNG mantiveron cos representantes da Plataforma, Santi Domínguez manifestou a preocupación dos nacionalistas “pola política que en materia sanitaria está levando a cabo o Partido Popular”.
14 octubre 2009
O MpDC celebra que Concello de Vigo retirase as cámaras da zona azul
Publicado por C&CdeGaliza en 14.10.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDA, POLEMICAAdemais, a asociación polos dereitos civís está convencida de que as cámaras se retiraron pola investigación posta en marcha pola Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) logo de que o MpDC a advertise e que a explicación de que non funcionan é unha escusa para non admitir a ilegalidade.
Desde o Movemento a retirada destes sistemas de vídeo vixilancia é sempre a única solución cando non son instalados segundo a normativa que os afecta en cada caso. Ao respecto, Dereitos Civís agarda que tal acción sente un precedente tanto neste coma noutros concellos, institucións e empresas á hora de instalar estes dispositivos.
Segundo puido saber o MpDC, a empresa concesionaria do estacionamento en zona azul de Vigo retirou as cámaras de vixilancia da rúa Venezuela, logo de pasar máis de medio ano desde a súa instalación.
A colocación das cámaras de seguridade figuraba no prego de condicións do estacionamento en zona azul da cidade olívica. A súa instalación foi denunciada no seu momento polo Movemento polos Dereitos Civís, que tamén presentou sendas demandas contra as situadas no Museo de Arte Contemporánea e na Facultade de Ciencias do Campus das Lagoas da Universidade.
Entre as funcións previstas polas cámaras figuraba a de controlar o tempo de aparcadoiro dos vehículos nun mesmo espazo para evitar que permanezan máis de dúas horas, tal como está contemplado. Na actualidade son os propios traballadores os que se encargan de levar a cabo esta tarefa.
Non serven de nada
Os cinco aparellos non chegaron a cumprir a súa función. Durante o período de proba detectouse que non transmitían a información á PDA (axudante persoal dixital) dos vixiantes do estacionamento en zona azul, polo que non servían de nada. Tendo en conta o fracaso desta primeira experiencia, o Concello descarta de momento a instalación de cámaras non só en Venezuela, senón tamén noutras rúas.
Compostela
Ademais, La Voz recollía onte un resumo sobre o procedemento iniciado polo Movemento a respecto das cámaras ilegais da zona vella de Compostela. Neste senso, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu unha sentenza firme na que obrigaba ao Concello de Santiago a retirar as cámaras de vixilancia instaladas no casco antigo. A súa colocación fora denunciada xa en 2006 polo Movemento polos Dereitos Civís. O colectivo está a agardar que Bugallo faga efectiva a retirada das ditas cámaras.
Para o colectivo, é esperanzador que os medios de comunicación falen con normalidade do tema e que o fagan non só cando o MpDC emite comunicados, senón que a trascendencia dos mesmos comece a calar na sociedade e nos medios para atopar referencias a estas vulneracións dos dereitos cometidas por institucións públicas
13 octubre 2009
Más psicología para los policías locales de Vigo
Publicado por C&CdeGaliza en 13.10.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDAO curso está dirixido principalmente aos membros do corpo de Policía Local –funcionarios de carreira- do Concello de Vigo, para os que están reservadas 12 das 20 prazas totais. O resto cubriranse con solicitantes doutros corpos de Policía Local que cumpran os mesmos requisitos, e terán preferencia os dos concellos próximos a Vigo.
O obxectivo deste curso é reflexionar sobre a violencia de xénero, dando a coñecer cuestións xerais sobre a comunicación humana, características psicolóxicas das situacións críticas, enfoques e técnicas psicolóxicas útiles na intervención policial en violencia de xénero, a importancia da autorregulación emocional, así como aportar información sobre o desgaste profesional e a súa prevención.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 2 de novembro, e a inscrición é gratuíta. As clases impartiranse en horario de tarde, de 16.30 a 20.30 horas, na aula de formación da Policía Local do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n).
Os contidos que se abordarán neste curso abranguen asuntos como as situacións críticas, comunicación humana, conceptualización da violencia de xénero, agresor e vítima, violencia de xénero e intervención policial, primeiros auxilios psicolóxicos, autocontrol emocional, estrés e desgaste profesional en policía, réxime xurídico e operativa de aproximación en entradas de lugares pechados.
Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que acrediten a súa participación continuada nel.
Curso de tráfico
Doutra banda, a Academia tamén ofrecerá un curso sobre coñecementos e procedementos de actuación en materia de tráfico, dirixido aos membros do corpo de policía local do Concello da Coruña e concellos próximos. Este curso terá lugar entre os días 13 e 15 de outubro na sede da Policía Local coruñesa (Rúa Tui, 21).
Facéndose eco do sentir cidadán, a AGASP continúa coa súa serie de cursos sobre a problemática nas estradas galegas. Así, preténdense actualizar coñecementos e procedementos de actuación en materia de tráfico como a toma de datos e a instrución de dilixencias de atestados. Os contidos do curso repasarán a normativa de seguridade viaria, permisos de condución e os procedementos operativos ante diversos supostos relacionados coa seguridade viaria, especialmente as relacionadas coas últimas modificacións da normativa vixente.
08 octubre 2009
La Xunta anuncia la apertura de 12 centros de día antes de fin de año
Publicado por C&CdeGaliza en 8.10.09 Etiquetas: GALICIA, LAS COSAS DE LA VIDAEn comisión parlamentaria, Roberto Rodríguez subliñou que de aquí a finais de ano entrarán en funcionamento os centros de día de Rois, Culleredo, Vigo-Coia, Tomiño, Porriño e San Sadurniño. No caso de Vigo-Coia xa se adxudicou o contrato para dotalo de mobiliario e material clínico, e nos de Culleredo, O Porriño e Tomiño xa se licitou o contrato para a mesma finalidade.
Tamén abrirán as súas portas antes de rematar o ano os centros de Begonte, Alfoz, Xinzo de Limia, Carballeda de Avia, Vilar de Barrio e A Bola, estes tres últimos co equipamento tamén xa licitado.
Na súa intervención, o xerente do Consorcio lembrou que a Xunta ven de comprometer un aumento de máis de 2.000 prazas en centros de día, alzheimer e residencias entre 2009 e 2010, e que para financiar esta ampliación se aumentará o orzamento destinado a este fin en preto de 24 millóns de euros con respecto ás contas de 2009. Só en centros de día do Consorcio, entrarán en funcionamento 542 prazas en 2009 e arredor de 370 en 2010.
En canto á dotación de persoal para os novos centros do Consorcio, nuns días publicarase no DOGA a convocatoria de apertura das listaxes de agarda dalgunhas categorías e ámbitos territoriais nos que xa están esgotadas, unha posibilidade prevista nas propias convocatorias e que permitirá facer frente ás actuais necesidades de persoal.
Non obstante, tamén anunciou que dende o Consorcio porase en marcha un proceso, contando coas organizacións sindicais, para redeseñar o actual sistema de listaxes de agarda de persoal. O obxectivo é dispor dun instrumento máis áxil e similar ao utilizado con carácter xeral na Xunta de Galicia.
06 octubre 2009
Xunta : director general va a Ponteareas a ver obra de Quintana
Publicado por C&CdeGaliza en 6.10.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDA, RIAS BAIXASA continuación, Tomás Fernández-Couto asistiu á presentación do proxecto a cargo do presidente da Asociación Forestal de Galicia, Francisco Fernández de Ana Magán, quen falou sobre o uso enerxético da biomasa forestal no sur de Galicia; o presidente de Engabiomasa SL, Benito Fernández González, que abordou o proxecto empresarial; e a secretaria de Enerxil e presidenta da comunidade de montes de Xinzo, Carmen Boente Cima, que explicou o papel da mancomunidade. Ademais, o conselleiro delegado de Selga SL, Francisco Dans del Valle e o director xeral de Altaïr-Dalkia, Ánxel Seco Vilariño, falaron do plan de aproveitamento de biomasa e do proxecto de planta, respectivamente.
Froito da colaboración
A posta en marcha dunha instalación de aproveitamento enerxético de biomasa en Ponteareas responde ao convenio de colaboración formalizado en 2007 polos responsables da Consellería do Medio Rural, o Instituto Enerxético de Galicia, a Comunidade de Montes en Man Común de Xinzo e a Asociación Forestal de Galicia. O obxectivo é o fomento do aproveitamento enerxético da biomasa forestal primaria en Galicia, de acordo coa política enerxética da Xunta e co Plan acción para a biomasa da Unión Europea. O proxecto, orzamentado en máis de 300.000 euros está cofinanciado polas entidades asinantes do convenio no marco do proxecto europeo de cooperación transrexional Enersilva Promoción do uso da biomasa forestal con fins enerxéticas no sudoeste de Europa.
Para a realización do proxecto, foi necesaria a adquisición de maquinaria forestal e a construción dunha nave de almacenamento no monte para a primeira fase do proceso. Tamén se creou a planta de calor, coa caldeira de biomasa e o sistema de alimentación de estela e se construíron a sala de caldeira e o silo de almacenamento, así como as instalacións e conexións precisas para o seu funcionamento.
O tenente de alcalde anuncia que a Axencia da Enerxía de Vigo estuda crear dúas novas instalacións fotovoltaicas
Publicado por C&CdeGaliza en 6.10.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDA, VIGOSanti Domínguez explicou que a idea sería que unha destas novas instalacións se emprazase no campus da Universidade de Vigo e tería un perfil de promoción da investigación tecnolóxica. En canto á segunda estaría emprazada nun espazo público municipal aínda por decidir. “Agora abrimos un prazo de estudo destas propostas e agardamos poder concretar en breve a súa execución. O noso obxectivo é seguir apostando polas enerxías renovables e imos seguir dando pasos na súa potenciación”, afirmou tras a reunión do Padroado.
Na xuntanza tamén se decidiu unha iniciativa para divulgar o traballo que está a desenvolver a Axencia Municipal da Enerxía. Recentemente se cumpriron cinco anos da súa posta en marcha e, segundo adiantou o tenente de alcalde, vaise elaborar unha publicación na que se recollan as actividades realizadas neste tempo, así como as liñas estratéxicas da Fundación e os resultados que está a dar o seu labor. Santi Domínguez sinalou que é “moi importante que a cidadanía coñeza o traballo que se está facendo desde Faemevi como elemento para que cada un de nós nos impliquemos nas nosas actividades diarias nas prácticas que conleven aforro de enerxía”.
05 octubre 2009
Santi Domínguez visita as obras de rehabilitación da Casa da Caridade nas que Consorcio e Concello de Vigo invisten 80.000 euros
Publicado por C&CdeGaliza en 5.10.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDA, VIGOSanti Domínguez sinalou que o ano pasado o Consorcio colaborou na rehabilitación da fachada e adiantou que “no futuro imos seguir traballando para que esta riqueza patrimonial se siga mantendo”. O tenente de alcalde salientou que este é un “edificio emblemático do Casco Vello que dende hai anos presta axuda humanitaria no comedor da Casa da Caridade”.
Tras a visita, na que tamén participaron o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o xerente do Consorcio, Alfonso Ramos e a nai superiora da Casa da Caridade, Asunción García, Santi Domínguez incidiu no labor social que se leva a cabo nestas instalacións dende hai anos, e ao respecto destacou a importancia de que este traballo “se desenvolva nas mellores condicións”.
Pola súa banda, a representante da Fundación Casa da Caridade agradeceu tanto ao Consorcio do Casco Vello como ao Concello de Vigo a achega concedida. Destacou que nestas instalacións se desenvolven dúas actividades importantes, como son o comedor, que diariamente atende a 140 transeúntes, o e fogar para nenos. “Agradecemos a axuda prestada porque hai grandes necesidades”, subliñou.
Epístola de Feijóo a los emigrantes en Bélgica
Publicado por C&CdeGaliza en 5.10.09 Etiquetas: GALICIA, LAS COSAS DE LA VIDA“En política hai que optar e priorizar”, subliñou o presidente galego, quen destacou a relevancia de facer valer os intereses galegos remarcando a necesidade de facer chegar ás administracións, sobre todo as máis complexas, “toda a información relevante, disecionando os problemas, as súas solucións e as súas alternativas desde máis dun enfoque”. “Non facelo así cando outros o fan suporá unha rendición, un abandono gratuíto e inconsciente do terreo de xogo europeo”, engadiu Feijóo.
Neste sentido, o presidente da Xunta convidou á colectividade galega a constituír “unha coalición civil de ampla base” para que Galicia “sexa oída en Europa, sexa considerada en Europa, e inflúa en Europa”. “Pretendemos, por tanto, facer presente no debate continental as prioridades, necesidades e aspiracións de Galicia, atinxir unha auténtica ‘axenda galega’ das políticas públicas galegas”, engadiu Feijóo.
Defensa dos intereses de Galicia e de toda Europa
O mandatario galego puxo como exemplo a nosa defensa dun determinado modelo de Política Agrícola Común, un sistema baseado nunha estrutura produtiva compartida “por non poucas rexións atlánticas”. “Pero, doutra volta, cremos que tamén é unha defensa europea, porque consideramos que a promoción da seguridade alimentaria na Unión, tanto en canto á salubridade dos suministros, como á regularidade dos mesmos e a súa certidume, é algo indispensable para Europa como actor global”, salientou.
Neste sentido, Feijóo cualificou de “perigosa” a dependencia alimentaria europea, “tanto ou máis que a enerxética”. “Desde xeito, o vital para Galicia demóstrase non menos vital para a Unión Europea e para o conxunto dos seus cidadáns”, engadiu.
Unha rede aberta que fomente a proxeción de Galicia
O presidente da Xunta remarcou, no transcurso da súa intervención, que a idea de crear unha rede de intereses galegos en Bruxelas non se limita unicamente ao ámbito político. “Esta rede de intereses nace coa vocación e a intención de unir aos galegos aquí representados, de ser unha ferramenta de proxección de Galicia e a súa realidade na capital de Europa, en todos os ámbitos, en sentido extenso, e aberta a todos e todas, con independencia da súa ideoloxía, orixe ou procedencia”, explicou.
Neste sentido, o mandatario galego loubou os Debates Galicia- Europa da Fundación Galicia Europa como o xeito de trasladar a Bruxelas a nosa visión de Europa, pero tamén de facilitar a Galicia e a súa sociedade civil “a posibilidade de albiscar desde este privilexiado outeiro e con antelación abondo os cambios que se aveciñas”. Ademais, o presidente da Xunta animou á colectividade galega a participar nos actos culturais que se celebrarán na capital europea co gallo do Ano Santo.
“Galicia atopou no Camiño de Santiago o seu primeiro vínculo con Europa. O vindeiro Ano Xubilar Compostelán representa unha oportunidade excepcional para que todos estes obxectivos estratéxicos, que trascenden a un goberno determinado, poidan acadarse”, concluíu.
01 octubre 2009
Nuevamente, la Xunta saca pecho en lo que es su obligación : atender a los dependientes
Publicado por C&CdeGaliza en 1.10.09 Etiquetas: GALICIA, LAS COSAS DE LA VIDAFeijóo explicou, á saída da reunión do Consello da Xunta, que o aumento de prazas suporá pór en marcha 30 máis á semana durante os vindeiros 15 meses. “Os servizos sociais fanse con diñeiro, non con política”, destacou o presidente galego, quen asegurou que se trata dun “compromiso presupostario” en tempos de crise “que vale a pena subliñar”.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, quen compareceu ante os medios de comunicación xunto ao presidente da Xunta, explicou que as prazas en centros de día aumentarán un 95,8% ao pasar das 871 actuais, ás 1.706 a finais de 2010. No tocante aos centros de atención aos enfermos de alzheimer, Mato explicou que se pasará de 225 prazas a 455, o que suporá un incremento do 102,2%. A conselleira de Traballo salientou, por último, que no que se refire ás prazas residencias, se incrementará a oferta un 22,6%, xa que se sumarán 990 máis ás 4.374 prazas existentes na actualidade. O Goberno galego aumentará o orzamento en preto de 24 millóns de euros para cumprir estes obxectivos.
O presidente da Xunta salientou, no transcurso da súa intervención, o traballo “rigoroso” do seu Goberno no eido do Benestar desde o principio da lexislatura; e destacou as reunións con todos os colectivos que traballan con persoas dependentes, o compromiso de elaborar o primeiro plan integral de discapacidade de Galicia, e a recente aprobación dun incremento do 20% no número de prazas de atención a persoas con algunha discapacidade. “Traballamos no ámbito da dependencia, e cumpriremos co 100% do compromiso electoral de que no ano 2009 16.500 grandes dependentes estean cobrando o que a Lei lles outorga; isto supón un 25% máis do que había no momento do cambio de goberno”, engadiu o presidente da Xunta, quen lembrou que o 21,6% da poboación de Galicia ten máis de 65 anos, o que a converte na terceira máis envellecida de España.
Aforro e mellora de eficacia do parque móbil da Xunta
Feijóo explicou o contido da reestructuración do parque móbil da Xunta previsto polo Goberno galego, e salientou que suporá un aforro de 1,5 millóns de euros a finais do ano 2010, “o 25% do presuposto do funcionamento do parque”. “A austeridade non é unha decisión illada, é un compromiso de lexislatura”, remarcou o mandatario galego, quen asegurou que, esta reestructuración, se fará baixo unha dobre perspectiva: aforrar en tempos de dificultade económica, e mellorar a xestión do parque.
Neste sentido, Feijóo explicou que a Xunta vén de aprobar unha guía de boas prácticas para aumentar o control e aforrar o gasto en mantemento, combustible e peaxes. “Imos asociar cada conductor co servizo que lle supoña un menor desprazamento. O que non ten sentido é que un conductor que traballa nunha provincia se desprace todos os días a outra a buscar un alto cargo, tal e como sucedía ata agora”, afirmou.
Así, o presidente da Xunta explicou que o seu Goberno puxo en marcha medidas de aforro desde o principio da lexislatura, e que só nos dous primeiros meses se rexistrou un aforro neto de 144.000 euros. “O aforro en combustible foi do 32%, e en mantemento, do 11%”, engadiu Feijóo, quen asegurou que a previsión da Consellería de Presidencia é aforrar 450.000 euros a finais de 2009.
Primeira gran depuradora, no Baixo Miño
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, Feijóo destacou a aprobación por parte do Consello da Xunta de todas as obras necesarias para poñer en marcha a primeira gran depuradora da lexislatura, a de Guillarei, que atenderá a 180.000 persoas nos concellos de Mos, Tui, Salceda de Caselas e Porriño. O presidente galego salientou o “desbloqueo” desta depuradora que se terminou no ano 2005, custou 30 millóns de euros ás arcas públicas, pero aínda non entrou en funcionamento; e avanzou que entrará en servizo antes de que remate o ano.
En materia de infraestruturas, o presidente da Xunta destacou, por último, a aprobación do primeiro centro verde da provincia de Ourense, que se instalará no polígono de San Cibrao das Viñas, e que servirá para facilitar o tratamento dos residuos industriais e aforrar custos ás empresas.
Allá donde se lo pidan : ayuden a Jessica
Publicado por C&CdeGaliza en 1.10.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDAJessica é unha nena residente en Chapela que padece parálise cerebral dende o nacemento. Para que poida recuperar a mobilidade e a fala é preciso que se desprace ao país alemán, lugar onde se someterá a unha intervención cirúrxica con células nai.
“Dende Novas Xeracións queremos dar o noso máis absoluto apoio a Jessica e á súa familia”, asegura a concelleira popular Laura Alonso. “Convidamos a todos a colaborar cun euro solidario para que entre o esforzo de todos poidamos conseguir o obxectivo desta campaña”, engade.
Nesa mesma xornada foron numerosas as persoas que contribuíron aportando o seu donativo. O grupo musical ferrolán Los Limones estrearon os petos empregados para a recadación de fondos, aos que lle seguiron a presidenta do PP de Redondela, Francisca Canal, e Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, así como outros cargos e dirixentes políticos do territorio galego desprazados nese día ata Silleda e, como non tamén, un bo número de afiliados e simpatizantes asistentes ao evento.
30 septiembre 2009
El estudiante lumbrera ya estrechó la mano del conselleiro
Publicado por C&CdeGaliza en 30.9.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDAAdemais obtivo o Premio especial do Xurado no concurso “Mozos Investigadores”, convocado pola Secretaría de Estado de Universidades no 2008, en Málaga. Rivero de Aguilar gañou co traballo “O microcosmos dos osos de auga, primeiro estudo dos tardigraos en Galicia”. Este traballo foi dirixido por María del Rosario García Echave, xefa do departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Rosalía de Castro, que tamén participa activamente nos concursos de mozos investigadores con outros estudantes do centro que tamén obtiveron premios.
Las aulas de la Tercera Edad siguen vivas
Publicado por C&CdeGaliza en 30.9.09 Etiquetas: GALICIA, LAS COSAS DE LA VIDAA titular do departamento autonómico firmou este acordo co presidente da Asociación cultural galega de formación permanente de adultos, Rafael Romero. Durante a súa intervención, aproveitou para destacar o carácter “pioneiro” desta entidade na organización de actividades formativas e de ocio para as persoas maiores.
Así, lembrou que máis de 1.500 persoas pasan polas aulas coordinadas por esta asociación, que conta con 75 profesores de distintas modalidades nas súas nove sedes en Galicia: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Padrón, Ourense, Lugo, Monterroso, Vilalba e Vigo. Entre as materias que se imparten, cóntanse obradoiros de informática, de idiomas ou de saúde.
Ademais, Mato asegurou que os maiores “son un dos piares da sociedade”, que achegan “valores imprescindibles para o avance e a modernización cidadá”. Por iso, sinalou que agora corresponde ofrecerlle a eles “as mellores condicións de benestar” para, ademais, fortalecer a idea “da persoa maior como suxeito activo e capaz”.
Neste sentido, valorou estas actividades de formación porque cobren “non só unha inquedanza ou necesidade formativa, senón tamén o desenvolvemento de habilidades sociais e a creación de novos círculos de relación”.
Los sindicatos siguen agitando el SERGAS al que acusan de incumplimientos de acuerdos
Publicado por C&CdeGaliza en 30.9.09 Etiquetas: GALICIA, LAS COSAS DE LA VIDAO SERGAS é o único servicio de saúde que non ten negociada e recoñecido este aspecto normativo recollido entre outros na Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias .
No día de hoxe e por este motivo , os profesionais xunto cos sindicatos convocantes mantiveron concentracións e asambleas no Hospital Xeral ás 11,00 horas e no Hospital do Meixoeiro ás 12,00 horas que entre ámbalas dúas superaron as 400 persoas.
Esta é a primeira movilización dunha liña sindical , que cansada de ir a mesas de negociación sin fruto algún ós varios plantexamentos da parte social , se manterán no futuro.
29 septiembre 2009
Vigo : estudan cos veciños de A Miñoca o proxecto para a construción dun novo local social
Publicado por C&CdeGaliza en 29.9.09 Etiquetas: LAS COSAS DE LA VIDA, VIGOContar cun novo local social é unha vella reivindicación do colectivo veciñal. Santi Domínguez explicou tras a xuntanza que analizou coa presidenta da asociación o anteproxecto para a súa construción. O tenente de alcalde sinalou que vai estudar cos técnicos esa proposta para analizar as posibilidades de levalo adiante. “Agardamos que nun futuro non moi lonxano os veciños e veciñas dunha zona tan poboada como é A Miñoca poidan dispoñer dunha instalación acorde ás súas necesidades”, afirmou.
Na rolda de contactos que o tenente de alcalde está a manter coas entidades veciñais da cidade, hoxe mantivo tamén un encontro coa directiva da Asociación de Veciños de Bouzas. Santi Domínguez reafirmoulles a intención de mercar a Casa do Patín o vindeiro ano para convertila nun centro sociocultural. Tamén recolleu a proposta veciñal para desenvolver no barrio unha nova dotación deportiva para uso da veciñanza. Unha das posibilidades é a construción dunha pista polideportiva.
O tenente de alcalde e concelleiro de Barrios Históricos explicou aos representantes veciñais os proxectos que está previsto desenvolver no barrio como as humanizacións das prazas do Cruceiro Vello e de Diego Santos. Asemade indicou que se vai reforzar o orzamento destinado á subvencionar aos propietarios para abordar proxectos de rehabilitación dos seus inmobles.