-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela compareceu hoxe a petición propia no Parlamento de Galicia para informar sobre as liñas programáticas do Xacobeo 2010. Na súa intervención, o conselleiro transmitiu a necesidade da “implicación de todos: cidadáns e poderes públicos, forzas sociais e entes privados para que poidamos afrontar xuntos este inmenso reto coa forza imparable do esforzo común”. Roberto Varela aproveitou a ocasión para agradecer o interese e xenerosidade de cidadáns e institucións que ata o de agora materializouse nas máis de 700 propostas recibidas pola Comisión de Avaliación de Proxectos do Xacobeo e que se atopan en proceso de selección.
Mostrando entradas con la etiqueta XACOBEO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XACOBEO. Mostrar todas las entradas
27 octubre 2009
Conselleiro Varela llama a la ciudadanía
para que arrime el hombro en el Xacobeo que viene
Publicado por
C&CdeGaliza
en
27.10.09
Etiquetas:
XACOBEO
BNG ten medo de que o Xacobeo remate en fiasco
Publicado por C&CdeGaliza en 27.10.09 Etiquetas: POLEMICA, XACOBEOPontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- A portavoz de Turismo do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán, criticou “a falta de planificación, de definición e de previsións do Goberno do Partido Popular para o Xacobeo 2010”, cuxa programación presentou hoxe o conselleiro de Cultura no Pleno da Cámara Galega. Carme Adán amosou o “temor do BNG de que esta falta de planificación provoque que este evento tan importante non se aproveite para reactivar a economía galega nun momento de crise e para proxectar a cultura galega a nivel internacional”.
Presentan "Contos no Camiño" para 25.000 escolares
Publicado por C&CdeGaliza en 27.10.09 Etiquetas: SOCIEDAD Y CULTURA, XACOBEOPontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos asistiu hoxe no Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid á presentación das sesións de contacontos e os obradoiros de creación artística e de animación á lectura do proxecto Os contos do Camiño. Nestas sesións darase a coñecer o patrimonio cultural e artístico das diferentes rutas xacobeas a través dos contos de tradición oral e das obras de arte dos países por onde discorren e participarán máis de 25.000 escolares nunha data moi significativa para o Camiño de Santiago, o 2010, ano Xacobeo, As actividades que serán desenvoltas entre xaneiro e xuño de 2010, terán como sede itinerante ás cidades de Évora, Bordeaux, Óbidos, Madrid e, como peche final, Santiago de Compostela.
24 octubre 2009
Lete Lasa pide al presidente de la Federación Española de Ciclismo lo que tendría que pedir a los organizadores del Tour y del Giro : otro que anda desnortado...
Publicado por C&CdeGaliza en 24.10.09 Etiquetas: DEPORTES, GALICIA, XACOBEOPontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O secretario xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia pediulle ao presidente da Federación Española de Ciclismo, Carlos Castaño, que apoie as xestións dos responsables do Xacobeo Galicia para estar presente nas tres grandes roldas deste deporte a nivel mundial, Tour de Francia, Giro de Italia e Volta a España.
Autobombo del PP con motivo
del Xacobeo 2010
Publicado por
C&CdeGaliza
en
24.10.09
Etiquetas:
DIVULGACION,
XACOBEO
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA) .- O Partido Popular de Galicia afirma que o Goberno de Feijóo está a traballar duramente para que o vindeiro Xacobeo faga que o 2010 sexa lembrado como o ano no que Galicia viu por fin a luz despois da crise que fixo tambalear a economía mundial. Os populares felicitan á Xunta polo traballo ben feito que están levando a cabo coa preparación do Ano Santo.
30 septiembre 2009
Paripé en Lisboa : enviado de la Xunta en vez de pactar con portugueses va a preguntar ¿qué hacemos? al embajador de España
Publicado por C&CdeGaliza en 30.9.09 Etiquetas: GALICIA, PORTUGAL, XACOBEO
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, e o embaixador de España en Lisboa, Alberto Navarro, mantiveron onte unha reunión de traballo na que, entre outros asuntos, analizaron posibles vías de cooperación con Portugal de cara ao Xacobeo 2010.
No encontro, que tivo lugar la sé da Embaixada española na capital lusa, o director xeral de Relacións Exteriores, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, trasladou ao embaixador a importancia que Galicia outorga ao Ano Santo 2010 e manifestoulle o interese do Goberno galego en buscar a implicación de Portugal na celebración do evento.
Jesús Gamallo tamén incidiu na importancia que o Executivo galego outorga ás relacións entre a comunidade autónoma e Portugal, que non se cinguen só á rexión norte. No marco dese compromiso, a reunión de hoxe serviu de base para preparar a futura visita que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, realizará á Lisboa, que terá un marcado carácter económico e cultural.
Precisamente as cuestión culturais e económicas tamén centraron o encontro entre o embaixador e o alto cargo da Xunta, que analizaron a situación actual das relacións entre Galicia e Portugal -cunha balanza comercial favorable á nosa comunidade-, repasaron o proceso de implantación de empresas galegas e españolas no país veciño e as súas expectativas de futuro.
Así mesmo, tamén aproveitaron para analizar os resultados das eleccións portuguesas do pasado domingo 27 de setembro. Gamallo suliñou que, independentemente da cor política dos gobernos, as relacións entre Galicia e Portugal foron sempre fluídas. Nesa liña, avanzou o interese galego en intensificar aínda máis e potenciar as relacións de cooperación co país veciño.
Tras a reunión, o director xeral tamén participou na recepción que o embaixador de España en Lisboa ofreceu na súa residencia oficial do Palacio de Palhavá, con motivo da inauguración da iluminación do Palacio e dos seus xardíns, e á que tamén asistiron distintas autoridades portuguesas e españolas, axentes económicos, representantes da Casa de Galicia en Lisboa e dirixentes da Casa de España, entre moitos outros.

01 septiembre 2009
Santi Domínguez insta á Xunta a abandonar o partidismo e colaborar para potenciar o Camiño Portugués pola Costa
Publicado por C&CdeGaliza en 1.9.09 Etiquetas: GASTRONOMIA Y VIAJES, POLEMICA, POLITICA, TURISMO, XACOBEO
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O tenente de alcalde de Vigo e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, criticou hoxe a actuación que a Xunta está a manter a respecto do Camiño Portugués pola Costa. O nacionalista manifestou “o esprírito de colaboración do Concello de Vigo para que o Camiño Portugués pola Costa sexa un referente”, polo que instou a Xunta a traballar conxuntamente para impulsar as súas potencialidades. “Gustaríame que se deixasen atrás cuestións partidistas, que non se utilizara só para facer a foto e que se deixase traballar aos técnicos”, salientou o nacionalista.
“Como concelleiro de Turismo estou preocupado por que algúns se esquecen de que o Camiño Portugués pola Costa pasa pola cidade máis importante de Galiza”, manifestou Santi Domínguez. Neste sentido lamentou que dende a Secretaría Xeral de Turismo da Xunta “ninguén se puxo en contacto co responsable de Turismo de Vigo para traballar ao unísono”, pese a que si teñen mantido xuntanzas co presidente e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra. “Queremos traballar conxuntamente pero non nos están deixando”, sinalou. “Seica o Camiño Portugués pola Costa só ten unha cor e se chama Camiño Portugués do Partido Popular”, comentou ironicamente.
Santi Domínguez salientou que é preciso desenvolver unha acción conxunta entre as distintas administracións para potenciar o Camiño que pasa por Vigo, sobre catro liñas de traballo. En primeiro lugar indicou que é preciso “delimitar claramente o camiño, con rigor patrimonial e histórico e non en función do que digan os colectivos”. Manifestou tamén a necesidade de “coordinar aos concellos do Camiño” para desenvolver iniciativas de cara a súa promoción. En terceiro lugar indicou a pertinencia de establecer un “directorio de infraestruturas”, xa que segundo recordou, “o Xacobeo comeza en tres meses e podemos ter un serio problema se non contamos con este directorio”. E finalmente, salientou que hai que planificar as actuacións que se leven a cabo nas infraestruturas do Camiño, “para que estean nas mellores condicións”.
Asemade, o tenente de alcalde lamentou que “caíran en saco roto” as declaracións que fixo o pasado 11 de agosto, nas que expresaba precisamente a necesidade de traballar conxuntamente para potenciar o Camiño Portugués pola Costa. Apuntou que se está a esquecer os miles de cruceiristas que recibe a cidade ao longo do ano, o cal pon de manifesto a necesidade de desenvolver unha actuación coordinada levada a cabo polos técnicos. Neste sentido, indicou que o vindeiro venres 4 de setembro á xuntanza que se celebrará en Baiona asistirá “a xefa do departamento de Turismo e non o concelleiro de Turismo, porque é o momento de que traballen os técnicos”.

01 agosto 2009
La Xunta echa una mano al Obradoiro para que pueda estar entre los grandes del básket español
Publicado por C&CdeGaliza en 1.8.09 Etiquetas: DEPORTES, XACOBEO
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Xacobeo 2010 e Blu:Sens acordaron hoxe en San Lázaro o patrocinio da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para o C.A.B. Obradoiro por un montante global de 1.250.000 euros repartido en dúas anualidades. A presentación oficial dos dous patrocinadores do equipo da Liga ACB tivo lugar esta mañá.
A Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, estivo presente no evento xunto co xerente do Xacobeo, Ignacio Santos, e explicou que “para o goberno galego o feito de patrocinar ao equipo de baloncesto de Santiago é unha magnífica oportunidade para promocionar o Xacobeo 2010”. Segundo declaracións de Carmen Pardo, a marca Xacobeo xa é a marca do Camiño de Santiago e “é traballo de todos poñelo en valor e utilizar o potencial de difusión que ten o deporte para achegar a todos aqueles potenciais visitantes de Galicia a imaxe da nosa terra como destino turístico e como lugar no que o vindeiro ano se celebrarán os eventos culturais, congresuais, científicos, deportivos e artísticos máis importantes do Estado”.
Segundo matizou a secretaria xeral para o Turismo, “o deporte é tamén un xeito de complementar a nosa oferta turística, o feito de ter a posibilidade de asistir a eventos deportivos ou de participar activamente neles tamén contribúe a xerar unha imaxe dunha Galicia dinámica, moderna e adaptada ás necesidades dos novos tempos”.
Á presentación oficial dos sponsors que se celebrou hoxe, asistiron tamén o presidente da ACB, Josep Senespleda; o presidente de Blu:Sens., José Ramón García González; o presidente do Obradoiro CAB, Ángel Docobo Durántez; o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín e mais o concelleiro de Deportes de Santiago, Bernardino Rama. Pola súa parte, o presidente da ACB, Josep Senespleda explicou que o apartado organizativo e a estrutura do equipo é fundamental para o éxito do mesmo, asegurando que “é moi importante que a gran masa social apoie este proxecto”. O presidente do Obradoiro, Docobo Durántez, destacou a súa intención de que o proxecto que hoxe comezan de novo se consolide no tempo e se converta nunha “realidade ilusiónante para Galicia”. Asemade, o presidente de Blu:Sens explicou que o patrocinio do equipo de Santiago de Compostela é un xeito para eles de chegar á xente moza e de participar nun proxecto atractivo e ilusionante.
Segundo comunicaron os responsables do equipo, unha vez presentados os patrocinadores, é posible que o luns se anuncien os integrantes do corpo técnico.

15 julio 2009
Aguas de Mondariz, los primeros en apoyar el Xacobeo que viene
Publicado por C&CdeGaliza en 15.7.09 Etiquetas: GALICIA, XACOBEO
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, e o director xeral de Aguas de Mondariz Fuente del Val S.A., Javier Rodríguez Losada, subscribiron hoxe no Balneario de Mondariz o primeiro acordo de colaboración para o patrocinio do proxecto Xacobeo 2010. Mediante a sinatura deste acordo, que será ratificado no contrato de patrocinio entre a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e Aguas de Modariz Fuente del Val S.A., regulase e certifícase a vontade de colaboración de ambas entidades para a realización, promoción e difusión do proxecto cultural e de ocio deseñado pola Consellería de Cultura e Turismo para atraer a atención nacional e internacional sobre Galicia no próximo Ano Santo 2010.
En virtude do acordo, Aguas de Mondariz Fuente del Val S.A. destinará a cantidade de 500.000 euros ao patrocinio do Xacobeo 2010 e colaborará coa Consellería de Cultura e Turismo na elaboración dun proxecto de comunicación específico para determinar a tipoloxía e cronoloxía das actividades e accións de promoción da imaxe e contidos do evento durante os anos 2009-2010. A difusión do Xacobeo 2010 realizarase a través dos distintos soportes utilizados nas campañas de publicidade e promoción de Aguas de Mondariz Fuente del Val S.A.: botellas vidro, botellas PET, caixas plástico, caixas cartón, etiquetas papel, etiquetas plástico, publicidade gráfica/PLV, publicidade/merchandising, papelería corporativa e packs retráctil.
A Xunta de Galicia comprométese, pola súa banda, a incluír o logotipo da empresa patrocinadora en todo o material promocional xenérico do Xacobeo 2010. Con este acordo de patrocinio, Aguas de Mondariz Fuente del Val S.A. poderá obter os beneficios fiscais determinados para as empresas colaboradoras co Xacobeo 2010 nos Orzamentos Xerais do Estado para 2009.
Éxito histórico
Tras o acto de sinatura, o conselleiro Roberto Varela agradeceu a colaboración de Aguas de Mondariz Fuente del Val para “consolidar un evento transcendental para Galicia, chamado a acadar un éxito histórico”. Neste sentido, asegurou que a Consellería de Cultura e Turismo traballa para “involucrar a todos os axentes sociais e económicos no deseño e aplicación dun programa extenso e intenso” para o Xacobeo 2010.
O titular de Cultura e Turismo avanzou que a programación do Ano Santo concentrará acontecementos culturais “de primeira magnitude” en toda a Comunidade Autónoma, tanto en Santiago de Compostela como nas restantes cidades, vilas e pobos máis importantes. “Queremos facer partícipes a todos os galegos dende o primeiro día e por iso traballamos nun Xacobeo descentralizado e desestacionalizado, temos que aproveitar a oportunidade que se presenta ante nós e traducilo no mellor resultado económica posible”, subliñou.
Roberto Varela garantiu ademais a presenza “de relevantes persoeiros e figuras de relevancia nacional e internacional”. Segundo o conselleiro, “conseguiremos que todas as olladas estean postas en Galicia e, por iso, o noso esforzo centrarase en conseguir a maior difusión posible, coa maior amplitude e intensidade ao noso alcance”.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)