Mostrando entradas con la etiqueta CAMPAÑA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CAMPAÑA. Mostrar todas las entradas

01 marzo 2009

Este domingo
en MORRAZO-tribuna...

Este domingo, MORRAZO-tribuna ofrecerá, a partir de las 10 de la noche y hasta el cierre del recuento de votos, un seguimiento del proceso final de la jornada electoral, con informaciones, apuntes, datos del escrutinio, declaraciones y otros elementos informativos. Se nos siguen desde las 10 de la noche tendrán a su disposición sucesivas informaciones que se irán actualizando con el paso de las horas.
Muchas gracias por su interés.

27 febrero 2009

Cierre de campaña
nacionalista en Vigo

QUINTANA PEDE O VOTO MASIVO PARA O BNG “POR UNHA GALIZA LIBRE NO MUNDO, UNHA GALIZA RESPECTADA. NUNCA MÁIS PP, SEMPRE BNG!”

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou esta tarde nun mitin no pavillón das Travesas, en Vigo, ante máis de 6.000 persoas, e no que tamén interviron o tenente de alcalde, Santiago Domínguez; a candidata número tres, Carme Adán, o número dous da lista por Pontevedra, Henrique Viéitez, e a cabeza de lista, Teresa Táboas.

O líder nacionalista, chamou de xeito masivo ao voto “a todos os que queren ao seu país por riba de todo, que non queren un goberno baseado na mentira e na difamación. Agora é a hora do voto masivo ao BNG, por unha Galiza respectada, unha Galiza libre. Nunca máis PP, sempre BNG!”, exclamou.

O número un nacionalista criticou duramente a campaña feita polos populares, sen propostas, sen ideas, “unha campaña na que todo vale, superando os límites imaxinábeis, a campaña máis suxa e máis rastreira que se recorda na democracia española”.

“Como non tiñan propostas, non houbo valor político para debater co BNG cara a cara e só houbo mentiras, mesmo sobre a vida persoal dos candidatos, usáronse paparazzis e mesmo se inventaron accidentes de tráfico”, continuou.

“Despois de prender o lume, organizar a cacería, prender os mistos e ser o causante”, dixo Quintana, “garde as súas desculpas cínicas porque non valen, señor Feijóo, vostede está inhabilitado non só para ser o presidente da Galiza, senón para ser presidente da comunidade de veciños do seu edificio”.

Mais, o candidato quixo lanzar unha mensaxe clara aos populares: “estea vostede tranquilo porque non somos todos iguais, porque, nin eu nin o BNG utilizaremos o que nos fixeron a min, á miña familia, ou aos compañeiros e compañeiras do BNG como o fixeron vostedes”.

O número un do Bloque defendeu o labor desenvolvido polo nacionalismo galego ma Xunta nestes tres anos e medio e argumentou que 45 meses “son son suficientes para remover as estruturas políticas, económicas, sociais e culturais labradas durante 50 anos” e pedíu o voto para seguir neste camiño para “que Galiza sexa o mellor país do mundo, un país respectado, unha terra de benestar”.

Por iso, asegurou que “ninguén nos vai parar, estamos acostumados ao traballo duro porque o nacionalismo é a defensa do pobo e, sobre todo, do benestar, por iso conseguimos colocar no centro do debate á xente maior, aos discapacitados, levamos á práctica o vello adagio de 'a terra para quen a traballa', por iso entendemos a vivenda como un ben de interese xeral, por iso levamos adiante un cambio histórico para que os galegos e galegas se beneficiasen da produción de enerxía eléctrica”.

O candidato do Bloque afirmou que “nós non somos nin mellores nin peores ca ninguén, pero queremos ser nós mesmos no noso país e en todo o mundo. Por iso puxemos en marcha unha política baseada na defensa do país, da cultura, do idioma”.

“O domingo xogámonos darlle continuidade a facer realidade este gran soño ou entregarlle o goberno a aqueles que nunca creron neste país, ao PP que son o Partido dos Poderosos”, continuou, “eles non teñen programa nin teñen futuro, só teñen unha obsesión: que non goberne o BNG”.

Un país en liberdade

“Eu”, confesou o candidato, “como Charles Chaplin, creo na liberdade e esa é a única política na que cremos, na liberdade e en Galiza, ésa é a única política que nos interesa”.

Quintana recuperou na súa intervención un dos símiles que ven utilizando o BNG na campaña electoral referíndose ao vídeo no que se recrea unha escena da película “Espartaco” e lembrou que “nesa película, a quen crucifican é a 'Espartaco', non aos romanos””.

Finalmente, parafraseou tamén a Basilio Álvarez para reclamar que “máis carbón para as caldeiras da locomotora que é este país” e reclamou un último esforzo para “a batalla máis importante que o nacionalismo tivo que dar en Galiza”.

En la traca final : el PP llama cobarde a Touriño por su temor a una rueda de prensa donde la preguntarían por sus derroches

"O aínda presidente a Xunta suspendeu a comparecencia pública acosado pola sucesión de escándalos do bipartito, consentidos por Touriño desde o primeiro momento"
"A covardía de Touriño lévao a suspender a rolda de prensa semanal posterior ao Consello"
"Touriño é o responsable directo das irregularidades do concurso eólico, pero tamén das cometidas por Manuel Vázquez e pola sucesión de episodios de derroche aos que se ven de sumar a conselleira Caride"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- "A covardía e a extrema debilidade política de Touriño levaron ao aínda presidente da Xunta a suspender a habitual rolda de prensa semanal posterior ao Consello da Xunta para evitar ofrecer explicacións públicas pola sucesión de escándalos que asolan ao bipartito".

Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG, insiste en que por moito que se agoche, Touriño non conseguirá ocultar que él é o principal responsable da deriva na que se atopa inmerso o bipartito pola sucesión de irregularidades cometidas polos diferetes integrantes do Executivo galego.

Ao suspender a rolda de prensa habitual de todas as semanas, Touriño evitar dar a cara en relación co comportamento do vicepresidente da Igualdade, Anxo Quintana, e a tramitación irregular do concurso eólico, da que é corresponsable na súa condición de presidente da Xunta.

"O silencio covarde de Touriño tamén deixa en evidencia as irregularidades urbanísticas do conselleiro de Medio Ambiente e encobre o gusto polo luxo da súa conselleira favorita, a titular de Política Territorial, que se sumou á diámica de derroche do bipartito e destionou medio millón de euos a mobles de luxo para dúas oficinas".

“Cada día que pasa, xurden novas evidencias que acreditan que o bipartito é un equipo den descomposición, no que a paixón polo luxo, o derroche, os intereses persoais e o trato de favor primaron sobre o ben común que debería presidir a acción de Goberno”, asegura Rueda Valenzuela.

Frote aos despropósitos do bipartito, Alfonso Rueda contrapón a proposta de rexeeración institucioal e democrática que vai acometer Feijóo a partir do próximo 1 de marzo, sobe principios de austeridade, legalidade e transparencia.


BNG explica a los armadores sus propuestas de transferencia de puertos

Teresa Táboas: “Todos os sectores produtivos do país terán abertas as portas do goberno galego”
O BNG TRANSMÍTENLLE AOS ARMADORES A PROPOSTA DA TRANSFERENCIA DE PORTOS E DA CREACIÓN DUNHA BANCA PÚBLICA GALEGA QUE MELLORE AS LIÑAS DE CRÉDITO

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Os números 1, 2 e 3 da lista do BNG por Pontevedra (Teresa Táboas, Henrique Viéitez e Carme Adán), xunto coa congresista Olaia Fernández Davila, mantiveron esta mañá un encontro na cooperativa de armadores de Vigo (ARVI) con representantes de distintos sectores da pesca extractiva. Táboas transmitiulles o compromiso do BNG de crear un Instituto Galego de Crédito Oficial que funcione como unha auténtica banca pública para aumentar as liñas de crédito ás empresas, ante a crise financeira e o peche da billa de crédito da banca privada.

“Nós pensamos que as axudas directas non resolven nada a medio prazo, pero si levamos moito tempo defendendo a creación de instrumentos públicos de crédito que abran liñas ás empresas”, dixo. Nesa liña, unha das preocupacións expresadas polos armadores foi precisamente o peche da billa de crédito.

Transferencia dos portos

Así mesmo, os representantes do BNG lembraron tamén unha das propostas estrela do seu programa electoral: a transferencia dos cinco portos galegos de titularidade estatal (Vigo, Marín-Pontevedra, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol-San Cibrao) “para crear un pool de portos galegos que non compitan entre eles”.

“Cando o BNG reclama o autogoberno faino por este tipo de cuestións, para transferir máis competencias ao noso país e para ter un financiamento propio”, explicou Táboas.


Ultima arremetida del PP sobre Pachi Vázquez y sus historias de medio ambiente

Rueda insta a Touriño a que valore se desexa presentarse ás Eleccións co responsable dun presunto delicto ambiental encabezando a lista de Ourense

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, insta ao presidete da Xunta a que reflexione, na última xornada de campaña, sobre a comenencia de concorrer aos comicios co presunto responsable dun delicto ambiental encabezando a lista electoral do PSOE por Ourense.

Logo de acreditarse que os lixiviados xerados polo vertedoiro da Areosa que van parar ao Lengüelle poderían conter substancias altamente prexudiciais para o medio ambiente, pero tamén para a saúde das persoas que consuman esa auga, o PPdeG considera que o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, como responsable máximo das anomalías de Sogama, pasará á historia como o maior envelenador dos ríos de Galicia.

Manuel Vázquez, como padriño político do presidente de Sogama, ao que defendeu a capa a espada pese ás graves irregularidades ambientais e económicas cometidas por José Álvarez, é o causante principal dos vertidos tóxicos da Areosa que van para ao Lengüelle, e de aí, ao Tambre, do que se abastece de auga unha pobación de 100.000 persoas de Santiago de Compostela e o seu contorno.

A combinación da acumulación irregular de medicamentos no vertedoiro da Areosa, prohibida expresamete pola autorización ambiental integrada que entrou en vigor en abril de 2008, e de residuos sólidos urbanos, constitúe un feito sen precedentes en todo o mundo que xera un risco decoñecido para o medio ambiente e para a saúde das persoas, que pesan como unha lousa sobre a credibilidade de Touriño e de Vázquez.

O PPdeG ASPIRA AO “VERTIDO CERO”

Fronte a esta situación, Rueda agrega nos nos 6 primeiros meses da lexislatura, o futuro Goberno do PPdeG aprobará un novo Plan de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) que pivotará sobre a reducción dos residuos, a reutilización e a reciclaxe, co obxectivo do “vertido cero”. Trátase de evitar que os residuos acaben en vertedoiros, como está a pasar actualmente en Sogama.

Estas medidas completaranse coa construción de novas instalacións para o tratamento dos RSU que complementen á planta de Sogama, actualmente saturada, e coa dotación de puntos limpos a todos os concellos de máis de 3.000 habitantes.

En materia de depuradoras, para superar o parón dos últimos catro anos (licitación de menos de 5 depuradores/ano fronte a 14/ano anteriormente), PPdeG licitará conxuntamente proxecto e obra para axilizar a posta en servizo das instalacións pendentes.

26 febrero 2009

Quintana busca desde su carisma captar los últimos votos de una campaña casi puerta a puerta

24 febrero 2009

Aparece en campaña la promesa de los puestos de trabajo, un clásico que no podía faltar

QUINTANA ANUNCIA UN PLAN DE ESTÍMULO ECONÓMICO PARA GALIZA QUE PORÁ EN MARCHA NOS 100 PRIMEIROS DÍAS DE GOBERNO PARA CREAR 25.000 POSTOS DE TRABALLO
O candidato asegura que reclamará a Zapatero “que se comprometa a levantar o veto contra a construción naval en Galiza”

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou esta tarde nun mitin no pavillón municipal de Lugo antes máis dun milleiro de persoas no que tamén interviron o portavoz municipal, Xosé Anxo Laxe, a candidata Ester López e o cabeza de lista por Lugo, Fernando Blanco.

Na súa intervención, Quintana quixo ofrecer hoxe aos máis de mil asistentes ao mitin “valentía política, disposición de servir ao pobo dende o goberno e traballo incansábel para que Galiza sexa respetada no estado, en Europa e no mundo” e, nesta liña, quixo anunciar unha batería de medidas contra a crise que o BNG quer pór en marcha nos 100 primeiros días de goberno.

Indicou que neste prazo, o BNG levará adiante “un plan de estímulo económico contra a crise co que se xerarán 25.000 postos de traballo nos dous primeiros anos de goberno, con claridade, responsabilidade e firmeza”. Anunciou tamén que reclamará nos 100 primeiros días de goberno ao “señor Zapatero que se comprometa a levantar o veto contra a construción naval en Galiza”.

O candidato nacionalista explicitou que nos tres primeiros meses de lexislatura o BNG convocará “ás empresas para pór en marcha o grupo lácteo galego e no mesmo mes de marzo poremos en marcha os grupos de acción local para aproveitar os fondos do plan Leader”.

O número un nacionalista anuciou para abril o “segundo plan de inclusión de mozos e mozas na actividade agraria en gandeira e nos 100 primeiros días de lexislatura un plan de fomento do emprego xuvenil, atendendo aos novos nichos de traballo, a economía de coñecemento, o medio ambiente e creando 5.000 novos postos de traballo para xente moza que padece a lacra do paro”.

Finalemente, Anxo Quintana apostou por dar un “novo impulso ao sistema galego de benestar” para crear 3.000 novos postos de traballo. Son, segundo dixo “compromisos directos e claros avalados polo que foi a nosa acción de goberno. Xa o fixemos e por iso temos a credibilidade de presentarnos diante de vostedes e dicirlles o que imos facer”.

Ademais, o candidato nacionalista anunciou un plan financeiro que acompañe ao plan económico de choque que viña de anunciar e que pasaría por poñer en marcha tamén nos primeiros días de goberno “unha banca pública galega para dar crédito ás empresas e ás familias”.

Non podemos agardar

“Non esperaremos un só día porque as solucións non admiten espera, algunhas levarán máis tempo do que desexaríamos, pero non podemos esperar un día máis”, dixo o cartel do BNG e aclarou que “non imos parar a preguntar se lle parece ben ou mal a Madrid”.

O líder do BNG quixo pedir o voto na “cidade creada polo Imperio Romano, “para unha forza política creada a si mesma, pola xente honesta durante toda a súa historia, con esforzo, con traballo, dende a base” e por iso dixo que “non podemos permitir non estamos dispostos a permitir que se intente trasladar a idea de que todos somos iguais. Non somos todos iguais”.

Quintana aludíu en varias ocasións ás orixes romanas da cidade, en referencia ao seu vídeo electoral no que se recrea a película “Espartaco” e explicou que “os romanos entendían por provincia, terra conquistada”, e indicou que é “curioso que haxa forzas políticas cuxo único obxectivo é continuar na obra dos romanos, pero non coas ensinanzas culturais ou o patrimonio, senón á obra de que Galiza siga sendo provincia conquistada. E o BNG pídevos hoxe o voto para que Galiza sexa o contrario, para sermos un país libre”.

Debate

O número un nacionalista emprazou de novo ao PP a debater para “contrapor as nosas propostas” e anunciou que un medio de comunicación vén de lanzar unha nova proposta para realizar un debate na campaña”.

No BNG “tardamos media hora en contestar si e sen condicións” e anunciou que ten remitido unha carta “ao señor Feijóo para dicirlle que tamén estea, que non perda esta oportunidade, que abandone a campaña da mentira e difamación e veña á campaña do debate, da democracia e a transparencia. Alí é onde ten que estar, cara a cara”.

“É a historia de Galiza de sempre”, lamentou Quintana, “algúns queren que sexa a historia para sempre” e por iso, “o PP propón que Galiza siga facendo o mesmo de sempre e plantexa para a enerxía eléctrica en Galiza o mesmo que os romanos plantexaban nas minas de ouro do Caurel levar os recursos para outra parte”.

Tivo que ser o BNG, quen cambiara a historia, tal e como dixo Quintana, “para que sexamos os galegos os donos dos nosos recursos, que Galiza poida ser dona de seu, rompendo a historia que os romanos empezaron co ouro e o protagonista foi un indíxena galaico, de Lugo, Fernando Blanco”.

Anxo Quintana finalizou o mitin amosando a papeleta do BNG e indicou que é “a papeleta que abre as portas a máis transformacións, máis respecto para Galiza, a papeleta que trae a posibilidade dun país sen caciques”.

Como venimos advirtiendo : la Consellería de Pesca aprovecha al máximo el factor institucional

PESCA DESTINA AXUDAS ÁS MARISCADORAS A PÉ QUE NON PUIDERON ACOLLERSE ÁS SUBVENCIÓNS PARA COMPLETAR OS PERÍODOS DE COTIZACIÓN
-Esta medida beneficiará a aquelas profesionais do mar que non se deron de alta no Réxime Especial do Mar no seu momento por ter unha resolución xudicial que os eximía desa obriga
-Esta actuación inclúese nas melloras sociais postas en marcha polo departamento que dirixe Carmen Gallego e con ela perséguese que este colectivo dispoña dunha pensión de xubilación

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 18 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso a axudas asistenciais dos mariscadores e mariscadoras a pé co obxectivo de que os beneficiarios poidan acceder a unha pensión de xubilación digna. Esta medida está dirixida a aqueles profesionais que no seu día non se deron de alta no Réxime Especial do Mar por contar cunha resolución xudicial que os eximía desta obriga, pero que na actualidade sí están dados de alta pero non cumpren os períodos mínimos de cotización para dispor dunha pensión de xubilación.

Deste xeito, poderán acceder a estas subvencións aqueles mariscadores a pé que teñan cumpridos os 65 anos a partires do 1 de xaneiro de 2009 ou que os cumpran ao longo deste ano; que na data na que acaden os 65 anos estean autorizados para o exercicio do marisqueo a pé; e que se atopen dados de alta no Réxime Especial do Mar no momento de presentar a súa solicitude. Ademais, deberán contar cunha resolución xudicial que os eximía da obriga de darse de alta no Réxime Especial do Mar; non deberán ter acceso a unha pensión de xubilación por falta de anos de cotización á Seguridade Social; e non poderán terse acollido ás ordes da Consellería de Pesca polas que se regulan as axudas para que os mariscadores a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización por non cumprir os requisitos establecidos nelas.

A maiores das obrigas anteriores, os beneficiarios deberán ter exercido a actividade marisqueira a pé antes da publicación desta Orde; acreditar que están ao día nas súas obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración; e non percibir ningunha outra axuda para a mesma finalidade nin pensión de xubilación ou incapacidade permanente.

Os mariscadores e mariscadoras que se beneficien desta medida percibirán unha axuda asistencial máxima de 6.300 euros nun só pagamento anual, se ben aquelas persoas que cumpran os 65 anos ao longo deste exercicio recibirán unha contía minorada en doceavas partes. Neste punto cabe sinalar que o orzamento dispoñible para esta actuación en 2009 ascende a 90.000 euros que se financiarán con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partires de mañá e estas poderán entregarse na oficina do rexistro único e información da Xunta de Galicia ou nalgún dos seus rexistros auxiliares, así como nos demais lugares previstos pola normativa vixente. As peticións formalizaranse a través dos correspondentes impresos oficiais e deberán acompañarse, entre outros documentos, dun informe de vida laboral, dunha declaración de non ser beneficiario doutras axudas para a mesma finalidade nin de pensión de xubilación ou incapacidade permanente e da certificación acreditativa da alta no Réxime Especial do Mar.

Melloras sociais

A Orde do 18 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso a axudas asistenciais dos mariscadores e mariscadoras a pé inclúese nas melloras sociais postas en marcha polo departamento que dirixe Carmen Gallego e entre as que tamén se atopan o seguro de mal tempo ou a ampliación da póliza de seguro colectivo de accidentes no mar aos inmigrantes enrolados en pesqueiros con porto base en Galicia. Neste apartado tamén se atopan as axudas para que os mariscadores e mariscadoras a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización para dispor dunha pensión de xubilación que a Consellería de Pesca vén aplicando dende o ano 2007.

No entanto, existe un colectivo con permiso de explotación en vigor que non puido acceder ás convocatorias desas subvencións por non cumprir os requisitos esixidos nas mesmas e, ademais, aínda que agora está dado de alta no Réxime Especial do Mar non reúne os períodos necesarios de cotización. É por esta razón que a Administración pesqueira galega decidiu establecer unha medida para que estes profesionais do mar dispoñan dos recursos necesarios para poder subsistir unha vez finalicen a súa actividade profesional.

Otra grave acusacion del PP : "A XERENTE DO HOSPITAL DA BARBANZA INCITA AOS TRABALLADORES A VOTAR AO PSOE"

Ruiz Rivas denuncia que a xerente do centro prima a súa militancia socialista e o proselitismo político sobre a mellora da asistencia sanitaria da poboación asignada ao hospital comarcal

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O xerente do Hospital Comarcal da Barbanza continúa utilizando os recursos públicos para facer campaña electoral a prol do PSOE e, estes días, está a incitar aos traballadores do centro sanitario a votar á candidatura socialista, segundo denuncia o portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, citando fontes internas do hospital.

Con todo, o feito de que a xerente estea pedindo o voto para o PSOE aos traballadores que ten baixo a súa responsabilidade non sorprende ao PPdeG, que recorda outros episodios pouco edificantes protagonizados por esta persoa que, xa nas municipais do 2006, utilizou o hospital para organizar un acto electoral coa candidatura socialista de Ribeira.

Recorda Ruiz Rivas que na última cea de nadal, a xerente do Hospital xa pediu o voto para o PSOE durante unha intervención na que insistiu na necesidade de votar co corazón e “o corazón o temos na esquerda”, segundo subliñou a oradora.

Máis recentemente, o recinto do Hospital Comarcal da Barbanza apareceu empapelado con cartelería electoral do PSOE, autorizada expresamente pola xerente do centro, acreditando deste xeito que prima a militancia e o proselitismo político sobre a mellora da asistencia sanitaria da poboación asignada ao hospital comarcal.

23 febrero 2009

El PP aviva la polémica en materia de Vivienda

A rehabiIitación do barrio da Tinería, eloxiada por Quintana, proxectada e presupostada por Feijóo na pasada Lexislatura do PPdeG
Rueda felicita a Quintana por recoñecer o acerto das políticas de rehabilitación do PPdeG
"Fronte á promesa de construir 25.000 vivendas protexidas, o bipartito remata a lexislatura cun rotundo fracaso e coa ameaza de expropiacións masivas"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- "A piques de abandonar o Goberno, Quintana foi capaz de recoñecer, por fin, os acertos do PPdeG, como quedou de manifesto esta mañá en Lugo durante a visita que efecuou ao barrio da Tinería, cuia rehabilitación valorou con encendios eloxios", dixo un portavoz do PP esta tarde.

O proxecto técnico e o presuposto necesario para acometer a rehabilitación do barrio da Tinería foi obra do anterior Executivo galego do PPdeG, cando Feijóo era conselleiro de Política Territorial, segundo recorda o secretario xeral dos populares galegos, Alfonso Rueda.

O acerto das políticas de vivenda do PPdeG contrasta do fracaso do bipatito neste ámbito xa que, despois de prometer a construción de 25.000 vivendas de protección nesta lexislatura, remata o seu mandato sen ter sido entregado as chaves de un só piso novo. Todos os entregados procedían da lexislatura anterior.

Pola contra, o bipartito deixa tras de si ameazas de expropiacións masivas de vivendas, xerando desconcerto e precupacion entre milleiros de propietarios. O fracaso do bipartito en materia de vivenda contrasta do programa de Feijóo, que propiciará a saída ao mercado (para adquisición, en condcions semellenates ou arrendamento con opción de compra) do amplo stock de vivendas libres -rematadas de construir, pero sen vender- que existen actualmente e Galicia.


Quintana insiste en los que espera grandes resultados para el BNG el 1-M

QUINTANA AUGURA UN “GRAN RESULTADO AO BNG” E AMOSA A SÚA ESPERANZA DE QUE, “DESPOIS DAS AFIRMACIÓNS DOS ÚLTIMOS DÍAS, POIDAMOS TER A MAIORÍA ABSOLUTA”
-O número un do nacionalismo advirte de que non se equivocará “facendo de altavoz aos argumentos do Partido Popular sobre a lingua”

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O candidato nacionalista á presidencia da Xunta afirmou hoxe en resposta ás perguntas dos xornalistas nun acto en Lugo que o BNG vai “obter un gran resultado o día 1. Vamos a subir nas catro circunscricións electorais e, hoxe, despois de ver e escoitar algunhas cousas, empezo a dubidar se o BNG non terá maioría absoluta, é máis, empezo a dubidar se non a temos xa”.

Quintana cualificou de “enormemente estrano nesta campaña que o BNG se adique a facer propostas e as demais forzas políticas se adiquen a falar do BNG. É para min un auténtico acicate, un honor e un motivo de sastifacción, de orgullo e ilusión, debemos estar que nos saímos porque, se suscitamos tanta preocupación por parte de todo o mundo, a ver se estamos moito mellor aínda do que pensamos”.

“Entre a propaganda que nos facemos nós e a que nos fan os demais, imos ter un resultado magnífico”, ironizou o líder nacionalista.

Tamén en resposta ás perguntas dos xornalistas sobre as afirmacións verquidas onte polo candidato do PSOE á presidencia, o número un do BNG indicou que “cada un marca a súa estratexia electoral e non teño nada que contestar. O que podo é facer dúas afirmacións. Vai haber dúas equivocacións nesta campaña que non vou cometer, primeiro, non me vou a equivocar de adversario, e segunda, mentres estou en campaña non me vou adicar nunca a facerlle de altavoz ó que son argumentos do Partido Popular”.

“En Galiza só existe un problema lingüístico, que é que existe un idioma propio que cada vez se fala menos e que hai milleiros de nenos galegos que non saben falar o galego”, indicou, “hai unha lei de normalización lingüística aprobada polo Goberno, feita pola conselleira de educación nestes tres anos e medio dunha maneira positiva e nada impositiva” e, por iso, apostou por redobrar os esforzos de normalización “feitos en base dun programa consensuado por todas as forzas políticas. O sr. Feijóo leva toda a campaña falando da mintira da imposición e de que o castelán está en perigo. É a súa estratexia de argumentacion e que non espere o Sr. Feijóo que eu actúe de altavoz de esa estratexia e desa argumentación”.

“Non me vou equivocar de adversario e non vou cometer a equivocación de facer de altavoz do que é a argumentación e a estratexia do Partido Popular. Eu en toda a campaña só teño escoitado ó PP e ó Sr. Feijóo falando de absurdas imposicións do galego e falar de que o castelán está en perigo. Que o diga o sr. Feijóo se quere pero eu, desde logo, non vou ser altavoz dos seus argumentos”, dixo.

Rueda (PP) ve a Touriño entregado en manos del BNG con tal de seguir gobernando

Alfonso Rueda recorda que o candidato socialista carece de unha política lingüistica propia, como tamén carece de propostas para os maiores, porque delegou esta responsabilidade nun BNG que secuestra dereitos coa complicidade do PSOE
"Que Touriño diga que quere gobernar sen ataduras despois de pasar catro anos tendido nos brazos do BNG é unha broma de mal gusto"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, considera que o anuncio de Touriño de que aspira a gobernar sen ataduras debe ser entendido como unha broma de mal gusto na medida en que o candidato socialista acude ás Eleccións sendo refén do BNG en aspectos esenciais como a política lingüística ou a atención aos maiores.

Recorda Rueda Valenzuela que Touriño pasou os últimos catro anos “rendido, pero tamén comodamente tendido, nos brazos do BNG”, derrochando cartos de todos os galegos en coches, mobles e despachos de luxo, pero tamén consentindo atropelos democráticos como a imposición do idioma, a ideoloxización das garderías infantís, a asignación a dedo de centos de postos de traballo na Xunta a militantes e simpatizantes nacionalistas, a atención á terceira idade -á que o bipartito, co beneplácito de Touriño- secuestra os seus dereitos, ou a adxudicación irregular do concurso eólico.

Por iso, que a estas alturas o candidato socialista diga que quere recuperar a súa propia personalidade sona a argumento desesperado que xa ninguén cree.

22 febrero 2009

Lo dicho : el departamento de Carmen Gallego exprime al máximo el limón institucional...

PESCA ULTIMA O ESTUDO DOS PROXECTOS PRESENTADOS POLOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA DE CARA Á SÚA APROBACIÓN
-A revisión e aprobación dos proxectos presentados por cada agrupación é o paso previo para que estas entidades poidan comezar xa a traballar, contando cunha importante axuda económica da Administración galega
-Pesca remitiu un escrito á Fiscalía no que se denuncian irregularidades no acordo adoptado pola asemblea dunha das asociacións que conforman o Grupo de Acción Costeira da Zona 3

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos está a traballar na revisión dos Plans Estratéxicos Zonais (PEZ) de cada un dos Grupos de Acción Costeira (GACs) que se constituíron no litoral galego. Deste xeito, estanse a ultimar os trámites para que estas agrupacións poidan comezar a traballar e a desenvolver os seus proxectos coa achega económica correspondente por parte do departamento de Pesca.

A día de hoxe están constituídos os grupos das sete zonas pesqueiras nas que se dividiron os concellos galegos do litoral e que son a Zona 1 Mariña lucense e Ortegal, Zona 2 Golfo Ártabro, Zona 3 Costa da Morte, Zona 4 Seo de Fisterra-Muros e Noia, Zona 5 Ría de Arousa, Zona 6 Ría de Pontevedra e Zona 7 Ría de Vigo-A Guarda. Estas agrupacións están formadas por entidades do sector pesqueiro, do social, do económico e do sector público, aínda que lle corresponde ao sector pesqueiro o 50 por cento do peso nos órganos de Goberno do grupo.Todos eles presentaron en prazo diante da Consellería o Plan Estratéxico Zonal no que se concretan as actuacións, actividades e medidas a desenvolver nos próximos anos.

O departamento que dirixe Carmen Gallego publicou o pasado 28 de xullo de 2008 no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para a selección de asociacións para outorgarlles o recoñecemento de entidade colaboradora da Consellería de Pesca baixo a denominación do Grupo de Acción Costeira (GAC), así como para fixar o contido mínimo do Plan Estratéxico Zonal (PEZ). Esta medida que pon en marcha a Administración galega enmárcase no Eixo prioritario nº 4 do Fondo Europeo da Pesca (FEP 2007-2013), referido ao “Desenvolvemento sostible das zonas de pesca”.

Trátase dunha iniciativa pioneira para a que Pesca disporá dun orzamento de 40 millóns de euros ata 2013. Ten por obxectivo principal estimular a creación de novas fontes de ingresos sostibles para incrementar de xeito apreciable a calidade de vida nas comunidades e zonas pesqueiras. Para este fin, resulta indispensable proporcionar as ferramentas necesarias a aqueles axentes económicos e sociais que mellor comprenden os problemas e retos das comunidades costeiras para tentar adoptar as solucións ás súas demandas reais.

Pesca remite documentación á Fiscalía
Por outra parte, Pesca trasladou á Fiscalía un escrito no que se denuncian irregularidades no acordo adoptado pola asemblea dunha das asociacións que conforman o Grupo de Acción Costeira da Zona 3 (Costa da Morte). Este escrito foi recibido pola Administración pesqueira galega e nel ponse en entredito a validez dos acordos adoptados pola devandita asociación.
Paralelamente, a Consellería está a revisar toda a documentación pertencente a este grupo por si se puidera constatar a existencia de situacións semellantes á denunciada no escrito citado e que puideran dar lugar tamén ao seu traslado ao Ministerio Fiscal

Quintana confía en el ascenso del BNG en todas las provincias en las elecciones del 1-M

QUINTANA AUGURA UNHA “SUBIDA AO BNG EN TODAS AS PROVINCIAS” E REIVINDICA O SEU PAPEL DE “FORZA POLÍTICA DO POBO GALEGO”
-O candidato afirma que este país “precisa dúas cousas: un Novo Estatuto e un goberno disposto a aplicalo e o BNG é a única forza política disposta a facelo”

CANGAS (MORRAZO-tribuna) .- .- O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou esta mañá nun mitin no pavillón de Rodeira, no que tamén interviron a alcaldesa Clara Millán, o candidato Bieito Lobeira, e a cabeza de lista por Pontevedra, Teresa Táboas.

O candidato nacionalista lembrou no inicio do acto a súa presenza hai 32 anos en Cangas “facendo a viaxe en barco dende Vigo, e atopeime coa memoria do que tiña sido un terríbel naufraxio acontecido naquel ano”. “ Mozos e mozas coma mín que traballaban no país construían daquela o que lle faltaba a Galiza para ser nación de verdade, unha forza política propia”, dixo.

Daquela, Quintana lembrou que se emocionou co labor dos compañeiros e compañeiras do Morrazo que estaban a amosar naquel momento “respeto, cercanía e compromiso insobornábel para defender a conquista de melloras laborais. Asi somos nós. Asi construíuse esta forza política”, asegurou. “Nacimos dende a terra, somos a forza política do pobo e ése é o noso gran orgullo e a nosa gran satisfacción”, dixo.


Quintana criticou a Feijóo e Rajoy por chamarlle “señorito”, malia as súas orixes e asegurou de xeito rotundo que “os señoritos son aqueles que desprezaron aos que falabamos galego, ese idioma de pobre e de palurdos” e contrapuxo a actitude do nacionalismo: “Nós guiámonos pola máxima do poeta: mirade a lingua que falo, desprezada por ser lingua de pobres, lingua escrava, só neles hai verdade e máis honores”, ao tempo que tildou aos líderes do PP de ser eles os auténticos “señoritos”.

Aludíu o candidato tamén ás enquisas que se publican hoxe nos medios de comunicación e afirmou que “revelan algo que o BNG vai subir, eu vouvos dicir onde: en todas” e dixo que as enquisas “amosan algo máis importante: comprobar que é a xente que peor o está pasando, a que maioritariamente opta polo BNG. É moi significativo, e é normal porque demostra que cando dicimos que somos a forza do pobo galegos non o dicimos só nós, Asi nos identifica a xente, Saben que para sair deste momento só o BNG pode ofrecer solucións”.

Paro

Temos “máis de 200.000 razóns para estarmos preocupados e para seguir traballando con máis forza”, dixo, en referencia ás cifras do paro, e para iso apostou por “colocar as políticas para a xente antes que calquera outra cousa”.

Apuntou Quintana ao traballo pendente en alusión a unha persoa que se lle achegou á entrada do mitin para explicarlle que, despois de meses de espera, por fin tivo acceso ás axudas de dependencia e dixo que “a nós reclámannos porque convertimos a atención aos dependentes nun dereito e a xente fai ben en reclamar”.

Apelando ao labor pendente, Quintana apostou por crear un complemento autonómico para o desemprego “para que esteamos igualdade co resto do estado. Ésa é a política para a xente do BNG e a que queremos seguir facendo construíndo. O PP só quere destruír, o señor Feijóo primeiro dixo que quere pechas as galescolas, igual que aquel adestrador do Barça, Van Gaal, todo negativo, nada positivo!”

Asegurou que o PP só se sinte seguro “na súa campaña de difamación e mentira que ten eco en algúns medios de comunicación, asi fai política calquera. Por certo, que a mesa sigue sen aparecer. Alguén do PP a ten na casa!”, increpou coreado polo público.

“Se nós mercáramos unha mesa de 1.000 euros habería que ver o que dicían, pero disto non se di nada”, ironizou, “é como o dito, cando se emborracha un pobre, que borrachon, e cando se emborracha un rico, 'que gracioso está el señor'”.

Novo Estatuto

O cartel nacionalista afirmou que Galiza precisa na próxima lexislatura dúas cousas: “Un Novo Estatuto e un goberno disposto a aplicalo e o único disposto a aplicalo é o BNG. Temos que esixir tendo na man o noso estatuto. Unha caixa de ferramentas para construír benestar”

Por iso, Quintana pedíu o traballo de todos e todas para que haxa “unha marea de votos para o BNG”.

Aludíu tamén á data de mañá, 23 F, “data para lembrar os perigos para as liberdades e como enfrentalas, pero tamén porque houbo outro o de 2003, naquela data milleiros de galegos e galegas inundamos Madrid na maior manifestación de toda a historia deste país. Fomos reclamar respecto e dignidade, non fomos chorar a unha esquina”. En aquela ocasión, o BNG, como sempre ten feito “non se equivocou de bando, estivo coa xente, co pobo. Onde estivo o PP daquela? Na casa, escondido, protexendo un goberno inoperante e ineficaz, desexoso de afundir a Galiza na peor das miserias”.
“de dignidade, de orgullo de sermos galegos, de futuro, de transformación para o noso país votando masivamente ao BN”.

Entroido

O candidato do Morrazo, Bieito Lobeira, aludíu ás datas de entroido nas que estamos e dixo que “o que máis se estila é o disfraz de “galeguista”, frente a iso, con entroido aí está o BNG, “coa cabeza ben alta, coa conciencia ben tranquila, por tres anos e medio de responsabilidade. O BNG está para devolverlle a Galiza a esperanza que nos roubaron e que si hai alternativa á situación de crise que estamos a padecer”, dixo.

Lobeira lembrou que existen cuestións pendentes como “o feito de que haxa milleiros de veciños desta comarca, mariñeiros que non van poder votar. Non hai pasaportes exprés porque o goberno español recoñécelles máis dereitos aos mortos de Arxentina e Uruguai que aos veciños que axudaron a levantar este país”.

Tamén Teresa Táboas aludíu ás datas de entroido e comparou ao PP cunha “comparsa na que van disfrazados de corruptos e a canción é 'se va el Caimán, se va p'a la barranquilla'.

Pedíu a Feijóo que “lles explique aos traballadores as que é iso da flexibilidade laboral, é o despido libre. Cando baleire as arcas públicas recortando os impostos dos que mais gañan que diga con que vai pagar a sanidade, a educación”.

“Nós”, dixo Táboas, “podemos presentarnos sen careta, mirándolle aos ollos á xente” e puxo como exemplo da súa xestión a creación de 17 millóns de metros cadrados de solo empresarial en tres anos e medio, fronte aos 9,6 do PP. “Estamos coa xente, co emprego de calidade, apoiando aos nosos sectores produtivos”, dixo, “temos propostas e os demais non, porque non teñen programa de goberno . Nós si porque xestionamos a esperanza dos galegos e galegas”.

21 febrero 2009

En Marín, el problema de los núcleos de litoral entra en campaña electoral...

Táboas asegura que “O PP puido ter solucionado o problema dos núcleos de litoral cando gobernaron en Madrid e en Galiza. O PSOE tamén puido facelo pero non o fixo”

MARIN (MORRAZO-tribuna) .- A cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra, Teresa Táboas, interveu esta tarde nun acto en Loira cos veciños dos núcleos de litoral afectados pola Lei de Costas.

“O PP puido ter solucionado o problema dos núcleos de litoral cando gobernaron en Madrid e en Galiza. O PSOE tamén puido facelo pero non o fixo”, asegurou.

Sinalou a dificultade de resolver o problema dos núcleos do litoral coa Lei de Vivenda. “Pero fixémolo, a pesar de ter poucos mecanismos para resolver o problema”, dixo.

“Vivimos nun país que se foi habitando ao longo dos séculos, en moitos núcleos de poboación. Habitamos no territorio de xeito diferente porque somos diferentes, porque vivimos como galegos. Pero iso non o entenderon en Madrid cando fixeron a Lei de costas”, asegurou.

A candidata do BNG sinalou o mérito dos nacionalistas en resolver o problema “a pesar de que non tiñamos as competencias de urbanismo”.

“E que temos agora diante de nós? O futuro, porque o BNG xestiona a esperanza e agora podemos facer obras de rehabilitación, non só nas vivendas senón tamén no espazo público”, dixo.

Políticas de rehabilitación

Táboas lembrou que a última Lei de Vivenda recolle con rango de Lei a rehabilitación. E nesa liña, sinalou que “tras ter pelexado con tres ministras distintas de vivenda”, agora se inclúen os núcleos como Loira nos Plans Estatais de Rehabilitación.

“E a partir de aí o futuro é noso”, sinalou. “E do mesmo xeito que fomos quen de resolver o problema dos núcleos de litoral, eu dígovos que se lideramos o goberno galego, seremos capaces de sacar adiante o noso país”, concluíu.


Bieito Lobeira

O candidato número 4 do BNG por Pontevedra comezou a súa intervención afirmando que “non estou entre persoas ou entre votantes, senón entre amigos”.

“Aquí tendes máis unha vez ao Bloque Nacionalista Galego. Nós o que non somos é marcianos que desembarcamos nun sitio cando hai eleccións e logo nos esquecemos dos problemas da xente”, asegurou.

“Eu sempre tiven a sensación de que Loira e outros núcleos do litoral foron lugares abandonados. Para min, que nacín aquí; sempre pensei que non era de recibo o trato por parte das administracións”, sinalou.

“O sucedido nestes 6 últimos anos en relación aos núcleos do litoral demostra a importancia de ter forzas políticas como o BNG”, asegurou. “Aquí, en Galiza, hai 33.000 núcleos de poboación, que levan moito tempo habitados, desde o tempo dos nosos pais e dos pais dos nosos pais, algúns na costa, como Loira e non son lugares de veraneo para turistas estresados”, dixo. “Non se poden facer leis desde Madrid ignorando a nosa realidade”, afirmou.

"As nosas leis temos que facelas desde Galiza, que é a nosa casa”, enfatizou. O deputado nacionalista destacou a labor dos veciños na loita pola regularización dos núcleos, e a estreita colaboración entre o BNG de Marín e os veciños, “por riba de reclamar o lexítimo protagonismo partidario”. Lobeira concluíu o seu discurso dicindo que “hai un elemento do que si aprendín de vós durante estes seis anos, a dignidade”.

Los vendedores ambulantes muestran su inquietud ante la que se les viene encima...

Reuníronse co candidado popular Pedro Puy, ao que entregaron un documento de análise sobre a situación á que se enfrontan
-Representantes dos vendedores ambulantes de Galicia trasladan ao PPdeG a súa preocupación pola competencia desleal
-O PPdeG comprométese a consultarlles calquera refoma legal que poda acometer na próxima lexislatura e a evitar intentos de imposición como o que pretendeu o bipartito co anteproxecto de lei de comercio

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O candidato do PPdeG ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña, Pedro Puy, reuniuse con representantes de tres organizacións de vendedores ambulantes que operan en Galicia para interesarse sobre as súas principais preocupacións, que na actualidade se centran no descenso das vendas como consecuencia da crise económica, pero tamén pola competencia desleal provocada por persoas que nin pagan impostos nin están ao día nas cotizacións sociais.

Outro asunto que preocupa aos vendeores ambulantes son as taxas municipais que deben aboar polos seus postos, así como as consecuencias de calquera modificación lexislativa de ámbito autonómico que se poda aprobar e afecte a esta rama de actividade. Puxeron como exemplo o anteproxecto de lei de comercio que pretendeu sacar adiante o bipartito na lexislatura que agora remata para impoñer aspectos como a rotulación en galego.

Neste sentido, Pedro Puy confirmou aos seus interlocutores que o programa do PPdeG contempla medidas encamiñadas a incrementar o control sobre os mercados e para velar por un correcto fucionamento dos mesmos. Tamen se comprometeu a que calquera norma legal que pretenda promulgar o futuro Goberno do PPdeG en relación coa venda ambulante será consultada previamente co sector.

Na reunión, celebrada na sede rexional do PPdeG, en Santiago de Compostela, participaron representantes da Federación Galega de Comerciantes Ambulantes e de Feiras (FGCAF), da Asociación Profesional de Comercio Ambulante e Comercio en Prazas de Abastos de Galicia (ACAPAG) e da Agrupación Única de Vendedores Ambulantes Autónomos da Coruña (AUVALC), que entregaron a Pedro Puy un documento que recolle un decálogo de propostas para a mellora da venda ambulante na Comunidade Autónoma.


Sobre los muebles catalanes de diseño con los que Touriño enriquece su despacho...

O PPdeG esixe ao presidente da Xunta que pida desculpas a tódolos galegos pola súa paixón polo luxo antes do vindeiro 1 de marzo
-"Touriño segue derrochando cartos de todos os galegos e gasta en mobles de luxo o equivalente a dous pisos de protección.
-Tan só a librería do despacho de Touriño custa tanto como un piso de protección que a Xunta nega aos mozos e ás familias necesitadas
-Touriño compórtase como o sultán de Brunei, esquecéndose de que Galicia atravesa a peor crise das últimas décadas
-Touriño ignora a crise do sector galego do moble e equipa o seu despacho con produtos de empresas catalanas"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Mentres os datos oficiais certifican a existencia de 201.000 parados en Galicia e se acredita que a EPA oculta 90.214 desempregados na Comunidade, Touriño continúa sen inmutarse e segue derrochando os impostos de todos os galegos en caprichos luxosos, como queda en evidencia cos máis de 200.000 euros que gastou nos mobles de luxo que equipan o seu despacho oficial.

DELICTO MORAL

O feito de que o aínda presidente da Xunta teña dedicado aos mobles do seu despacho unha cifra equivalente ao custe de dos pisos de protección constitúe, en opinión de Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG, un delicto moral do que Touriño debe responder ate o conxunto dos galegos. Esa explicación tórnase especialmente necesaria tendo con conta que o presidente da Xunta derrocha no seu despacho e outras dependencias os recursos que nega ás familias a aos mozos para facilitar o acceso a unha vivenda digna ou para prestacións en materia de dependencia.

TOURIÑO ACTÚA COMO O SULTÁN DE BRUNEI

Tan só a librería do despacho de Touriño custa 119.559 euros, arredor de 20 millóns das antigas pesetas, un derroche máis propio do sultán de Brunei que do presidente dunha Comunidade Autónoma que atravesa a crise económica máis intensa das últimas décadas.

O prezo dos restantes elementos cos que Touriño equipou o seu despacho non só non pasa desaparecibido, senón que constitúe un insulto á dignidade de todos os galegos, e moi especiamente á das máis de 200.000 persoas que buscan un posto de traballo en Galicia neste momento.

Só a soberbia de Touriño pode explicar -nunca xustificar- que a Xunta destinase máis de 15.000 euros a unha mesa de despacho; máis de 17.000 euros a unha credecia; máis de 13.000 euros a unha mesa de xuntas, ou máis de 5.000 euros a unha mesa de centro.

Para o PPdeG sorprende tamén que nun momento de crise xeneralizada para as empresas galegas, incluído o sector do moble que está a rexistrar unha forte caída das vendas como consecuencia da regresión do consumo, Touriño elixise empresas catalanas para subministralle os exquisitos mobles de nogueira do seu despacho ou a alfombra de diseño que completa o conxunto.

TOURIÑO DEBE DISCULPARSE POLO DERROCHE DE 7M€

Neste contexto, Alfonso Rueda esixe a Touriño que pida desculpas ao conxunto dos galegos antes do vindeiro 1 de marzo polos excesos cometidos durante a lexislatura que remata en coches oficiais, despachos e mobles de luxo e outras obras e equipamentos innecesarios en salas de reunións ata derrochar arredor de 7 millóns de euros procedentes dos impostos de todos os contribuíntes.

Rueda Valenzuela contrasta o derroche de Touriño coa proposta de austeridade, reducción de impostos e rexeneración institucional proposta por Feijóo.

¡Más madera! : A conselleira de Educación utiliza o coche oficial, en horario de traballo, para ir á perruquería, afirma O PP

"Chove sobre mollado, porque o marido de Sánchez Piñón recibiu, nesta lexislatura, máis de 600.000 euros en axudas públicas da Xunta"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A conselleira de Educación da Xunta, Laura Sánchez Piñón, segue o exemplo de derroche do seu xefe e, neste caso, utiliza os recursos públicos, pagados cos impostos de todos os galegos, para asuntos particulares. O PPdeG ten constancia de que a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, adoita acudir á perruquería, en coche oficial e en horario de traballo.
Para o PP, "Por se non fose pouco cos 7 millóns de euros derrochados por Touriño no seu coche oficial, a redecoración dun despacho de luxo que apenas utiliza, as obras en salas de reunión para o Consello da Xunta con cadeiras de 2.300 euros unidade, a conduta de Sánchez Piñón acredita que a paixón polo luxo e o derroche sen control dos recursos públicos se converteu nunha conduta habitual para os conselleiros do Goberno bipartito".

ROSTRO DE METAL
Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdeG, considera que hai que ter un “rostro de metal” para que un conselleiro non só dedique parte do tempo que supostamente debería pasar no despacho xestionando o sistema educativo público de Galicia a ir á perruquería, senón que, por riba, o faga no coche oficial, alardeando dese feito, nun momento no que centos de galegos van ao paro cada día.

A CONSELLEIRA QUE BENEFICIA AO SEU MARIDO
No caso da conselleira de Educación -lembra o PP-, ademais, chove sobre mollado, xa que, como recorda o PPdeG, o marido de Sánchez Piñón ten recibido, na actual lexislatura, máis de 600.000 euros de axudas públicas da Xunta para financiar proxectos de investigación nos que el participa directamente, nun caso de evidente trato de favor. De feito, desas axudas, 408.000 euros fóronlle outorgados pola súa propia esposa, mentres que a cifra restante procede doutos departamentos autonómicos.

PP a la carga : "Touriño e Zapatero poderían encher 50 pavillóns deportivos cos máis de 200.000 parados existentes en Galicia "

-O PPdeG anima ao PSOE a seguir paseando a Zapatero por Galicia para comprobar que teñen a credibilidade polo chan
-Alfonso Rueda recorda que PSOE equivale a paro e despilfarro
-O PPdeG apunta que a paixón de Touriño polo luxo e a de Bermejo pola caza gratis total retratan o concepto socialista de austeridade en época de crise

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- El PP no ceja en su empeño de dejar al bipartito y especialmente a Pérez Touriño, a la altura del betún... Los ataques se suceden. Veamos el de esta tarde :
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, anima ao candidato socialista a que continúe paseando a Zapatero por Galicia para comprobar ata que punto a credibilidade do PSOE está polo chan e, de paso, continuar visualizando ante os cidadáns que “PSOE equivale a paro e despilfarro, en Galicia e en España”.

O director de campaña dos populares galegos está convencido de que as incursións electorais de Zapatero en Galicia contribúen a visualizar a nula credibilidade das propostas socialistas, ao contrastar a crúeza da realidade económica do momento coas promesas de pleno emprego, e outras semellentes efectuadas por Zapatero e por Touriño hai catro anos, pero tamén máis recentemente, como cando negaban as evidencias de crise.

Agrega o secretario xeral do PPdeG que os máis de 200.000 parados galegos contabilizados polas estatísticas oficiais, e os mais máis de 90.000 desempregados que oculta a EPA, poderían encher 50 pavillóns deportivos como o que acolleu o acto electoral convocado hoxe por Touriño e Zapatero en Vigo.

PARALELISMO ENTRE TOURIÑO E BERMEJO

Rueda Valezuela recorda tamén o paralelismo existente entre o bipartito galego -no que o derroche se converteu en norma habitual, como acreditan os 7 millóns de euros gastados en caprichos como un coche oficial máis caro que o de Obama ou os 200.000 euros dedicados aos mobles do luxoso despacho oficial- e o Goberno de Zapatero, no que o ministro de Xustiza utiliza recursos públicos -como a finca de Quintos de Mora- como se se tratase do seu cortixo particular para dar renda solta, e gratis total, á súa paixón pola caza.

“Tanto Touriño como Bermejo compórtanse como dous virreis, derrochado e disfrutando dos recursos pagados cos impostos dos contribuíntes e negándose a dar a cara cando se lles reclaman explicacións polos seus excesos, mentres o número de parados medra sen cesar”, agrega Rueda Valenzuela, convencido de que estes dous comportamentos retratan perfectamente o concepto de austeridade dos socialistas.

Quintana reta a debates a dos o a tres y sin condiciones y pide a los medios que los convoquen

Táboas lembra o papel xogado polo BNG na resolución dos problemas da PLISAN, “que deixou Núñez Feijoo”
QUINTANA ASEGURA QUE “OS SEÑORITOS NESTE PAÍS SON AQUELES AOS QUE LLES DÁ 'ASCO HABLAR GALLEGO', OS SEÑORITOS SON RAJOY E FEIJÓO”
-O candidato do BNG empraza aos medios de comunicación a convocar un debate “sen condicións, a dous ou a tres, tanto me ten”

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O candidato nacionalista á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, participou esta tarde nun mitin en Ponteareas, no que interviron a responsábel comarcal, Sandra Araúxo, o candidato número 8 por Pontevedra, Roberto Mera, e a cabeza de lista, Teresa Táboas.

O candidato nacionalista iniciouo mitin aludindo ao inicio “da recta final desta campaña que nos ten que levar a unha grande victoria” e indicou que o BNG inicia esta recta final “con un tremendo ánimo e unha maior ilusión”, e asegurou que “que está na nosa man conseguir un resultado histórico o día 1”.

“Depende do noso traballo e o noso esforzo”, dixo. Anxo Quintana aludíu ao inicio da súa xornada de campaña hoxe en Baños de Molgas “unha aldea na que nos 70 moitos empezamos a traballar para que este país contara cun proxecto político propio”.

Galiza é unha nación, afirmou de xeito rotundo, “porque ten idioma propio, cultura, realidade social relación económica e a súa propia xeografía”, esta nación, continuou, “ou é de verdade ou acaba de ser cando é capaz de dotarse de forzas políticas propias”.

“Fomos capaces de construír unha forza política propia do país co traballo e o esforzo, nunca nos regalaron nada”, asegurou, “asi se creou o BNG, co traballo de todos e todas”. “Nós non nacimos no laboratorio de ningún medio de comunicación, nin no despacho de ningún clube financeiro, nin somos o produto das cábalas políticas do Consello de Administración dunha grande empresa. Somos o produto do pobo, do traballo denodado de tanta xente que gastou o seu esforzo para crear un proxecto político que hoxe é o orgullo de todo o país”, afirmou de xeito contundente, “iso é o BNG e iso é o que nos diferencia das restantes forzas políticas, o noso proxecto e a nosa historia”.

Anxo Quintana quixo comparar esta realidade coa do PP e aludíu ao feito de que “o señor Rajoy e Feijóo levan uns días chamándome señorito, a min, a min que nunca formei parte do Consello de Administración de ningunha gran empresa, que non me criei para ser funcionario de carreira nin nunca utilicei a miña actividade política para enriquecer a uns poucos”.

“Neste país, ao señoritos os coñecémolos por outra cousa. Son aqueles que se afastan do pobo, son aqueles que mandaron sempre por prescrición divina, aqueles aos que lles dá “asco hablar gallego”, 'ese idioma de los pobres'. Os señoritos neste país non perderon o seu tempo polas corredoiras creando sindicatos de labregos e de traballadores”, concluíu.

“Os señoritos naceron nun despacho do franquismo para utilizar a democracia e favorecer a uns poucos”, concluíu, “éses son os señoritos, o señor Feijóo e o señor Rajoy”.

O próximo día 1 xogámonos moito, tal e como indicou Quintana, “xogámonos seguir traballando nese camiño ou poder volver atrás, ser o quer o señor Feijóo, unha rexión de quinta categoía aos pés do señor Rajoy”.

MacGyver

O líder nacionalista confesou que durante estes tres anos e medio de goberno “téñome sentido un pouco como aquela serie dun tal MacGyver, que con tres fíos montaba un coche. Porque en Galiza temos un autogoberno débil, con poucas competencias e, con eses instrumentos tan febles, temos feito un plan de vivenda, un sistema galego de benestar. Con case nada nas mans cambiamos a historia enerxética deste país para que non estea nas mans dos catro de sempre”, continuou, “e que Galiza se beneficie de ser produtora de enerxía eléctrica. Sen nada, sen case nada, temos posto a McGyver á altura dun peón de quinta”.

Nesta liña destacou o traballo feito cunha rede pública de atención aos maiores, a través do Banco de Terras, co Plan de Vivenda. “Ése é o labor que queremos seguir facendo”, insistíu, e advertíu de que “a alternativa é a do señor Feijóo que a dixo moi clara: quero gaña en Galiza para iniciar dende Galiza a reconquista de España. Utilizar a nosa terra para poña como carne de canon ao servizo de Rajoy”.

Por iso afirmou que “o señor Feijóo quere utilizar a Galiza e nós queremos servir a Galiza”. Asi, afirmou que os populares queren poñer ao país ao servizo “dos catro amigos que queren facer negocio”. Por iso, segundo asegurou, o PP “está a facer unha campaña en negativo. Por onde vai pecha algo” e aludíu ao anuncio do líder popular de que quere pechar as galescolas e contrapuxo a actitude do BNG: “nós imos gobernar con máis forza aínda. O que imos facer son 10.000 novas prazas para que os nenos e as nenas teñan educación en todas partes”.


Advertíu tamén da intención do líder popular de “tirar o concurso eólico para que fagan negocio os seus amigos de sempre”, e quixo advertirlle de que “se vostede fai iso, sería bo que lles dixera aos galegos e galegas a que empresas de fóra lles vai dar os megavatios” e ironizou co feito de que lle pensa dar “ás empresas do señor Correa”. Anxon Quintana criticou os “contratos millonarios a esas empresas corruptas que agora sabemos que concederon cando foi o das vaca tolas. Eles, que tanto se preocupan pola austeridade e o gasto público, sabemos agora que o goberno galego comprou entre outras cousas unha mesa do século XVIII que valeu 33.000 euros. O problema non é ese, o problema é que agora a mesa non aparece, a ver onde está!”. Quintana ironizou coa mesa e perguntoulle a Feijóo se está “gardada na casa de algún dirixente do PP para firmarlle un contrato ao señor Correa. Sonche os de sempre, coas mesmas cantinelas, as mesmas mentiras, a mesma difamación”, continuou, “pensan que por ter amigos e medios de comunicación poderosos vannos arrugar a estas alturas, a min”, dixo, “a min que nestes 30 anos de traballo nos que teño cometido multitude de erros, como ser humano claro que me equivoco, en 30 anos non teño movido un só dedo para intentar que se beneficien señoritos a conta do pobo galego. Teño a conciencia tranquila.

“Por iso vos pido o voso voto e que traballemos para que o día 1 reventemos as urnas con votos ao BNG porque é o futuro o que está en xogo, a posibilidade de que Galiza siga avanzando” e, nesa liña, volveu aludir á metáfora televisiva indicando que “non teño alma de MacGyver” e aludíu á necesidade de termos máis competencias.

Por isto reclamou un “Novo Estatuto como unha gran caixa de ferramentas para traballar e poñer os recursos ao servizo do país”, dixo, “quero un novo estatuto para ter os mecanismos financeiros para que a xente sexa o primeiro, porque sempre ten que estar antes que os beneficios, para que Galiza sexa respetada”.

Novo Estatuto

“O que propón Feijóo é o contrario”, dixo, “o que propón é o da película “O incríbel Home Minguante”, que empezou “falando a reforma estatutaria, foise empequenecendo e agora di que hai que devolver competencias a Madrid, esa é a confianza no país que ten o señor Feijóo”, continuou, “nós precisamos un Novo Estatuto para ter ferramentas para xerar benestar e o que precisa él é un teléfono para chamar a Madrid e pedir ordes”.

Quintana reiterou a necesidade de que haxa debates na campaña e tirou a luva aos medios de comunicación “quero lanzarlles unha proposta, pídolles que convoquen eles aos candidatos a un debate pensando en que os debates son un dereito da xente e eles teñen que dirixirse á xente. Que nos convoquen, que poñan día e hora. Eu anuncio que irei, en calquera medio de comunicación. E para que o señor Feijóo non teña disculpa xa me é igual que sexa a tres ou a dous, que poña el as condicións”. “Porque o BNG non ten nada que ocultar, o señor Feijóo si, por iso quere a campaña da mentira. Espero que alguén colla o testigo como un dereito dos cidadáns”

“Feijóo ten moito pasado, o que non ten é futuro”, dixo, “pretenden desmoralizarnos que non haxa debate, lanzar infundios, mentiras e difamacións para desanimarnos. A nós que levamos toda a vida traballando para construír un proxecto político para o país sen máis instrumento que a nosa cabeza e os nosos brazos. Agora é cando estamos máis ilusionados ca nunca”, concluíu.

Teresa Táboas asegura que o PP “xestiona o medo e carece de propostas”

A candidata, que Roberto Mera presentou como “a conselleira mellor valorada do goberno galego”, asegurou que “o próximo un de Marzo, os galegos escollemos o novo Parlamento e o novo presidente de Galiza”. “Debemos escoller o noso”, sinalou.

Táboas asegurou que Núñez Feijoo se presenta como a renovación, pero tamén ten pasado. Nesa liña, lembrou que en 2004 asinou un convenio cos graveiros da Plisan e deixou fóra os propietarios das compensacións. “Levamos tres anos e medio traballando e dando a cara, e agora os propietarios da Plisan van ver resolto o problema”, dixo.

Ademais, lembrou o proxecto de colaboración entre Vivenda e Cultura para recuperar a casa de Roxelio Groba, compositor ponteareán, como sede da Fundación Groba.

“Que non se presente o señor Feijoo como a renovación, porque eles son os xestores do medo, xogan a xestionar a crispación e carecen de propostas”, asegurou. “Nós, o BNG, somos os xestores da esperanza”, asegurou. Táboas concluíu o seu discurso reafirmando o compromiso do BNG co emprego e coas persoas afectadas pola crise