Mostrando entradas con la etiqueta ESPECTACULOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESPECTACULOS. Mostrar todas las entradas

30 septiembre 2009

Uxía leva o seu ‘Eterno Navegar’ a Brasil, despois do éxito de Cantos na Maré


Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Ao longo dos próximos días, a cantante galega Uxía Senlle presentará o seu último disco en Vitoria, Belo Horizonte, Sao Paulo, Niteroi e Rio de Janeiro

Os músicos brasileiros Fred Martins e Sérgio Tannus acompañarán a Uxía o 15 de outubro no Teatro Uff de Niteroi e o 19, no Funarte de Río de Janeiro - Uxía viaxa por catro estados brasileiros co seu último disco, Eterno Navegar, despois do éxito acadado polo espectáculo Cantos na Maré, que pechou onte o V Encontro de Negócios na Língua Portuguesa. O Spirito Jazz de Vitoria (Espirito Santo) será o primeiro porto no que recale Uxía co seu último traballo, os día 2 e 3 outubro. Despois, xa o día 12, participará no Festival de Jazz de Belo Horizonte (Minas Gerais) e o 14, no Grazzie a Dio de São Paulo. Finalmente, os músicos brasileiros Fred Martins e Sérgio Tannus acompañarán a artista galega nas últimas actuacións da xira, o 15 de outubro no Teatro Uff de Niteroi e o día 19, en Funarte, en Río de Janeiro.

Da man do pianista e compositor das Illas Azores, Paulo Borges, a voz de Uxía percorre neste seu Eterno Navegar camiños de sonoridades atlánticas e ritmos africanos que se mesturan en 15 temas baixo a súa melodiosa voz e o seu estilo intimista. O Atlántico impregna a personalidade deste traballo, un paseo polos ambientes e ritmos destes territorios partindo da música e a poesía de Galicia. Contando, cantando e sumando voces á súa propia, emprende unha travesía na que nos fai sentir desde as brisas mariñeiras, arrecendos e sabores salgados de Cabo Verde, ata a soidade da Costa da Morte. Con esta mestura visitará Uxía o Spirito Jazz de Vitoria (Espirito Santo) os día 2 e 3 outubro, o Festival de Jazz de Belo Horizonte (Minas Gerais) o día 12 e o Grazzie a Dio de São Paulo o día 14.

Con Uxía participaron nesta rica viaxe numerosos colaboradores, músicos galegos, portugueses, africanos e brasileiros nunha conxunción inaudita e moi saborosa. Nas cancións sobrevoan moitos dos meus referentes: a voz telúrica de Santalices e, na súa zanfona, a esencia ancestral da música galega. As palabras de Caetano Veloso coa súa sedución sinuosa e cálida, a voz trémula do Zeca Afonso, a beleza do esencial e a cadencia de Cesária Évora... todos e cada un deles foron fonte de inspiración e alimento reconfortante para a alma deste disco. Así, temas como “Danza ritual”, “As nosas cores” ou “Eterno navegar” son extremadamente ricos nestes singulares contrastes. A xira de presentación brasileira do Eterno Navegar contará coa achega dos músicos brasileiros Fred Martins e Sérgio Tannus, que acompañarán a Uxía o 15 de outubro no Teatro Uff de Niteroi (Rio de Janeiro) e o día 19, en Funarte, en Río de Janeiro.

Navegar ao sabor das ondas dun mar que une, emprender un “eterno navegar” para sentir brisas e sabores mariñeiros, viaxar polo verde Miño e polo deserto, polo día luminoso e polo solpor. Uxía conxuga á perfección o compás dos tambores coas doces melodías galegas. Unha experiencia única na que o fado, o alalá e a morna fúndense para destilar un perfume único.

As datas:
Día 2 e 3 Outubro. Spirito Jazz. Vitoria (Espirito Santo)
Día 12 Outubro. Festival de Jazz. Belo Horizonte (Minas Gerais)
Día 14 Outubro. Grazzie a Dio. São Paulo (São Paulo)
Día 15 Outubro. Teatro Uff. Niteroi (Rio de Janeiro)
Día 19 Outubro. Funarte. Rio de Janeiro (Rio de Janeiro)

O regreso do Grupo de Teatro Escoitade

Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Grupo de Teatro ESCOITADE retorna á actividade, tras unha longa paréntese.
En abril deste ano comezou a preparación da nova montaxe, coa que o grupo vai retomar ó contacto cos escenarios.

No Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares -a súa casa matriz-, estreará a obra que logo será representada en distintas vilas da provincia e barrios e parroquias de Vigo.

A estrea vai ser o próximo sábado, día 3 de outubro ás 20.30 horas da noite
Unha montaxe con guión orixinal de Doro Piñeiro, na que 5 actores e actrices novéis e veteráns, dirixidos polo propio autor, darán vida a cinco personaxes cheos de experiencias e lembranzas, ledas algunhas, tristes outras.
Longos meses de traballo nos que se contou coa colaboración desinteresada de máis de 20 persoas, que se involucraron nesta aventura en campos como a composición musical cos seus arranxos ou a execución dos mesmos, tanto con instrumentos como coas súas voces.
Tamén houbo quen ofreceu a súa axuda facendo estruturas metálicas, cosendo teas e cortinas, ocupándose do vestiario, maquillaxe, loxística, son, vídeo, iluminación, comunicación, escenografía… Todo este traballo, comprometido e sacrificado, agardamos que teña a recompensa da asistencia e do agrado do público que nos vaia ver alá onde representemos.

29 septiembre 2009

BRAGA : sigue la atractiva programación del Theatro Circo

BRAGA : O’QUESTRADA

TRAZ “TASCA BEAT” AO GRANDE PALCO


2 Outubro > 21h30 > 12€

BRAGA ( PORTUGAL).- “Tasca Beat” é o álbum que tem chamado a atenção dos portugueses e que os “O’queStrada” apresentam no Theatro Circo a 2 de Outubro (21h30) em mais um concerto inserido no “MUSA - Ciclo no Feminino”.

A percorrer o país desde 2002, o projecto que une a voz de Marta Miranda aos instrumentos de João Lima (guitarra portuguesa), Pablo (contra-bacia), Zeto Feijão (guitarra) e Donatello Brida (acordeão) é responsável pelo lançamento do conceito de “fado dos subúrbios”.

Donos de um estilo que cedo deu origem a um culto, os “O’queStrada” distinguem-se pelas sonoridades onde o acústico aparece com roupa nova, o “punk” não tem vergonha de ser romântico e o fado, afinal, pode ser uma festa.

Após sete anos de actuações mais ou menos improvisadas que passavam tanto pelas sedes de juntas de freguesia como por salas nacionais equipadas com todos os meios técnicos, a banda, que escolheu a Margem Sul do Tejo como ponto de repouso, avançou para estúdio com a gravação do seu primeiro trabalho discográfico.

Com 13 temas, na sua maioria originais, “Tasca Beat” aparece em 2009, dois anos após o lançamento do Ep “O’queStrada”, e coloca o tema “Oxalá” entre os mais emitidos pelas rádios nacionais.

Adoptando como matéria-prima a memória colectiva de um país em transição, o embrião dos “O’queStrada” nasce de um primeiro confronto entre Miranda e Pablo, que decidem começar a dar corpo a um “musical portátil” baseado numa realidade de fronteira entre os subúrbios e a capital, economias e gerações.

Com a chegada dos restantes membros, a banda refugia-se num antigo cinema de Almada e inicia um longo percurso de actuações ao vivo que resulta num cantar que conjuga a vadiagem do fado com o pulsar da batida das músicas que servem à dança e que coloca os “O’queStrada” entre os projectos nacionais mais aclamados da actualidade.

Ingressos, a 12 euros, disponíveis na Bilheteira do Theatro Circo.

Remata a IV edición de "Vai de Camiño"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A IV edición do programa “Vai de Camiño” remata os próximos días a súa programación despois de cumprir coa súa estratexia de levar espectáculos e manifestacións artísticas aos concellos de toda Galicia polos que pasan os camiños xacobeos ó tempo que se promoveron aos artistas galegos e impulsouse a nosa industria cultural e do espectáculo. “Vai de Camiño” consolidouse, unha vez máis, como o circuíto de espectáculos máis extenso que se desenvolve en Galicia contribuíndo de xeito notable á dinamización cultural dun bo número de concellos galegos.
O programa de cultura e espectáculos “Vai de Camiño 2009”, organizado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Consellería de Cultura e Turismo, remata esta a súa IV edición achegándose nos próximos días aos concellos de Boiro (dúas xornadas diferentes), na Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla; Tui, no Camiño Portugués, e Vilalba, no Camiño do Norte, coa seguinte programación:

Boiro. Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. Venres, 2 de outubro. Na sala de concertos “Leña Verde”, ás 22.00 h., actuarán “Equilibrio H”, “Malkeda” e “Fracasados de Antemano”.

Tui. Camiño Portugués. Venres, 2 de outubro. No Auditorio Municipal, ás 21.30 h., “Son de Seu”, un grupo de 40 músicos que interpretan arranxos de pezas do nosos acerbo cultural popular con instrumentos tradicionais e do ámbito do folk, producindo un timbre característico e impactante pola súa coordinación, malia actuar sen director, e pola enorme enerxía que transmiten dende o escenario.

Boiro. Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla. Sábado, 3 de outubro. Na mesma sala de concertos “Leña Verde” do concerto do día anterior, ás 21.00 h. actuación de “Moita Leria”, “Sinefres” e “Som do Galpóm”

Vilalba. Camiño Norte. Sábado, 7 de outubro. No Auditorio Carme Estevez, ás 20.30 h., e como xa ven sendo tradicional dende edicións anteriores, gran “Encontro de Corais”.



Os interesados en acudir a estes ou outros espectáculos da “Vai de Camiño” poden consultar a programación e os seus posibles cambios de última hora en www.xacobeo.es

Brasil acolle hoxe o primeiro Cantos na Maré

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Brasil acolle hoxe o primeiro Cantos na Maré no que participan conxuntamente artistas de todos os países da Lusofonía

É a primeira vez que Cantos Na Maré acontece fóra de Galicia, dando un primeiro paso na súa vocación de chegar a todos os territorios lusófonos

Ao evento asistirán autoridades económicas, representantes das cámaras de comercio, embaixadores e máis de 1.800 empresarios dos oito países integrados na Conferência de Países de Lingua Portuguesa (CPLP)

O espectáculo, produción de Nordesía, tivo unha vez máis como directora artística a Uxía e como director musical a Paulo Borges

O espectáculo Cantos na Maré, creado por Nordesía en 2003, será o encargado de pechar esta noite ás 20h no teatro José de Alencar de Fortaleza (Brasil) o V Encontro de Negócios na Língua Portuguesa. Ao evento asistirán autoridades económicas, representantes das cámaras de comercio, embaixadores e máis de 1.800 empresarios dos oito países integrados na Conferência de Países de Lingua Portuguesa (CPLP): Brasil, Portugal, Cabo Verde, Guiné Bissau, Angola, Sao Tomé e Príncipe, Mozambique e Timor Leste.

Cantos na Maré foi escollido como acto de peche por ter a lusofonía como idea central. É a primeira vez que participan conxuntamente no espectáculo artistas representantes de todos os países da CPLP. O espectáculo, produción de Nordesía, tivo unha vez máis como directora artística a Uxía e como director musical a Paulo Borges.

Compartirán escenario con Uxía e Paulo Borges, ademais de Cacau Brasil, o guitarrista Tito París, de Cabo Verde; o cantante Tonecas, de San Tomé e Príncipe; José Amaral, do Timor Leste; o compositor e guitarrista Manecas Costa, de Guinea Bissau; Paulo Flores, de Angola; Timbila Muzimba, de Mozambique; e a fadista Raquel Tavares, de Portugal. O show será o resultado dun intenso intercambio cultural entre os músicos, que comezaron o pasado luns a súa convivencia artística.

Xuntos, os artistas presentarán un repertorio que vai abranguer os diferentes ritmos e sons de cada país, ademais de presentar novas composicións, creadas especialmente para celebrar este encontro único que será gravado, co apoio do Goberno do Estado do Ceara, nun CD promocional, con imaxes dos mellores momentos do show.

Dous días de conferencias e coloquios
Dentro do programa oficial do Encontro paticipou como ponente o director de Nordesía, Quique Costas, quen participou nunha mesa redonda sobre Cultura e educación, en compañía da editora Conceiçao Lopes, da directora do festival Cineport, Mônica Botelho, e de Paulo Speller, da Universidade Luso-Afro-Brasileira.

+ info: www.negociosnalinguaportuguesa.com.

24 septiembre 2009

Continúa la programación de "Vai de Camiño"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A IV edición do programa “Vai de Camiño” persiste na súa estratexia de levar espectáculos e manifestacións artísticas aos concellos de toda Galicia polos que pasan os camiños xacobeos ó tempo que se promove aos artistas galegos e impúlsase a nosa industria cultural e do espectáculo. “Vai de Camiño” consolídase como o circuíto de espectáculos máis extenso que se desenvolve en Galicia contribuíndo de xeito notable á dinamización cultural dun bo número de concellos galegos.
O programa de cultura e espectáculos Vai de Camiño 2009, organizado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Consellería de Cultura e Turismo, achégase nos próximos días aos concellos de Mos, Rois e Caldas de Reis, no Camiño Portugués, e Monterroso, no Camiño Francés, coa seguinte programación:

Mos. Camiño Portugués. Xoves, 24 de setembro. En dúas sesións matinais, ás 10.00 e ás 12.00 h., no Multiusos, “Abracadabra Produccións” presenta o seu festival de maxia itinerante, un espectáculo para todos os públicos no que ao longo de 75 minutos e da man dos magos Teto e Rafa desfilan distintas especialidades da maxia, dende aparicións ata incribles adiviñacións, pasando por xogos de cartas ou números musicais.

Rois. Camiño Portugués. Venres, 25 de setembro. No Auditorio do Edificio Multiusos, ás 11.00 h., “Quinteto Pentafonía”. Trátase dun quinteto de vento que, acompañado da “Compañía Imaxinaria”, interpreta obras de Mozart ao tempo que representa dun xeito divertido a súa vida e algúns dos personaxes da súa ópera “A frauta máxica”.

Monterroso. Camiño Francés. Sábado, 26 de setembro. Na Cúpula, na Praza do Conselleiro Fernando Salgado, ás 23.00 h., actuación de “Pepe Vaamonde Grupo”, unha formación de folk galego pensada para o directo de grande calidade instrumental e cheo de forza emocional que ven de presentar o seu terceiro álbum, “Introterra”.

Caldas de Reis. Camiño Portugués. Martes 29 de setembro. No Auditorio Municipal, ás 11.30 h., “Falcatrúa Títeres”, representando a obra “Linocho e a Lúa”. “Falcatrúa Títeres” é unha compañía da Coruña especializada na creación de obras orixinais pensadas especificamente para a súa posta en escena con monicreques, buscando a participación e o equilibrio entre tradición e modernidade.



Os interesados en acudir a estes ou outros espectáculos da “Vai de Camiño” poden consultar a programación e os seus posibles cambios de última hora en www.xacobeo.es

23 septiembre 2009

Galicia exporta a Brasil o exitoso espectáculo Cantos na Maré















Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Uxía é a responsable da dirección artística, xunto co brasileiro Cacao Brasil, mentres que Paulo Borges e Paulo Rafael se encargarán da dirección musical. O evento enmárcase no V Encontro Empresarial de Negocios na Lingua Portuguesa, que reúne a 1800 empresarios da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) en Fortaleza os días 28 e 29 de setembro

O teatro José de Alencar de Fortaleza (Brasil) acollerá o próximo día 29 de setembro ás 20h o espectáculo Cantos na Maré, creado por Nordesía no 2003 e que dende aquela se celebrou con éxito cada decembro en Pontevedra. Na súa edición brasileira, Cantos na Maré conserva a dirección artística de Uxía, creadora do formato orixinal, quen compartirá a experiencia co artista local Cacao Brasil. A dirección musical será responsabilidade de Paulo Borges, como vén sendo habitual, quen traballará man a man con Paulo Rafael.
Compartirán escenario con Uxía e Paulo Borges, ademais de Cacao Brasil, o guitarrista Tito París, de Cabo Verde; o cantante Tonecas, de San Tomé e Príncipe; José Amaral, do Timor Leste; o compositor e guitarrista Manecas Costa, de Guinea Bissau; o cantante Paulo Flores, de Angola; a orquestra Timbila Muzimba, de Mozambique; e a fadista Raquel Tavares, de Portugal. O show será o resultado dun intenso intercambio cultural entre os músicos, que comezaron o pasado luns a súa convivencia artística.
Xuntos, os artistas presentarán un repertorio que vai abranguer os diferentes ritmos e sons de cada país, ademais de presentar novas composicións, creadas especialmente para celebrar este encontro único. Cantos na Maré viaxa á outra beira do Atlántico coa intención de amosarlles aos participantes do evento e ao público brasileiro a beleza que constitúe a mestura de influencias sonoras e culturais destes países tan diferentes e, sen embargo, unidos pola mesma lingua e raíces culturais.
Cantos na Maré Brasil enmárcase no V Encontro Empresarial de Negocios na Lingua Portuguesa, que reúne a 1800 empresarios da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP). O espectáculo musical, baseado na unión da cultura destes países, representa o eixo básico da programación cultural do encontro empresarial, xunto coa mostra de cinema, exposición de fotografías e lanzamento de libro nas dependencias do Teatro Celina Queiroz da Unifor.
O espectáculo será gravado, co apoio do Goberno do Estado do Ceara, nun CD promocional, con imaxes dos mellores momentos do show.

10 septiembre 2009

Show del Xacobeo en la Gran Vía madrileña, el 19 de septiembre

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O Xacobeo 2010 inundará na noite do 19 de setembro a histórica rúa da Gran Vía de Madrid, arteria principal da capital, iluminando os paseos dos centos de milleiros de peóns que se achegarán aos puntos informativos sobre Galicia e o Camiño de Santiago que acompañarán esta iniciativa. O evento englóbase como contido estrela na proposta madrileña La Noche en Blanco. Por seres o Xacobeo o patrocinador de Un Camino de Luz, o espectáculo principal deste evento, a consellería de Cultura e Turismo e o Ano Santo van estar presentes nun dos acontecementos culturais máis importantes do ano da cidade de Madrid de gran transcendencia.

O director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos asistiu hoxe xunto co alcalde Madrid, Aberto Ruiz Gallardón, a delegada del Áreal de Gobierno de las Artes, Alicia Moreno, o director de La Noche en Blanco, Pablo Berástegui, o comisario invitado, Rafael Doctor, e numerosos representantes de institucións e empresas que participan neste evento á inauguración de La Noche en Blanco convocada nas Naves del Español del Matadero en Madrid. A presenza de Ignacio Santos , ven a respaldar o patrocinio prestado polo Xacobeo 2010 a Un Camino de Luz, espectáculo central imbricado na estrutura de La Noche en Blanco, e que para o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo “impregnará a Gran Vía de Xacobeo a noite do 19 de setembro” nunha mensaxe que “chegará aos centos de milleiros de persoas que inundarán o centro de Madrid”.

Quince torres de luz
O Xacobeo instalará lonas publicitarias co seu logo en cada unha das 15 torres de luz de dez metros de altura que estarán o longo da Gran Vía madrileña e que serán visibles dende calquera punto desta rúa por onde pasarán milleiros de persoas durante a noite do 19 de Setembro. As torres situaranse no medio da beirarrúa e iluminarán a ambos os dous lados da rúa cuns focos móbiles que cambian de cor e de intensidade progresivamente seguindo unha estudada coreografía de luces. Segundo o director-xerente do Xacobeo, este despregamento conforma “unha instalación lumínica que cambiará completamente a iluminación da arteria principal da capital”, xa que “hai que ter en conta que cortarase o tráfico do centro da capital e que durante toda a noite eses centos de milleiros de persoas pasearán pola cidade para visitar as diferentes instalacións”.


Os viandantes poderán achegarse a Galicia, ao Camiño de Santiago e ao vindeiro Ano Santo 2010 mediante catro jaimas promocionais que estarán localizadas nos puntos máis transitados da Gran Vía e nas que se repartirá información sobre o Camiño e sobre o Xacobeo 2010. Os puntos informativos foron elixidos pola súa afluencia de xente e pola amplitude de espazo para recoller o máximo número de persoas posible. Alcalá, a Red de San Luis, Callao e Praza de España serán os puntos estratéxicos de confluencia de camiños.

La Noche en Blanco na Gran Vía
A exposición urbana madrileña representa un evento de caracter gratuíto promovido polo Concello de Madrid, institucións privadas e o tecido cultural da capital. O seu prato forte, “Un camino de luz”, do que o Xacobeo 2010 será protagonista, basea a súa esencia na mestura de teatro, música, luz e cine durante toda a noite do 19 de setembro e converte ao peón en protagonista. La Noche en Blanco reunirá, durante dez horas de actividade interrompida, a 300 institucións de diversa índole, regalando a obra de 397 compañías, colectivos e artistas á gran masa pública disposta a participar e deleitarse cunha noite de creación artística en tódalas súas formas de expresión.

A Gran Vía foi dende a idea embrionaria de La Noche en Blanco o eixo esencial das súas actividades artísticas. En 1910 Alfonso XII ordenou a construción dá Gran Vía de Madrid, unha obra faraónica para unir os barrios de Salamanca e Argüelles e que co tempo se converteu nunha das rúas máis orixinais e cosmopolitas da capital de España. O simple feito de pasear por ela sen preocuparse dos coches fai que os madrileños gocen da súa espectacularidade en cada edición. Este ano, ademais de cortala ao tráfico, apagarase a iluminación habitual da rúa para ser substituída por unha intervención luminosa que cambiará completamente a percepción habitual da Gran Vía.

Dirección artística
A dirección artística desta acción de La Noche en Blanco será dirixida polo Comisario invitado, Rafael Doctor e a produción levarase a cabo a través dunha colaboración entre o iluminador Óscar Vázquez e a área de iluminación do Concello de Madrid. O percorrido de Gran Vía, duns aproximadamente 1.300 metros, supón un gran reto para este equipo na tarefa de iluminala sen utilizar os habituais farois no que pretende facer do paseo unha vía máis espectacular que nunca. Unha ocasión única para os madrileños e os visitantes para pasear e fixarse un a un nas impresionantes edificacións desta rúa nun onírico ambiente.

A intervención lumínica ten previsto facer que a cor da rúa cambie gradualmente creando distintos ambientes, pasando dende as cores máis cálidas ata as máis frías. O acto, ideado polo comisario invitado de La Noche en Blanco, Rafael Doctor, pretende que os paseantes descubran unha das súas rúas emblema baixo o influxo dunha iluminación teatral e que, partindo dela, anímense a visitar cada unha das actividades e propostas artísticas que o evento ofrece.

Óscar Vázquez será o encargado de conseguir sorprender a todo os viandantes e cambiar por unha noite a Gran Vía cunha iluminación espectacular e inesperada. Óscar Vázquez xa realizara proxectos de peso con elementos de iluminación en diferentes espectáculos para o Círculo de Belas Artes de Madrid, o Festival Greenpace, o Festival SOS 4.8, ou de escenarios para grupos musicais, entre eles, os de Estrela e Enrique Morente, Sunday Drivers, ou Lagartija Nick.

20 agosto 2009

Circo Acuático, que xa recibiu a máis de dez mil persoas, enfronta os seus últimos días en Vigo

Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Circo Acuático “The Cirkid”, que está instalado na Avenida de Castelao dende o día 7 de agosto, xa recibiu a visita de 10.500 persoas nas primeiras 16 funcións. “The Cirkid”, que aposta por un novo concepto de circo no que se aposta polas novas tendencias e intenta cubrir as necesidades do ocio infantil, enfronta os últimos días da súa presencia en Vigo, xa que rematará o próximo día 30 de agosto.

Ambientado nun maxestoso acuario, o show achéganos á historia dun pallaso que cae á auga e ao non saber nadar, afunde ata as profundidades do mar. Alí vivirá moitas aventuras enchidas de acrobacias e mostras de forza e destreza, e coñecerá a seres mariños cos que percorrerá o novo mundo. Música, luz, acrobacias, auga e bo circo.... Estas son algunhas das características deste espectáculo que está pensado para toda a familia.

A carpa do circo está instalada na Avenida de Castelo (fronte á rotonda do Alcampo) e ten capacidade para máis de 1.000 espectadores. Nestes primeiros días a resposta do público foi moi boa, colgando o cartel de “non hai entradas” en varias funcións. O horario do espectáculo é ás 20.00 horas de luns a venres e domingo, mentres que o sábado haberá dobre sesión (19 e 21.15 horas).

19 agosto 2009

Prosigue la programación de "Vai de Camiño"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A IV edición do programa “Vai de Camiño” persiste na súa estratexia de levar espectáculos e manifestacións artísticas aos concellos de toda Galicia polos que pasan os camiños xacobeos ó tempo que se promove aos artistas galegos e impúlsase a nosa industria cultural e do espectáculo. “Vai de Camiño” consolídase como o circuíto de espectáculos máis extenso que se desenvolve en Galicia contribuíndo de xeito notable á dinamización cultural dun bo número de concellos galegos.
O programa de cultura e espectáculos Vai de Camiño 2009, organizado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Consellería de Cultura e Turismo, achégase nos próximos días aos concellos de Pontedeume, Betanzos e Ferrol, no Camiño Inglés; Rianxo e A Illa de Arousa na Ruta do Río Ulla e Mar de Arousa; Corcubión no Camiño de Fisterra; Pedrafita do Cebreiro, O Cebreiro e Portomarín no Camiño Francés; Taboadela, Viladervós e Xunqueira de Ambía na Vía da Prata; Sobrado no Camiño do Norte e Castroverde no Camiño Primitivo, coa seguinte programación:

Pontedeume. Camiño Inglés. Venres, 21 de agosto. Na Praza de San Roque, ás 22.00 h., “Os Quinquilláns” coa obra “No Fondo do Mar”, unha montaxe de teatro na rúa con bonecos inchables xigantes, zancos, manipulacións, actuacións e danza nun espectáculo con participación e para todos os públicos.

Rianxo. Ruta do Río Ulla e Mar de Arousa. Venres, 21 de agosto. Ás 22.30 h., na Praza Castelao, “Treixadura” e “Orfeón”. “Treixadura” é un espectáculo musical a base de gaitas, percusión, acordeón e voces que executan valses, muiñeiras, foliadas, pasodobres e demais ritmos da nosa tradición debullados nun ambiente que tanto pode encaixar na romaría máis popular domo na festa ou evento máis urbano.

Corcubión. Camiño de Fisterra. Sábado, 22 de agosto. Ás 22.00 h., na Praza de Castelao, “Fía na Roca”, unha das formacións máis innovadoras e creativas de Galicia, xa con seis traballos discográficos as súas costas e que combina a sonoridade impecable da súa banda coa magnífica voz de Sonia Lebedynski.

Pedrafita do Cebreiro. Camiño Francés. Sábado, 22 de agosto. Na Praza do Mercado Gandeiro, ás 22.00 h., grupo de música tradicional “Pradoiro“.

A Illa de Arousa. Ruta do Río Ulla e Mar de Arousa. Sábado, 22 de agosto. O grupo de pasarúas “Magnifique Band” actuará as 21.00 h., e ás 23.00 h., na Praza do Regueiro, concerto a cargo de “Malvela” e “Bonovo”. “Malvela” é unha agrupación de mulleres que recorren coas súa voces a mellor música popular revivindo a nosa tradición musical con frescura e espontaneidade que chega a todo tipo de públicos, Pola súa parte, “Bonovo” consta de tres músicos consagrados explorando tradición e vangarda a base de acordeón, zanfona electroacústica e batería.

Taboadela. Vía da Prata. Sábado, 22 de agosto. A partires das 15.00 h., no Monte de San Xoán, actuación do grupo de música e baile tradicional “Círculo Cultural Recreativo da Chapela”.

Vilardevós. Vía da Prata. Sábado, 22 de agosto. Na Praza do Cruceiro, ás 19.00 h., “O Pequeno Circo dos Milagres” a cargo da “Asociación Novo Circo” e “Cabaré Pistacinco”. Trátase dun cego e a súa troupe que percorren os camiños e vilas de Galicia con aparicións divinas, curacións espontáneas e relatos marabillosos contados con técnicas de novo circo e con moito humor.

O Cebreiro. Camiño Francés. Domingo, 23 de agosto. Na Igrexa Santuario de Santa María A Real do Cebreiro, ás 12.00 h., “A Gaita na Catedral”, un orixinal concerto de gaita galega e órgano de tubos especialmente realizado para capelas, igrexas e catedrais, mesturando música tradicional, popular e clásica.

Betanzos. Camiño Inglés. Domingo, 23 de agosto. Ás 22.30 h., na Praza dos Irmáns García Naveira, actúa “Milladoiro”, unha agrupación que xa pertence ao noso acervo cultural máis significativo.

Sobrado. Camiño do Norte. Domingo, 23 de agosto. Ás 21.30 h., na Praza do Concello, actuación de “Brath”. Esta banda, que é unha das máis importantes de Galicia e que busca innovar introducindo novos instrumentos non utilizados ata lo de agora na nosa música folk, tales como o baixo, a guitarra eléctrica ou os teclados, presenta nesta xira o seu novo disco, titulado xenericamente “Camiños de Compostela”, que verá a luz no próximo Ano Santo e que contén temas dedicados a cada un dos Camiños de Santiago.

Xunqueira de Ambía. Vía da Prata. Domingo, 23 de agosto. Na Colexiata de Santa María a Real, ás 20.00 h., concerto de órgano a cargo do grupo “Trío Salanova” dentro do “XX Ciclo de Órgano e Música Antiga.”

Castroverde. Camiño Primitivo. Domingo, 23 de agosto. Ás 19.30 h., na Praza da Vila, grupos de música tradicional “Os Alegres” e as “Pandereteiras Val da Maía”.

Ferrol. Camiño Inglés. Martes, 25 de agosto. Na Praza de Armas, ás 21.00 h., “Fuxan os Ventos” e os seus convidados Xabier Díaz e “Nova Galega de Danza”. Con “Terra de Soños”, “Fuxan os Ventos” ofrece un espectáculo orixinal e dinámico. Acompañados por unha banda de nove músicos dirixida por Xosé Lois Romero e por uns convidados de luxo como son Xabier Díaz e “Nova Galega de Danza”, interpretan de maneira actualizada temas como “A Carolina”, “Iste Vaise” ou “Sementeira” que xa forman parte do oído musical de Galicia.

- Durante o mes de agosto, “Vai de Camiño” colabora cos “XLI Domingos Folclóricos de Portomarín”, que teñen lugar nesta localidade lucense do Camiño Francés.
O domingo, día 23 de agosto, ás 18.30 h., na Praza do Concello, intervirán o grupo da Agrupación Cultural “Río Miño”, de Portomarín, e o coro “Cantigas e Agarimos“, de Santiago.


Os interesados en acudir a estes ou outros espectáculos da “Vai de Camiño”, poden consultar a programación e os seus posibles cambios de última hora en www.xacobeo.es

11 agosto 2009

Fuxan os Ventos regresa este miércoles al parque de Castrelos, en Vigo

Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Fuxan os Ventos regresa ao auditorio de Castrelos, 21 anos despois da súa última actuación, co espectáculo “Terra de soños”, no que presentan actualizada a discografía de sempre do grupo.
Hoxe tivo lugar a presentación do concerto, que terá lugar o mércores 12 (23:00 horas) no auditorio de Castrelos, e na mesma participaron o concelleiro de Cultura, Xesus López, e Tereixa Novo, unha das integrantes do grupo.
Xesús López fixo un repaso pola historia de Fuxan os Ventos, que comezou a súa andaina no ano 1972, e recordou a importancia tivo nos anos 70 para a sociedade galega. “É un grupo mítico que forma parte do pasado e do presenta da cultura do noso país e co seu espectáculo Terra de Soños nos fará recordar a todos aqueles que vivimos os anos 70 como atopamos luz e esperanza no medio das tebras existentes nese momento político grazas ao compromiso de Fuxan os Ventos co noso país”.
Pola súa banda, Tereixa Novo, explicou que o espectáculo “Terra de Soños” presenta unha actualización da discografía de Fuxan os Ventos ao momento actual, ao século XXI. Actuamos acompañados por unha banda e contamos coa colaboración de importantes artistas galegos, algúns dos cales estarán o mércores con nós en Castrelos, como Rodrigo Romaní, Uxía Xenlle e outros”. Novo, que animou aos vigueses a acudir ao concerto, destacou que o espectáculo “gusta aos nosos seguidores de sempre, porque non perdemos a nosa sonoridade, pero ademais cunta cun enriquemento instrumental por parte da banda e dos nosos convidados”.


FUXAN OS VENTOS


Aló polo ano 1972 un grupo de rapazas e rapaces, que cantan asiduamente no coro do seu colexio en Lugo, deciden formar un grupo de música folk sen máis intención que a de divertirse. O grupo faise chamar Folk 72 e, como tal, participa no III Festival As San Lucas de Mondoñedo (Lugo), un dos máis importantes do momento, en outubro do mesmo ano. Tras acadar o primeiro premio coa canción “Fuxan os ventos”, o grupo adopta ese título como nome propio e comeza a realizar actuacións en colexios, festivais, aldeas e vilas, primeiro da provincia de Lugo e logo do resto de Galiza.

No ano 1973 Fuxan os Ventos participa no III Festival Ría de Ares, en Pontedeume, gañando novamente o primeiro premio. No 74 participa noutros certames en Ferrol e Madrid, acadando sempre o recoñecemento da crítica e da prensa especializada.

O seu repertorio, inicialmente formado por música folk universal e música popular galega, vai pouco a pouco inclinándose cara esta última, tanto na súa vertente estrictamente popular coma na de composición propia. O contacto coa realidade musical do país, a través das actuacións en núcleos rurais illados, fainos conscientes de que existe un riquísimo patrimonio cultural-musical descoñecido para grande parte da sociedade galega que cómpre dar a coñecer. As propias actuacións en lugares e aldeas permítenlle ao grupo 'recoller' centos de cantigas que os vellos e vellas do lugar gardan na memoria e que irán incorporando ao seu repertorio.

Paralelamente, a maduración persoal dos membros do grupo fainos conscientes da realidade socio-política galega e van adquirindo un compromiso cada vez maior, que se traduce na paulatina incorporación de cancións de denuncia desa realidade: poemas propios e doutros autores e autoras son musicados polo grupo, sumándose deste xeito a outros colectivos que loitaban na mesma liña de oposición á dictadura e de reivindicación dun pobo, dun idioma e dunha cultura propia.

Nestes anos a banda participa activamente na montaxe e representación dun espectáculo costumista-musical de nome ‘Galicia canta ó neno’, escenificación do xeito de vivir as festas do Nadal en Galiza. Recóllense panxoliñas, aguinaldos, cantos de reis, etc., e, durante os días de Nadal, represéntase o espectáculo por diversas aldeas, vilas e cidades do país. Nel participan, ademáis de Fuxan os Ventos, outras moitas persoas e colectivos. A produción percorre Galiza ao longo de varios anos.

Algunhas discográficas amosan interese polo traballo do grupo e, en 1976, asínase un contrato coa discográfica Philips-Fonogram por catro discos: Fuxan os ventos (1976), O Tequeletéquele (1977), Galicia canta ó neno (1978) e Sementeira (1978).

Nesta época, e por mor de múltiples factores (a edición dos discos, a televisión e, moi nomeadamente, a situación socio-político-cultural do país) increméntase dun xeito espectacular a actividade do grupo, que, sen deixar de facer actuacións nas aldeas e vilas do país, leva os seus cantos a Madrid, Catalunya, Euskadi, Lisboa, Bruxelas, París, Zürich, Brest e participa dous anos consecutivos (1978 e 1979) no mítico Festival Interceltique de Lorient (Franza).

En 1979 Fuxan os Ventos grava o seu cuarto disco (Sementeira, Philips-Fonogram) e prodúcese o auténtico boom musical do grupo: as súas actuacións multiplícanse tanto en Galiza como no resto do Estado (Madrid, Barcelona, Bilbao, San Sebastián...) e en moitas cidades europeas (París, Londres, Zurich, Bruxelas, Lisboa, Porto, Brest, Lorient...). Nos anos seguintes (1979-1985) o grupo realiza unha media de cen actuacións por ano e, en moitas delas, logra reunir miles de persoas, nun fenómeno só reservado até daquela a figuras de primeira fila.
En 1981 o grupo grava con Ruada o seu quinto disco, Quen a soubera cantar, nun intento de apoiar o primeiro selo discográfico galego.

Os compoñentes de Fuxan os Ventos foron variando dende os seus comezos por diferentes circunstancias, chegando a pasar polo grupo até trinta persoas. A comezos do ano 1983 prodúcese a última e definitiva modificación do grupo, abandonándoo dous dos seus compoñentes e incorporándose un trío de música tradicional. Isto vai repercutir nunha maior calidade nos arranxos e na interpretación do seu repertorio.

Desta nova etapa é fidel reflexo o sexto disco, Noutrora, gravado no ano 1984 con Fonomusic. Desde estes anos até 1989, o grupo segue co mesmo ritmo de traballo, aumentando as súas actuacións fóra de Galiza, abríndose a circuitos novos. Tocan en Durango (1983) nun Galeuzca musical; na Universidade Popular de Jaén (1985), ou no festival de Agapito Marazuela, en Segovia (1989), na que sería a súa última actuación pública.

Dende esa data até a actualidade, o grupo permanece inactivo de cara ao público, sendo a causa fundamental desta interrupción a imposibilidade de compatibilizar a actividade profesional de cada unha das persoas que o forman co tempo e dedicación que precisaba unha formación das características de Fuxan os Ventos. Só nalgunhas ocasións rompe o grupo o seu silenzo: en maio

de 1993, para actuar na Festa Labrega de Láncara (Lugo) organizada polo Sindicato Labrego Galego (SLG) para celebrar a supresión da 'cota empresarial agraria', longa loita do mundo rural galego do que Fuxan os Ventos sempre se sentiu partícipe; e en maio de 1997, en Lugo, para celebrar o 25 aniversario da asociación Auxilia, coa que Fuxan sempre colaborou.

Esta actuación é fundamental para que o grupo se decida a preparar un novo traballo, que cristaliza nun disco que sae á rúa en abril de 1999: Sempre e máis despois (Fonomusic). O elepé, que producen os propios membros de Fuxan os Ventos, componse na súa totalidade de pezas tradicionais tanto de recollida propia como tiradas de cancioneiros, e nel a riqueza de arranxos e a calidade interpretativa e de gravación consolida unha interesante evolución iniciada polo grupo no anterior disco (Noutrora), que sen deixar de ser tradicional e sen abandonar o seu timbre característico, integra instrumentos, sons e técnicas actuais.

No 2002, Fuxan os Ventos edita o seu último traballo discográfico até a data, Na memoria dos tempos, con romances e melodías de cancioneiros tradicionais. O disco serviu tamén para reivindicar a memoria dun feito que non debe repetirse nunca máis: a catástrofe do Prestige, participando tamén nos concertos expansivos que se realizan en todo o país.

En 2007 participan no proxecto colectivo Pelo Gato 24, e en agosto dese mesmo ano actúan no Festival de Pardiñas (Guitiriz) cun pequeno repertorio, facendo o pregón-presentación da Feira de Artesáns. A repercusión desta actuación e a satisfacción do grupo ao reencontrarse co público son decisivas para facer “Terra de Soños”, o espectáculo que presentará en Vigo.

Na actualidade, os compoñentes de Fuxan os Ventos son Carme Vázquez, Xoán L. F. Saavedra, Tereixa Novo, Alfonso Fernández, Moncho Díaz, Maruxa Fociños, Antón Castro, Xosé Vázquez e Pedro Lucas.


Discografía:
2002: Na memoria dos tempos 1978: Sementeira
1999: Sempre e máis despois 1987: Galicia canta ó neno
1984: Noutrora 1977: O tequeletequele
1981: Quen a soubera cantar 1976: Fuxan os ventos


As entradas están á venda a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 ou na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 24). As localidades teñen un prezo de 10 euros en anticipada e 12 euros no despacho de localidades.

13 de agosto : Cultura en Ruta
llega a Moaña

Moaña (MORRAZO-TRIBUNA).- Caixanova en colaboración con el Concello de Moaña presentan Cultura en ruta, un espectáculo lúdico-musical que ofrecerá música y entretenimiento a todos los públicos. El espectáculo tendrá lugar el día 13 de agosto en el Paseo Marítimo a partir de las 12.00 horas.

El espectáculo se inicia a las 12.00 con un pasacalles de gaiteiros. A las 19.00 horas, al pie del camión escenario situado en el Paseo Marítimo, comenzará la diversión infantil con la compañía “2 pallasos en apuros”, una comedia que pretende acercar al público infantil y familiar las aventuras y desventuras de una atípica pareja de clowns, con humor, la complicidad y la ilusión heredadas de los números clásicos de payasos de circo. A las 21.00 horas, en el camión escenario actuará el grupo de rock “El Tolo” y a continuación, sobre las 22.30 tendrá lugar el fin de fiesta con la actuación del grupo folk Brath.


BRATH

Es un grupo gallego de folk que lleva más de veintisiete años juntos realizando música de raíz, pero con una especial influencia del rock progresivo: caracterizado desde sus comienzos por haber incluido los sonidos de un bajo electrónico y de una batería en sus canciones. Tiene una amplia discografía que avala su trabajo, discografía que se completa con grabaciones de discos colectivos y bandas sonoras para filmes y series de televisión. Además de realizar, en este concierto, un recorrido por los temas de su trayectoria musical, la compañía nos ofrecerá temas de su nuevo trabajo “Camiño de Compostela”.

La entrada a los espectáculos será libre.

01 agosto 2009

A Voz dos Supertramp, em Valença

Valença do Minho (MORRAZO-TRIBUNA).- Roger Hodgson, a voz dos Supertramp, vai dar um concerto em Valença em 16 de Agosto, domingo, às 22h00, nas Cortinas de São Francisco, na Praça-Forte de Valença.
A voz inconfundível dos Supertramp promete um espectáculo revivalista e uma oportunidade única para ver e ouvir, ao vivo, os grandes êxitos da mítica banda britânica Supertramp. “Give a Little Bit," ”The Logical Song,“ ”Dreamer,“ ”Take the Long Way Home,“ ”Breakfast In America,“ ”It’s Raining Again,“ ”School,“ ou ”Fools Overture“ algumas das canções que encantaram gerações.
O concerto de Valença é uma iniciativa da câmara Municipal.
Os bilhetes para o concerto estão à venda nos Postos de Turismo do Alto Minho e na ticketline ao preço de 5 euros.
Roger Hodgson, um dos fundadores dos Supertramp, com quem passou 14 anos, continua a tocar guitarra e piano, acompanhado de uma banda suporte e colaborando em concertos de orquestra.
A voz dos Supertramp é reconhecido como um dos melhores compositores, cantores e letristas da sua geração. A primeira gravação “Mr Boyd” contou com a participação do pianista Red Dwight, que mais tarde seria conhecido como Elton John. È nesta época que Roger conhece Rick Davies e forma o núcleo base dos SUPERTRAMP.
Em 1969 aparece o primeiro álbum, “Supertramp”, Roger tinha então 19 anos e vendeu mais de 60 milhões de discos, conquistando fãs por todo o mundo. Em 1983 Roger deixa os Supertrampo após o lançamento do álbum ”Famous Last Words“. Mas, continuou dedicado à música tendo, em 1984, apresentado ”In the Eye of the Storm,“ que vendeu 2 milhões de discos. O disco “The Supertramp Anthology“, em 2005, marca uma nova etapa de reencontro com grandes músicas com uma antologia da banda. Ainda, em 2005, apresenta “Give a Little Bit”, escrita já em 1970, que consagrou Roger Hodgson com o prémio de uma das músicas mais executadas em todo o mundo. Em 2006 gravou o primeiro DVD ao vivo no concerto ”Take The Long Way Home – Live in Montreal“ que acabou por ser um sucesso mundial em 2007.
Valença aguarda, com grande expectativa, o concerto do ano.

29 julio 2009

Presentado el concierto en Vigo de Carlos Baute y Marta Sánchez

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O concelleiro de Cultura, Xesus López, destacou hoxe na presentación do concerto de Carlos Baute+Marta Sánchez o bo ritmo da venda de localidades para esta actuación, que terá lugar o día 4 de agosto no Peirao de Trasatlánticos (22:30 horas). “Estamos apreciando un gran interese, tanto polas chamadas telefónicas recibidas e as consultas realizadas, como pola venda de localidades... Así que cito a todas e todos os seus seguidores no Peirao de Trasatlánticos o próximo día 4 de agosto”.

As localidades están a venda a través de servinova (www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 ou na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 24). O prezo das entradas é de 18 euros en anticipada e 20 euros en taquilla.

O concelleiro destacou que a interpretación da canción “Colgando en tus manos” será o momento estelar do concerto, xa que o tema levanta pasións aí onde vai. “Foi o tema máis radioado do ano, número 1 cinco semanas nos 40 Principais, 3 semanas en cadena 100, o vídeo máis descargado de Youtube...”, recordou o responsable do departamento de Cultura. Ademais, o último traballo de Baute, “De mi puño y letra”, é o seu disco máis intimista e consentido, con 12 grandes temas.

Pola súa parte, a representante da promotora Getema Managers, Ángeles Feijoó, indicou que para Carlos Baute o concerto de Vigo é moi importante na súa xira e por iso incluiron a presenza de Marta Sánchez, algo que “só sucede en 8 concertos de toda a súa xira”. A promotora destacou que ambos artistas son moi normais, polo que “a anécdota é que todo son facilidades pola súa parte”, polo que así é moito máis fácil traballar para todos. Non pediu nada raro, so o normal: Un moi bo equipo de son, de luces, o escenario... Cuestións profesionais, pero nada de caprichos”.

A fusión da música galega e cubana será este xoves a protagonista do espectáculo “Descarga ao vivo

Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Os concellerios de Cultura, Xesus López, e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron xunto aos organizadores Central Folque o proxecto “Descarga ao vivo”, que este xoves encherá o teatro do Centro Cultural Caixanova da mixtura da música galega e cubana. O concerto, no que participarán 15 músicos e 2 bailaríns, terá como actividade previa unha actividade infantil mañá no Verbum.

O concelleiro de Cultura salientou o acerto desta iniciativa polo que supón de recuperación dunha parte moi importante da nosa historia. Xesus López explicou que nace dunha investigación de Ramón Piñeiro sobre a música galega en Cuba. O nacionalista lembrou as influencias e a relación que existe entre a música cubana e a galega froito da presenza de emigrantes galegos, que fusionaron os ritmos caribeños cos nosos sons. Esta mixtura é a que da forma ao programa que se vai poder escoitar o xoves a partir das 21 horas, nun concerto que, segundo explicou o concelleiro, pecha a xira que se iniciou en A Coruña e xa pasou tamén por Santiago.

Uxía Pedreira, directora da Central Folque, indicou que con este proxecto estase saldando “a débeda que existía entre a música galega e a cubana”. Salientou que o repertorio que se presenta “son grandes obras musicais”, nas que as muiñeiras combinan coas rumbas ou as habaneiras, dando forma a un espectáculo inédito.

Pola súa banda, Alejandro Vargas, director musical de “Descarga ao vivo”, calificou como “resultado máxico” o que se poderá ver sobre o escenario do Centro Cultural Caixanova.

O concerto terá tamén como actividade complementaria un conto musicado galego-cubano que se vai representar mañá, a partir das 19 horas no Verbum. A concelleira Iolanda Veloso sinalou que a súa concellería quixo colaborar con esta iniciativa “porque nos pareceu moi interesante para pormocionar a normalización da nosa lingua”. Trátase de “Pra”, unha lenda que se musica e un conto que se baila.

La Oreja de Van Gogh presentará a súa nova cantante Leire hoy en Castrelos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- La Oreja de Van Gogh presentará a súa nova cantante Leire, hoy en el Parque de Castrelos, en Vigo. O concelleiro de Cultura Xesus López, destacou que “é un grupo de referencia que enfrontou con evidente éxito un difícil cambio no 200 coa chegada de Leire”. O concelleiro de Cultura, Xesus López, e o promotor Bibiano Moron presentaron hoxe o concerto de La Oreja de Van Gogh, que terá lugar este mércores no auditorio de Castrelos a partires das 23:00 horas.

O concelleiro manifestou a súa satisfacción porque se están acadando os obxectivos plantexados. “Estamos empeñados en colocar a Vigo onde verdadeiramente lle corresponde como a primeira cidade de Galicia e creo que o estamos conseguindo”. Desta forma, destacou os grandes concertos, o Fetsiclown, a programación das Festas, a Semana Grande… “e mañá continuamos coa programación dos grandes concertos, coa actuación de La Oreja de Van Gogh en Castrelos”. Xesus López referiuse á dita banda suliñando que “é un grupo de referencia que enfrontou un difícil cambio trala marcha da súa cantante Amalia Montero e o fixo con evidente éxito coa chegada de Leire, que colocou en primeira liña do mercado musical. E mañá teremos a presentación da cantante en Castrelos”.

Bibiano Morón, promotor do concerto, destacou que “co cambio, o grupo gaña en moitas cousas” e explicou que Castrelos presentará as súas mellores galas para acoller esta actuación. Ademáis, o representante de Articket aproveitou para felicitar ao concelleiro e o seu equipo pola programación das festas xa que “sen dúbida alguna son as mellores festas de Galicia e non só de Galicia”.


As entradas están á venda (en anticipada) a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 ou na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 24). As localidades teñen un prezo de 10 euros en anticipada e 12 euros nas taquillas do auditorio de Castrelos, dende hora e media antes do inicio da actuación.

27 julio 2009

Vigo : o Festiclown principia este luns

Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Festiclown 2009, que se desenvolverá en Vigo entre os días 27 de xullo e o 1 de agosto, inundará as rúas, prazas e teatros de Vigo de espectáculo, festa, formación e grandísimos profesionais do mundo do clown.

Hoxe tivo lugar o acto de presentación da extensa programación, máis de 150 actuacións en diferentes espazos da cidade (Praza da Constitución, Príncipe, Zona peonil do Calvario, Montero Ríos, Centro Cultural Caixanova...), coa que se pretende dar cabida a todos os públicos, grandes e pequenos. O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López Carreira, manifestou a súa satisfacción porque o Festiclown veña a Vigo para quedarse: “Conseguímolo. Despois da edición ponte do ano pasado, conseguimos que o Festival Internacional de Clown de Galicia viñera para Vigo e para instalarse na nosa cidade. O Festiclown encherá de cor as nosas rúas, cos e coas mellores clowns do mundo e Vigo convertirase no epicentro do clown”.

A programación do Festiclown xira en torno a diferentes programas: O formaclown, que é unha acción formativa que se desenvolverá no Conservatorio do Castro e nas aulas do Centro Cultural Caixanova. Son 8 cursos de formación nos que están inscritas máis de 200 persoas.
O segundo programa é o Maraclown, que consiste na celebración de actuacións na rúa durante todo o día, de forma que o mundo do clown, o mundo da risa, chegará a todas e todos os vigueses.

O terceiro eixo de actuación é a Mostra Internacional, que nesta edición conta a súa vez con tres vertentes: A sección oficial (formada unicamente por mulleres), Isto non é Walt Disney (para os máis pequenos) e o festiclown&amig@s (onde actuarán aqueles artistas que apoiaron o Festiclown dende os seus inicios).

E por último, as Clownvocatorias, con moi bos espectáculos todos os días na Praza da Constitución a partir das 20:30 horas, e o proxecto solidario, que este ano se adicará a Palestina. Segundo explicou Manuel Vicente, membro da organización, o Festiclown adicará o diñeiro recadado á realización dun Festival de Pallasos/as en Palestina, coa intención de apoiar mediante a cultura a toda a poboación palestina.

Ademais de dar cabida aos mellores representantes internacionais do mundo do clown (Leo Bassi, Philippe Gaulier, Jango Edwards, Claudia Contin, entre outros), o Festiclown 09 tamén acollerá aos representantes do clown e do teatro galego e vigués.



Toda a programación do Festiclown: www.festiclown.org

23 julio 2009

Vía Stellae pechou a súa cuarta edición

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Festival de Música de Compostela e os seus Camiños Via Stellae pecha hoxe a súa cuarta edición batendo o seu récord de participación. Máis de 25.000 espectadores asistiron aos concertos programados en 40 vilas e cidades galegas polas que discorren as rutas xacobeas, nunha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura e Turismo e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. O gran concerto de clausura desta noite, á que asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, correrá a cargo da Kammerorchester Basel, co director austríaco HK Gruber e a soprano rumana Elena Mosuc no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

No balance das tres semanas de actividade, o conselleiro destaca a resposta positiva “tanto do público compostelán e galego como dos turistas que visitaron a nosa Comunidade e acolleron con entusiasmo unha interesante, atraínte, intensa e variada programación chea de recoñecidas figuras de talla internacional e artistas galegos”. Para Roberto Varela, o barroco é “o punto de partida que define a personalidade e o carácter do festival que tamén presta unha especial atención a outros períodos da historia da música”. Neste sentido, a cuarta edición de Via Stellae “chegou ao século XXI coa estrea de obras actuais e, incluso, acolleu ata 9 estreas mundiais con 5 novas obras de compositores galegos”.

Éxito de público
Un dos datos máis significativos é que en Santiago de Compostela, sede principal do festival como meta das rutas xacobeas, o público encheu completamente 17 dos 22 concertos e nos restantes houbo uns excelente nivel de asistencia cos que se acadou unha asistencia media superior ao 95%. En moitos dos concertos chegaron a formarse longas colas ás portas dos lugares de celebración dos concertos agardando que quedasen cadeiras sen ocupar que permitisen acceder aos concertos.

A participación e implicación do público no festival superou, segundo o director artístico do Festival, Víctor Carou, “as expectativas máis optimistas da organización e o razonablemente agardable para un festival que apenas vén de rematar a súa cuarta convocatoria”. Na súa opinión, “son sen dúbida outro sólido argumento que demostra o gran potencial de futuro do Festival Via Stellae”.

Novidades
Víctor Carou sinala ademais o “gran pulo” que esta edición supuxo para o crecemento do Via Stellae 20/21, “un ciclo de once concertos dedicados á música destes séculos (o XX e o XXI) no que a música contemporánea, os clásicos do século XX, as vangardas, os creadores galegos actuais e os intérpretes galegos máis preocupados pola difusión do repertorio musical dos nosos días foron os protagonistas e que extendeu as súas actividades a Santiago, A Coruña e Vigo”.
Cada ano o Via Stellae presenta unha novidade, e nesta cuarta edición naceu OFF Stellae, ciclo que baixo o subtítulo Unha alternativa: outras músicas, outras visións, outros espazos...” incluiu na súa primeira convocatoria catro concertos de moi diferentes contidos. Segundo Carou, “son estes os primeiros pasos dunha programación que pretende ofrecer diferentes opcións no xeito de achegarse á música, presentando novidades nos contidos dos concertos (rompendo barreiras entre xéneros e épocas musicais), promovendo o intercambio entre as diferentes manifestacións da arte (convertendo cada actuación nalgo máis ca un simple concerto) e renovando os espazos que acollen os concertos e espectáculos”.

Caoru califica “de rotundo éxito” a consolidación doutras innovadoras propostas como Música e Arte e os Concertos Express. Música e Arte propuxo tres tardes repletas de música (con varios concertos consecutivos) no mosteiro de Poio, en Allariz e en Santiago de Compostela que se complementaban con visitas guiadas aos monumentos. Os Concertos Express foron 16 sesións de breve duración, duns trinta minutos, en cinco fermosos claustros de Santiago de Compostela: Hostal dos Reis Católicos, Colexio de Fonseca, San Domingos de Bonaval, Colexiata de Sar e San Martiño Pinario. “Música e Arte e os Concertos Express arraigaron con forza entre o público galego e os turistas, a acollida foi inmellorable”, resume.

Gravacións
No balance non se pode esquecer as novas canles de colaboración con prestixiosas casas discográficas polas que algúns dos concertos deste cuarto Festival Via Stellae quedarán inmortalizados en disco compacto e que suporán un dos grandes argumentos de promoción do festival nos próximos años. Así, a francesa Zig-Zag-Territoires editará o compacto de Gli Incogniti e Amandine Beyer dedicado ás suites para violín do compositor italiano Nicola Matteis, a holandesa Brilliant publicará os concertos inéditos de Vivaldi recuperados por Enrico Casazza e La Magnifica Comunitá e a multinacional británica Naxos editará a integral do Manuscrito Guerra (manuscrito de tonos humanos conservado na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago) protagonizada polo grupo Ars Atlántica que dirixe o arpista compostelá Manuel Vilas.

Prensa especializada
A prensa especializada, a crítica e o público respaldaron a cuarta edición dun festival como o Via Stellae que, a pesar da súa xuventude, non deixa de crecer en reputación e xa ocupa un lugar de privilexio á cabeza dos festivais de música no estado español e mesmo entre a élite dos festivais europeos.


A prensa especializada recibiu con entusiastas loubanzas esta cuarta edición ratificou con cualificativos se cabe máis encomiosos o potencial dun festival que o ten todo para asentarse nos próximos anos como unha das principais citas musicais en Europa. Estes son algúns dos titulares publicados en referencia á cuarta edición de Via Stellae:

- “Logrou erixirse só nuns anos nunha referencia absoluta dentro dos festivais españois”.
- “Na súa aínda breve existencia, o Festival Via Stellae gañouse xa un lugar privilexiado como punto de encontro musical en Europa”.
- “Festival Via Stellae: Por todo o alto”.
- “É novo, pero irrrumpiu con ímpetu no panorama veraniego e só con catro edicións ás súas costas deslumbra pola cantidade e pola cualidade da súa programación”.
- “A forza do Via Stellae”.
- “A simple enumeración dos participantes produce escalofríos”.
- “Un dos sinaiis do Via Stellae é a categoría dos seus intérpretes”.
- “Cada ano que pasa parécenos mellor e máis acabado este festival, que comezou xa moi forte hai catro anos”.
- “Unha programación que é coma unha caixa de bombóns suizos na que custa decidirse polo máis apetitoso”.
- “Non debería sorprender a xugosa programación da cuarta edición do Festival Via Stellae, que augura moitas noites de excelencia musical garantizada”.
-“Un festival de música de primeira”.
- “En xullo todos os camiños da gran música levan a Compostela”.
- “Via Stellae, esplendor do Barroco”.
- “Poucos festivais no vello continente poden ofertar un abano tan nutrido e de tal calidade”.
- “Via Lactea de estrelas musicais”.
- “Todo un acerto de organización e dirección”.
- “Chega á súa cuarta edición cunha maioría de idade sorprendente e cun recoñecemento internacional xeralizado”.

16 julio 2009

En marcha Vai de Camiño 2009

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O programa de cultura e espectáculos Vai de Camiño 2009, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, achégase esta semana aos concellos de A Coruña no Camiño Inglés, o Grove e Sanxenxo na Ruta do Mar de Arousa, Pontecesures no Portugués, A Gudiña, Paderne de Allariz e Dozón na Vía da Prata, Toques no Primitivo e O Pino no Camiño Francés.

A IV edición do programa Vai de Camiño persiste na súa estratexia de levar espectáculos e manifestacións artísticas aos concellos de toda Galicia polos que pasan os camiños xacobeos ao tempo que se apoian aos artistas galegos e se impulsa a nosa industria cultural e do espectáculo. Vai de Camiño consolídase como o circuíto de espectáculos máis extenso que se desenvolve en Galicia contribuíndo de xeito notable á dinamización cultural dun bo número de concellos galegos.

O programa desenvólvese nos meses de xullo, agosto e setembro con espectáculos de danza, concertos, animación de rúa, monicreques, bandas de música e música tradicional.

A programación prevista para esta fin de semana é a seguinte:

A Coruña. Camiño Inglés. Venres, 17 de xullo. No Auditorio do Parque de Santa Margarita, ás 20.00 h., actuación dos grupos “Siniestro Total”, “Taru e os Paxaros Coiro”, “Galegoz” e os “Tres Trebóns e Amigos” (“Tres Trebóns”, “Jarbanzo Negro” e “Magnifique Band”)

O Grove. Ruta do mar de Arousa. Venres, 17 de xullo. Ás 20. h., pasarúas a cargo da “Banda de Gaitas Abertal”, e ás 22.30, na Praza do Concello, A Quenlla.

Pontecesures. Camiño Portugués. Venres, 17 de xullo. Na Plazuela, ás 21.00 h., actuación do grupo de metais Santa Cecilia.

A Coruña. Camiño Inglés. Sábado, 18 de xullo. Ás 20.00 h., no Auditorio do Parque de Santa Margarita, actuarán “Igloo”, “Spinning Jenny”, “Scandal”, “Elanor”, “Chámalle Xis” e “John Deeres”.

Sanxenxo. Ruta do Mar de Arousa. Sábado, 18 de xullo. No Porto Deportivo “Juan Carlos I”, ás 22.30 h., Nova Galega de Danza.

A Gudiña. Vía da Prata. Sábado, 18 de xullo. Pola tarde, na Piscina Municipal, actuación do grupo de monicreques “Falcatrúa”.

Paderne de Allariz. Vía da Prata. Sábado, 18 de xullo. Na tarde-noite, actuacións de “Avelaíña” e dun cuarteto de música tradicional.

Toques. Camiño Primitivo. Sábado, 18 de xullo. Na praza do colexio público, ás 18.00 h., banda de música de Vilalba.
O Pino. Camiño Francés. Domingo, 19 de xullo. Ás 19.00 h., no centro sociocultural Luís Seoane, a Banda de Música Xuvenil de Barro.

Dozón. Vía da Prata. Domingo, 19 de xullo. Polas rúas da vila, a partir das 12.00 h., música tradicional a cargo de “Abelente”.


Os interesados en acudir a estes ou outros espectáculos da Vai de Camiño, poden consultar a programación e os seus posibles cambios de última hora en www.xacobeo.es

15 julio 2009

3.000 localidades vendidas xa para o concerto de Keane, que abre o venres as Festas do Verán de Vigo

Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Case tres mil localidades vendidas xa para o concerto de Keane, que abre o venres as Festas do Verán. O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo, Xesús López, anunciou hoxe que a venda de localidades para o concerto de Keane, que terá lugar este venres no Auditorio de Castrelos (23:00 horas), vai a moi bo ritmo, “xa que nestes momentos hai vendidas case tres mil localidades, o cal nos augura un cheo absoluto”.
Hoxe celebrouse a rolda de prensa de presentación do concerto, no que este coñecido grupo de pop rock alternativo terá como teloneiro a un grupo de casa, Niño y Pistola, de forma que tamén se lle dará a oportunidade á xente de Vigo para que se coñeza o seu traballo.
Xesús López destacou que coa actuación do venres 17 comeza a programación de concertos e “o facemos cun concerto estrela, xa que recibimos a Keane, número 1 en diferentes listas de éxitos, co seu rock melancólico”. O edil recordou a aposta de “facer unha programación tremendamente vaiada, ampla, pensada para cubrir os diferentes gustos”.
Pola súa parte, o representante da promotora Sweet Nocturna, David Lago, agradeceu o esforzo feito polo Concello de Vigo para confeccionar unha programación variada e de calidade e destacou a exclusividade do concerto de Keane, xa que “na península só realizará dous concertos, o de Vigo e o de Oporto, o cal significará que todos os seguidores de Keane terán que vir a Vigo se queren contemplar un concerto dos seus ídolos en España. O grupo está a facer unha xiral mundial do máis alto nivel, por iso era complicadísimo que estivera en Vigo e ten moita máis importancia a súa presenza na nosa cidade”.
O promotor destacou que o equipo de luces solicitado é moi sofisticado e que o espectáculo que trae o grupo será moi atractivo para o público. Con respecto ás peticións dos membros da banda asegurou que “non pediron nada raro, só postais, selos e información da cidade. Todo moi normal”.

KEANE
➢ 17 de xullo no auditorio de Castrelos (23:00 horas)
Trátase dun grupo de pop rock alternativo procedente del East Sussex, na Inglaterra do sureste. Todos os seus álbumes editados, Hopes and Fears, Under the Iron Sea y Perfect Symmetry, foron directos ao número 1 da lista de vendas do Reino Unido inmediatamente despois do seu lanzamento e acadando algo máis de 9,5 millóns de copias vendidas.
Os membros da banda son Tim Rice-Oxley, compositor e pianista, Tom (Oliver) Chaplin, vogalista, organista e nalgunhas ocasións guitarrista, e Richard Hughes na batería. Keane é coñecido por empregar o piano como o seu principal instrumento en lugar de guitarras, ao contrario que moitas bandas de rock. Porén, fan uso de pedais de efectos e sintetizadores, dándolles un gran rango de sons non limitados ao tradicional son do piano. A voz de Tom Chaplin é considerada un dos factores do éxito do grupo. Respecto ás influenzas, teñen citado bandas como Beatles, Depeche Mode, U2, Radiohead e Pet Shop Boys. O seu último disco, Perfect Symmetry, foi nomeado en decembro do 2008 o mellor disco do ano por Q Magazine e Q radio. O sinxelo Perfect Symmetry foi a mellor canción do ano.
Discografía:
2008: Perfect Symmetry
2006: Under the iron sea
2005: Hopes and fears


Teloneiro: Niño y Pistola
O grupo baionés será o encargado de abrir o concerto dos ingleses KEANE. Debutaron con Como un maldito guisante (Mulberry Records 06) e recibiron unha magnífica acollida por parte do público e a prensa especializada. No seu novo traballo, Culebra (Astro 08), Niño y Pistola evoluciona cara a un terreo máis sólido no que as cancións amosan todos os seus matices e carga emocional.

As entradas están a venda a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 ou na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 24). Las localidades teñen un prezo de 10 euros en anticipada e 12 euros en taquilla.